luns, 18 de xuño de 2012





O VINDEIRO XOVES 21 de XUÑO a Escola celebra o Macrofestival do "Día Internacional da Música"
no entorno do palco da música!


Actuarán diversas agrupacións dende as 18:00h ate aproximadamente as 21:30h.


Botádelle un ollo á programación:



O VENRES 15 de XUÑO a Escola celebrou o FESTIVAL de OBRADOIROS MUSICAIS organizados en colaboración coa Banda "Airiños do Morrazo" e partocinados polo Concello.
Actuaron uns 50 rapaces de tres dos obradoiros  de máis éxito que encheron o Auditorio D. Castelao de watios e enerxía musical. Noraboa ós rapaces e profesores!

XA COMEZARON AS AUDICIÓNS DE REMATE DE CURSO. Preme na imaxe e anota os horarios para poder asistir a calquera delas. A entrada é de balde.

venres, 25 de maio de 2012

CONCERTO ALUMNOS DE COCO

Os Alumnos Xandre e Uxía protagonizan o vindeiro martes 29 ás 20:30h un concerto no que interpretarán as obras que presentan para a proba de acceso ó Conservatorio.

No volo perdades ! !

xoves, 24 de maio de 2012

SOLICITUDE PRAZA NA ESCOLA. CURSO 2012-13



XA está aberto o prazo para solicitar praza na Escola. Dende o 14 de Maio ó 14 de Setembro poderanse achegar á Escola (17:30-20:00h) ou ó Concello (08:30-13:30h) para presentar a instancia. Unha vez rematado o prazo efectuarase un sorteo público o 19 de Setembro ás 20h na Escola para adxudicar as prazas.
Os horarios do vindeiro curso saberanse a finais de Xuño e as prazas dispoñibles finais a principios de Setembro.


Os nenos/as nados no 2008, 2007, 2006 e 2005 deberán poñer a Data de Nacemento ó cubrir a instancia.


Os nenos/as e adultos/as nados no 2004 ou anteriores deberán poñer a Data de Nacemento e facer constar ate 4 instrumentos para optar no sorteo entre os que se imparten na escola: Frauta Travesa, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba ou Piano. 

luns, 7 de maio de 2012

CONCERTO DE PRIMAVERA




… OU CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O MERCORES 16 de MAio a Escola organiza este concerto adicado a  Valentín Paz Andrade  (1898-1987), poeta e                
ensaísta de Pontevedra. Será a partires das 19h na carballeira da Reitoral (se chove trasladarase ao D. Castelao)

ACTÚAN a Banda Xuveníl da Escola de Música e un grupo invitado: A Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicional dirixido por Xabier Blanco
Ó REMATE:   Merenda organizada polas nais e pais.   

Agardamos esteades todos connosco... !                  

II ENCONTRO DE COROS



O pasado 27 de Abril o CORO da Escola participou no Encontro de COROS de Escolas de Música cos rapaces e maiores de Vigo e Vilagarcía. 
Este é o 2º Encontro que se fai entre estas escolas amigas e non será o último. Os cantores estiveron gozando das actividades cos profesores organizadores e do concerto que ofreceron ó público asistente. Escoitáronse temas tracicionais, de pop como "Chiribiribín" ou a BSO do Rei León e unha fantástica selección de pezas traídas de diversos lugares como Macedonia, Bali, o Caribe ou África.

SOACHE ESTA HISTORIA...?
































A Escola Municipal de Música vai ofrecer aos nenos e nenas do Municipio un Concerto Didáctico preparado especialmente para eles. Este ano o conto vai sobre a historia da Humanidade  a través de 8 recreacións de momentos importantes do devir do home. Asistirán uns 1200 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos 10 Centros educativos do Concello no que coñecerán un pouco máis sobre os instrumentos que se imparten na escola e, sobre todo, os poderán ver en acción moi de cerca. 


Serán o 24 e 25 de Maio nun total de 7  sesións en horario escolar.

venres, 13 de abril de 2012

Taller Danza Mix para Adultos



Taller Danza Mix para Adultos
Goza das clases de Danza integrando
diversas técnicas e estilos. Un modo
diferente de aprender a bailar con gran
variedade de ritmos.

Unha clase chea de forza e enerxía onde poderás divertirte bailando e descubrir sen límites o teu movemento e estilo!. Sorpréndete coa fusión de estilos e tendencias unicamente marcados por dous factores: a música e a creatividade.
Se nunca te animaches este é o momento, Libera o movemento!

CONTIDOS:
* Comezaremos as nosas clases cun quecemento e posta en marcha do noso corpo, con moito movemento.
* Realizaremos coreografías cheas de estilo e moito ritmo.

* E nunca nos esqueceremos de relaxarnos e estirar, con exercicios cos que, sesión tras sesión, sentirémonos aínda máis revitalizados e tonificados!!.


HORARIO: Sábados de 11:00 a 12:00

DURACIÓN: 10 sesións- do 21 Abril ó 23 de Xuño

PREZO : 50€






mércores, 15 de febreiro de 2012

AI! SI EU CHE PEGO!


EIQUÍ temos un "traballo" para vacacións de entroido
!! visita a pestana de canción do mes e a practicar !!!

sábado, 11 de febreiro de 2012

Este xoves 23 ás 17:30h gran festa de Entroido con disfraces, proxección da peli "Robots" e un concurso de maquetas de robots e máquinas varias.

Achégate a pasalo ben connosco e non te olvides de vir disfrazado!

As clases anularanse este día e recordade que 20, 21 e 22 temos descanso de entroido.

mércores, 30 de novembro de 2011

NOVA PARTITURA NO APARTADO de CANCIÓN DO MES.

Visita na pestana superior, selecciona e imprime!

mércores, 23 de novembro de 2011

AUDICIONS DE NADAL







































Estamos preto do final de trimestre e "toca" tocar nas habituais clásicas audicións de nadal.
temos programación para 10 días de eventos ós que agardamos asistades para acompañarnos.

O mércores 21 faremos remate de ano co FESTIVAL DE NADAL no Auditorio D. Castelao.

Preme no carteliño para que se amplíe e poder ver horarios!

martes, 15 de novembro de 2011

CONCERTO SANTA CECILIA 2011

O VINDEIRO MARTES 22 de Novembro ás 20:00h celebraremos na Escola o Concerto Especial de Santa Cecilia, patrona dos Músicos.

Será unha sesión Musical con café e tés, como vimos facendo dende hai uns anos para darlle un toque especial a esta celebración tan sinalada e importante para nós.

Vos agardamos a todos e todas!

venres, 4 de novembro de 2011

ÉRASE UN MAGOSTO NA ESCOLA

O vindeiro Xoves, véspera de San Martiño, celebraremos o noso primeiro magosto na escola con castañas quentiñas, xogos e competicións, música e diversión. Achégate ate ás 17:30h e goza connosco neste día especial no entorno natural da Escola. Non te olvides de traer un puñado de castañas!!
Despois farase ás 20:00h a presentación da exposición da Reitoral relacionada coa parroquia que estará aberta ó público durante as festas. Nela actuarán en directo alumnos da escola.