lunes, 27 de junio de 2016

SOLICITUDE PRAZA NOVO ACCESO


ULTIMOS DIAS PARA ANOTARSE NO CONCELLO...!

Está aberto ate o 30 de Xuño o prazo para que todos os interesados en acceder ao Centro por primeira vez soliciten praza . O lugar é no Concello en horario de mañán, indicando o tipo de formación á que desexan optar.
Os nados entre o 2013 e 2009 poderán cursar Iniciación Musical
Os nados entre o 2008 e o 2000 poderán cursar Formación Instrumental coa formación complementaria incluida
Os nados entre o 2008 e o 2000 poden solicitar tamén formación en agrupacións, algunhas das cales exisen experiencia demostrable de 3 anos.
Para o alumnado adulto este curso só se abrirán prazas nesta última modalidade, sempre para solicitantes con experiencia de 3 anos
Unha vez recollidas as solicitudes efectuarase un sorteo público e de obrigada presenza para o solicitante o día 8 de Xullo a partires das 18:00h
Pódese consultar a info na propia Escola, no Concello ou na pestana Novo Ingreso deste blog.

jueves, 16 de junio de 2016

FESTIVAL OBRADOIROS ANPA-ESCOLA

FESTIVAL OBRADOIROS MUSICAIS 2016.

O VINDEIRO MERCORES 22 ás 18:00h actuarán @s alumn@s de GUITARRA e BATERIA dos obradoiros organizados pola Anpa Diapason en colaboración coa Escola Musica Municipal Moana

E ás 19:30h o farán @s alumn@s de GRUPOP dos Obradoiros e os 4 COMBOS da EMMM

NON FALTEDES...!

miércoles, 15 de junio de 2016

FESTIVAL DIA INTERNACIONAL DA MUSICA






A Escola Musica Municipal Moana convídate ao FESTIVAL de FIN DE CURSO, DIA INTERNACIONAL DA MUSICA. @s Alumn@s das diferentes agrupacións actuarán no PALCO DA MUSICA de MOAÑA  dende as 18:30 con 3 h de música e cun repertorio moi animado. BANDA INFANTIL, BANDA XUVENIL, COMBOS e O CORO. Ademáis actuarán os grupos de Baile HIPHOP, PEQUEDANCE e DANCEMIX dos OBRADOIROS MUSICAIS xestionados pola Anpa Diapason

E ao remate, sobre as 21h faremos un flashmob co tema "Sky full of stars" de Coldplay. Será xusto despois da actuación do COMBO + CORO , no espazo aberto diante do palco da música da alameda, en Moaña

ANIMATE E PARTICIPA...! NON HAI LIMITE DE IDADE...!
PODES PREPARAR O BAILE COS TUTORIAIS feitos por Diana Fernandez de RITMO CB e que estan colgados no blog da escola e en youtube ( son 6 videos: PARTE 1 con explicación, PARTE 1 con musica e a PARTE 2 e 3 igual):
https://youtu.be/L6cvqhCIg20
https://www.youtube.com/watch?v=HoS4bNveAko
https://youtu.be/UspgRIGRXQQ
https://youtu.be/-ftAlDTsuo4
https://youtu.be/QhZB91yr7g8
https://youtu.be/B5CzPoBZxVA






lunes, 6 de junio de 2016

MATRICULA curso 2016-17

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NA RECEPCIÓN DA ESCOLA OS PAPEIS PARA FORMALIZAR A RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DO CENTRO.


O PRAZO PARA RECOLLELA É DO 6 AO 17 DE XUÑO

O PRAZO PARA ENTREGAR E FACER A PRE-MATRÍCULA DO 27 AO 30 DE XUÑO

NA PESTANA "MATRICULA 16-17"  ESTÁ TODA A INFO

AUDICIONS 3º TRIM


jueves, 2 de junio de 2016

No bico un cantar - Cangas 3 XUÑO



@S NEN@S da EMMM  participan na convivencia do Venres 3 NO BICO UN CANTAR. Actuarán xunto con 500 nen@s de outros centros ás 17:30h no adro da Igrexa de Santiago de Cangas.
VIDE ESCOITALOS E VELOS...!