AGRUPACIÓNS


MÚSICA ACTIVA:
A aula de Musicactiva está formada por un grupo de nenos e nenas de oito a dez anos, que traballa a voz por medio dun CORO infantil, a motricidade fina cunha agrupación ORFF e o movemento e a motricidade grosa con danzas populares. Todo iso co obxectivo de afianzar a memoria musical e os aspectos de cooperación e compromiso co grupo.




BANDA INFANTIL:
É unha agrupación de ventos, piano e percusión composta por uns 40 nenos e nenas de oito a dez anos na que se interpretan a conxunto temas e composicións de diferentes estilos e épocas. É o momento óptimo para espertar as primeiras habilidades de coordinación musical e da práctica musical en grupo co instrumento propio na primeira etapa de aprendizaxe que comprende os tres primeiros cursos.



BANDA XUVENIL:
É unha formación estándar de ventos e percusión  de  35 a 50 compoñentes que comprenden fundamentalmente idades dos 11 aos 16 anos. É o maior expoñente en número de compoñentes e a agrupación de repertorio máis extenso. Supón a plataforma na que o alumnado desenvolve as habilidades cun repertorio de obras orixinais de mediana dificultade e arranxos de todos os estilos, dende bandas sonoras a pezas pop e rock ou temas de música tradicional galega.


CORO
É unha agrupación vocal, composta por alumnos de once a dezaseis anos de idade. Supón o medio no que se traballa a voz de xeito máis intensivo coa finalidade de adquirir bos hábitos na respiración e proxección do son así como na entoación e a memoria musical usando un repertorio moi variado.


 

 

BIGBAND
A Big Band é unha agrupación que ofrece repertorio de Jazz e moderno na que o alumnado de cursos máis avanzados desenvolven habilidades interpretativas do estilo, creativas e de improvisación.

 



COMBO
É unha formación de música moderna que mestura instrumentos de vento, teclado e base rítmica (batería, baixo e guitarra) de alumnos e alumnas a partir de doce anos de toda a familia instrumental. Nela tocan o seu propio instrumento ou aventúranse a incorporar pequenos elementos musicais cun segundo instrumento e a voz, traballando repertorio pop actual.

Ningún comentario:

Publicar un comentario