lunes, 22 de abril de 2013

CONCERTO PARA NENOS E NENAS " A CAIXA DE MUSICA"


O VINDEIRO XOVES 25 E VENRES 26 de Abril a Escola de Música fará un concerto para nenos e nenas dos coles de Infantil e Primaria de Moaña. 

Serán un total de 1050 rapaces os que asistirán ás 7 sesións organizadas nas que presenciarán unha montaxe peculiar con sorpresas musicais escondidas nunhas caixas: as "CAIXAS DE MUSICA" ...!!

A EMMM conquista LUGO



A PASADA FINDE do 13 e 14 de Abril os alumnos da Escola de Música visitaron Lugo para conquistalo como en épocas anteriores fixeron os diferentes poboadores.
Pero desta vez non usamos armas de batalla se non que utilizamos outro tipo de armas: o noso encanto e a nosa música! Ahí vai un adianto dos momentos vividos, poremos máis fotos en breve...