xoves, 28 de maio de 2020

MATRICULA CURSO 2020-21

Recordamos que o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso será do 8 ó 19 de Xuño e poderase facer vía email ou presencialmente na Escola (concertando cita previa no 986310558 de 10h a 14h). A escola está aberta para información e para recoller os formularios si o preferides en lugar de imprimilos.


Informamos, por si vos é de interese, de que o prazo para solicitar praza de Novo Ingreso o prazo será do 1 ó 26 de Xuño e as opcións serán presencialmente no mostrador de Información do Concello con cita previa ( tfn 986310100) ou vía telemática dende a páxina do Concello.

TEDES TODA A INFO NECESARIA e DOCUMENTOS NA PESTANA : "MATRICULA 20 21"


Comentarvos, dado que a previsión é que non se reinicien as clases ate Setembro, que a Avaliación final non recollerá o rendemento en sentido negativo deste terceiro trimestre e as probas de acceso de nivel (alumnado de LM5 e Instrumento 6) non terán lugar. En consonancia co decreto do Ministerio, ningún alumno ou alumna terá que repetir curso, si ben recomendaremos nalgúns casos a participación nas clases de reforzo ao alumnado que consideramos o precisa. Os boletíns de cualificación entregaranse vía email.
Comentarvos tamén que estamos a organizar as Audicións de fin de Curso, a celebrar do 8 ao 19 de Xuño, nas que participará todo o alumnado en vídeo chamada, con acceso  en aberto previa solicitude. Publicaremos o programa e daremos instrucións precisas sobre o funcionamento na vindeira semana. 

O inicio do  curso que ven está previsto para o 14 de Setembro. Queremos anticiparvos que na Escola adoptaranse todas as medidas decretadas polo Ministerio e/ou Consellería de Sanidade en canto á hixiene e prevención de riscos e, en todo caso, enfocamos dende xa unha serie de cambios organizativos para mentres perdure a situación extraordinaria. Así, todas as aulas grupais impartiranse na sala ( 78m2), utilizando vías de entrada e saída diferentes. As clases de iniciación musical veranse reducidas a unha única sesión semanal e os grupos grandes desdobraranse si así o establece o órgano competente. As clases colectivas de instrumento suspenderanse temporalmente e só se impartirán aulas individuais. Todo coa finalidade de respectar a distancia de seguridade e evitar aglomeracións, co  principio fundamental de coidar ás persoas.