O vindeiro Xoves, véspera de San Martiño, celebraremos o noso primeiro magosto na escola con castañas quentiñas, xogos e competicións, música e diversión. Achégate ate ás 17:30h e goza connosco neste día especial no entorno natural da Escola. Non te olvides de traer un puñado de castañas!! Despois farase ás 20:00h a presentación da exposición da Reitoral relacionada coa parroquia que estará aberta ó público durante as festas. Nela actuarán en directo alumnos da escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario