luns, 16 de marzo de 2020



PLAN MUSICA NA CASA -  ACTIVIDADES TELEMÁTICAS PARA O ALUMNADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA
A situación derivada do estado de alarma co peche dos centros de ensino motiva que a Escola Municipal de Música de Moaña propoña un plan de seguimento telemático da evolución musical de todo o alumnado. Coa finalidade de manter activa a súa formación nestes días de illamento, farémosvos unha serie de propostas, en todo caso non avaliables, que pretenden na medida do posible continuar coa normalidade mantendo viva a música na casa.

Descargade aqui a nota íntegra e o anexo cos emails de contacto:



 

xoves, 12 de marzo de 2020




En virtude do comunicado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que avanzou o día 12 de Marzo na rolda de prensa do Consello, póñense en marcha novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada.

Neste senso, o Concello, facendo eco da recomendación ordeou o peche do centro dende a tarde de hoxe, polo que a Escola Municipal de Música de Moaña PERMANECERÁ PECHADA ATA NOVO AVISO.

Para calquera aclaración, por favor, contactade no tfn 986310558 ou no correo electrónico do centro escolammm@hotmail.com




CANCELADOS OS EVENTOS DA Escola Musica Municipal Moana ate novo aviso!

O Concello de Moaña decidiu onte Mércores 11 anular,como medida preventiva, os eventos e actos en espazos pechados nos que non se garanta unha separación mínima dun metro entre persoas.
Unha vez remitan as incidencias nos contaxios reorganizaranse para ofrecelos de novo!
Desculpade as molestias.

martes, 3 de marzo de 2020



O vindeiro Mércores 18 de Marzo, ás 18:30h no IES as Barxas, celebramos o Festival Benéfico da Escola de Música Municipal, en pro das persoas con recursos máis limitados de Moaña. Coa finalidade de recadar alimentos non perecedoiros e bens de consumo domésticoe superar os 425Kg recadados o pasado ano!

  É a séptima edición deste evento que cada inicio da primavera pretende acadar o maior número de kilos de alimento que, una vez rematado, xestionará por esta vez a organización Cáritas de San Martiño para facelo chegar ás persoas que habitualmente necesitan deste servizo altruista supervisado polos servizos sociais do Concello.

O prezo da Entrada é, cando menos, 1 Kg de comida non perecedoira, como conservas, leite, arroz, pasta, azucre, aceite, legumes, galletas ou similar ou tamén produtos de hixiene e limpeza do fogar para todo aquel que asista, independentemente da idade. 

A actividade ten como finalidade:
• Achegar por parte do Centro o grao de area no apartado de colaboración social.
• Fomentar no alumnado o hábito de cooperación e solidariedade
• Traballar co alumnado a capacidade loxística e organizativa na xestión de recursos deste tipo.


Actuarán a BANDA INFANTIL, OS COMBOS DA ESCOLA, A BANDA XUVENIL E A BIGBAND que teñen preparado un repertorio variado de temas tradicionais, populares, Bandas sonoras e pezas máis modernas para animar ao público presente e convidan a todas e todos a colaborar con esta causa, achegando a colaboura mesmo si non poden quedar ao evento.
NON FALTEDES!! e si non podedes asistir COLABORADE IGUALMENTE ENTREGANDO NO CENTRO OS DIAS PREVIOS OU NO MESMO DÍA DENDE AS 16:30h no IES AS BARXAS a vosa ACHEGA...!!! MOITAS GRAZAS!!