martes, 19 de diciembre de 2017

FESTIVAL MUSICAL DO NADAL




FESTIVAL MUSICAL DO NADAL NA ESCOLA..! XOVES 21 ÁS 18:30h NO IES AS BARXAS.!
Actúan a BANDA INFANTIL, GRUPO DE CÁMARA, PEQUES DE INICIACION 6 e 7, CORO, MUSICACTIVA e BANDA XUVENIL, con un repertorio moi variado e entretido...!

NON FALTEDES!

AUDICIONS NADAL


viernes, 17 de noviembre de 2017

martes, 31 de octubre de 2017

domingo, 8 de octubre de 2017

CURSO IGEME 17-18


Curso de formación certificada impartido polo  Instituto IGEME NA ESCOLA MINICIPAL DE MUSICA:
"PROFESOR/a EN EDUCACION MUSICAL TEMPERÁ - XOGANDO COA MÚSICA: BEBÉS” Nenos de 0 a 3 anos

 CONTIDO

 Curso teórico-práctico de 56 horas de duración dirixido a todas a persoas interesadas no ensino da música na primeira infancia.

A través deste programa formativo os participantes adquirirán as ferramentas necesarias para desenvolver un programa de educación musical temperá en calquera ámbito educativo: escolas de música que queiran empezar con esta etapa, recursos de aula en infantil e gardería, musicoterapeutas ou persoas interesadas en desenvolver o seu propio programa en centros cívicos ou salas de cultura de Concellos ou privados.


INSCRICIONS E INFO CONTIDOS

https://igeme.es/curso/curso-2017-18/

644415452
915 535 502 (Natalia Fisac)


MAIS INFO NA PESTANA "CURSO IGEME" OU NO CENTRO

ANIMATE E INFORMATE! 

jueves, 28 de septiembre de 2017


A PARTIRES DO 3 de OUTUBRO

ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón"  en colaboración coa  Escola Municipal de Música de Moaña vos presentan  os:



“Obradoiros Musicais” edición 2017-18


Esta serie de aulas e cursos comezan o 5 de Outubro, están dirixidos  a nenos e maiores afeccionados  e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música  de xeito ameno, práctico e inmediato.

Os cursos están  co-financiados polo Concello . Para apuntarse  e preciso entregar a partires do 3 de OUTUBRO en horario de tarde (17:00 a 20:00h)o boletín de incripción debidamente cuberto na Escola  sita en San Martiño,  Moaña, sinalando o(s) curso(s) no que están interesados. Haberá prioridade para o alumnado empadroado en Moaña

MAIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS"

jueves, 7 de septiembre de 2017

ACCESO A DESCONTOS TIPO B, C OU D


XA ESTÁ PUBLICADA A  RESOLUCIÓN SOBRE A BAREMACIÓN DO ACCESO A DESCONTOS TIPO B, C OU D SEGUNDO A ORDENANZA      REGULADORA DO PREZO DO SERVIZO.   MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA"

miércoles, 6 de septiembre de 2017

viernes, 7 de julio de 2017

SORTEO NOVO INGRESO. RESULTADO


 XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ADXUDICA AS PRAZAS DE NOVO INGRESO NA ESCOLA. SORTEO PUBLICO REALIZADO O 6/07/2017.

PODEDES CONSULTALO NA PESTANA "NOVO INGRESO 17 18"

Os/as interesados/as que obteñen praza son os/as que aparecen co nome completo  . Os que constan como reserva pasarán a formar parte da lista de agarda que estará vixente ate marzo do 2018. Os representantes ausentes no sorteo manteñen o lugar adxudicado pero, por ausencia no mesmo, non obteñen praza. No caso de dúbida poñédevos en contacto co centro.

miércoles, 5 de julio de 2017

SORTEO DAS PRAZAS 17-18



XA ESTA PUBLICADA A OFERTA DEFINITIVA DAS PRAZAS  PARA NOVO INGRESO DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/18  E AS BASES QUE REGULAN O FUNCIONAMENTO DO SORTEO DO DIA 6/07/17.

Recordamos o horario do sorteo. É necesaria presenza no momento da realización deste dun representante por alumno/a (salvo 1º grao consanguinidade) 

Ás 17:00h     interesados/as nados no 2014

Ás 17:30h     interesados/as nados no 2013

Ás 18:00h     interesados/as nados no 2012

Ás 18:30h     interesados/as nados no 2011

Ás 19:00h     interesados/as nados no 2010

Ás 19:30h     interesados/as nados ente o 2009 e 2001



Máis info na pestana "NOVO INGRESO 17/18"

miércoles, 28 de junio de 2017



Só QUEDAN 2 DIAS PARA SOLICITAR PRAZA na Escola Musica Municipal Moana . A Inscrición pode facerse no Concello en horario de mañan!

O prazo remata o venres 30 de Xuño ás 13:00h. Podes solicitar praza para iniciación musical (nados entre o 2014 e 2010) ou formación en instrumento (nados no 2009 ou anteriores). Tamén tedes a opción de conseguir praza incribíndote para materias soltas  ( agrupacións diversas como CORO, MUSICACTIVA, BANDA XUVENIL, COMBO , BIG BAND...)

Para anotarte só tes que cubrir a instancia incorporando os teus datos. Non é necesario que acuda o teu pai ou nai, poden ser os avós ou un amigo/a.
As prazas adxudicaranse por sorteo!

Máis infona pestana "NOVO INGRESO 17-18"

martes, 27 de junio de 2017

PRAZO FORMALIZACION MATRICULA CURSO 17 18



XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO CURSO 17-18. PARA ALUMNOS/AS XA MATRICULADOS CON ANTERIORIDADE.

PRAZO
DO 26 Ó 30 DE XUÑO 

DOCUMENTACIÓN
FORMULARIO MATRÍCULA
2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ
SOLICITUDE DESCONTO TIPO A (de ser o caso)

MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA 17 18"


XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ESTABLECE A ORDE PARA A ESCOLLA DO HORARIO DA CLASE DE INSTRUMENTO PREVISTO PARA O DÍA 12 DE SETEMBRO. COMPRE REVISAR A PROPOSTA DE CLASES COMPARTIDAS E O FUNCIONAMENTO DA ESCOLLA NO CENTRO.

MÁIS INFO NA PESTANA  "MATRÍCULA 17 18"

lunes, 12 de junio de 2017

CICLO DE AUDICIONS E FESTIVAIS



COMEZAMOS CICLO DE "AUDICIONS FIN DE CURSO"!!  ESTADES TOD@S CONVIDAD@S A PRESENCIAR AS ACTUACIONS DOS ALUMN@S DE FORMACION INSTRUMENTAL E INICIACION MUSICAL.  OS 183 APRENDICES PASARÁN POLO ESCENARIO PARA ACTUAR USANDO AS SÚAS HABILIDADES!! 
NON FALTEDES! 

miércoles, 31 de mayo de 2017

Solicitude praza Curso 17-18

MÁIS INFO NA PESTANA:
"NOVO INGRESO 17 18"

miércoles, 24 de mayo de 2017


OS VINDEIROS 6 e 7 de Xuño, a Escola Municipal de Música presenta:

"CIRCUS MÚSICUS"

 Un espectáculo dirixido a nen@s de Infantil      e Primaria de Moaña.
A máis divertida e extravagante montaxe musical a cargo d@s profesor@s da Escola na que os asistentes participarán activamente!
( A asistencia será cordinada entro a Escola e os diferentes centros de ensino do municipio.)

miércoles, 10 de mayo de 2017

CONCERTO LETRAS GALEGAS 2017


O VINDEIRO MARTES 16 de MAIO ás 19:30h na carballeira da Reitoral de San Martiño: "CONCERTO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2017", adicado ao escritor ourensán Carlos Casares, coa Banda de Gaitas da Escola da Música tradicional e a Banda Xuveníl da nosa escola.
Escoitaremos temas populares e tradicionais a cargo das dúas agrupacións e, como ven sendo habitual, tamén algunha interpretación conxunta das melodías máis coñecidas do noso contorno.

Participa do evento e colabora traendo algo para merendar todos xuntos (doce ou salgado) despois da música! As bebidas as aporta a ANPA DIAPASON da Emmm.

Nota: no caso de choiva (confirmarase neste medio 2h antes) trasladaremos o evento ao IES AS BARXAS

miércoles, 19 de abril de 2017

CARBALLIÑO 2017



O vindeiro 5 de Maio partimos rumbo a Carballiño co novo ENCONTRO MUSICAL 2017!

Recordade que o prazo para efectuar o pago da cota e entregar a documentación remata o 26 de Abril. ANIMADEVOS!

Iremos colgando info relevante, pero polo de agora insertamos o enlace de google maps para ubicarvos mellor:

UBICACION RESIDENCIA CARBALLIÑO






miércoles, 8 de marzo de 2017

lunes, 6 de marzo de 2017

FESTA DE ENTROIDO NA EMMM



O PASADO XOVES 2 de MARZO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE ENTROIDO NA EMMM e AQUÍ ESTÁ O GAÑADOR DO CONCURSO "SÓAME A TÚA VOZ 2017" : RUBEN SOUTO HERNANDEZ.. ! PARABENS pola TUA INTERPRETACION...!
@S OUTR@S PREMIAD@S FORON: NOA FERNANDEZ, ENMA COSTAS e NATALIA FERVENZA

ADEMAIS HOUBO KARAOKE, BAILE DISFRACES, MERENDOLA E  A ACTUACION DAS COMPARSAS FOLLAS NOVAS E ANIMODO, ÁS QUE AGRADECEMOS ENORMEMENTE QUE SE ACHEGARAN AO CENTRO PARA AMOSAR AOS MAIS CATIVOS AS ARTES DA SATIRA MOAÑESA.

MAIS FOTOS NA PESTANA "FOTOS"

miércoles, 15 de febrero de 2017


O VINDEIRO XOVES 2 de MARZO ven celebrar o entroido á Escola de Música!
Participa no concurso Karaoke, "SÓAME A TÚA VOZ", ven caracterizad@ do teu cantante favorit@ e interpreta unha das súas cancións...! Haberá premios para @s gañador@s!
 Ou simplemente ven disfrazado do que queiras, trae algo de merenda para compartir entre todos e o pasaremos moi ben!

Ás 17:30h Baile disfraces e merendola
Ás 18:30h Concurso KAroke "Sóame a túa voz"
Ás 19:30h actuarán as comparsas "Follas novas" e "Animodo"
NON FALTES...!

lunes, 13 de febrero de 2017

CONCERTO EXTRAORDINARIO X

MARTES 14 FEBREIRO ás 19:30h na Emmm " Concerto extrordinario X" .
Actúan alumn@s de 6º, 7º e 8º curso con repertorio de cámara. Selección de obras orixinais e adaptacións dende o romanticismo a finais S.XX.
Ven gozar da velada romántica á Casa da Música...!
 

viernes, 3 de febrero de 2017

AVISO URXENTE : SUSPENSION DAS CLASES.
ANTE O EMPEORAMENTO DAS CONDICIONS ATMOSFERICAS E PARA EVITAR RISCOS INNECESARIOS A CONCELLERIA DE CULTURA DECIDIU SUSPENDER TODAS AS CLASES NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA HOXE 3 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 19:00h

lunes, 23 de enero de 2017