jueves, 22 de mayo de 2014

CONTO MUSICAL PARA NENOS E NENAS


OS VINDEIROS 28 e 29 de MAIO a ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA sae cos Instrumentos e cunha Historia Musical sobre o mundo das Emocións.  A través da música os Escolares de todos os Centros do Municipio explorarán as emocións e sensacións que a diario viven sen, moitas das veces,percatarse.  Enfado, cansazo, nerviosismo, alegría, amor e algúns outros, son  sentimentos que poden asociarse ó "carácter" musical. Por medio desta historia os nenos e nenas aprenderán a descubrir, diferenciar e valorar mellor as súas emocións e a asocialas á arte da música, atopar contidos "escondidos" nas melodías e a darlle máis sentido á escoita musical.

Serán 1050 nenos e nenas de 4 a 10 anos de idade que acudirán ás 7 sesións programadas e organizadas polos profesores e alumnos da EMMM, e que ven a supoñer un dos puntos fortes da programación anual do Centro.
A asistencia é limitada e está previamente concertada cos Colexios. 

lunes, 12 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Tarde máxica de música e poesía na Carballeira de San Martiño.  Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música  e da Escola Municipal de Música Tradicional deleitaron ós presentes cunha selección de repertorio pensado para a ocasión.  Despois de escoitar a todos os músicos xuntos pasamos a deleitarnos con unha merenda de despedida organizada polas nais, pais e os propios rapaces e rapazas. Que sexa por moitos anos...



O VINDEIRO VENRES 16 de MAIO a ESCOLA DE MUSICA TRADICIONAL e A NOSA ESCOLA  celebran o  DIA DAS LETRAS GALEGAS, adicado a Xosé María Díaz Castro cun Concerto "Romeiría" na Carballeira da Reitoral de S. MARTIÑO, actual sede da Escola MUNICIPAL DE MUSICA.

SERÁ ÁS 19h cando comece a música para pasar logo á merenda xa habitual entre as dúas escolas. Podedes colaborar achegando algo para picar. NON FALTEDES...!