xoves, 19 de maio de 2022

 

 

 

A Escola Musica Municipal Moana ofrecerá os vindeiros 1 e 2 de Xuño ao alumnado das EI e dos CEIP do Municipio un conto musicado con temática moi monstruosa....!!

Serán varias sesións no DSC D. Castelao as que se celebren para acoller ao máximo alumnado e así retomar estas propostas de música en vivo dirixidas a escolares.

 
O conto está baseado na publicación en galego de BAÍA EDICIONS da creación de Enrich Lluch. A intención da proposta, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos

ASI QUE... RAPAZADA... nuns días vémonos no D. Castelao!!!