USO DOS MÓBILES


O USO DOS TELÉFONOS MÓVILES NA FAMILIA E NA ESCOLA

Dende a irrupción a mediados da década pasada dos smartphones como ferramenta de uso global e xoguete desexado polos nenos e nenas (e os non tan nenos…), diversas problemáticas aparecen nas familias e na comunidade escolar que entorpecen o normal funcionamento destas. “Social networks”, “Whatsapp”, “Cyberbulling”, “Phubbing”, “Sexting” “followers” “Influencers”… son termos que adoptamos como comúns, sen ás veces coñecelos ou saber das súas repercusións.

Na escola, os profesores vimos notando dende hai algúns anos un certo deterioro da capacidade de concentración e atención do alumnado, na capacidade para manter un esforzo no tempo, na súa perseveranza e tamén unha sobreexcitación xeneralizada no alumnado de todas as idades que asociamos, en parte, á presenza dos dispositivos intelixentes. Queremos transmitir a preocupación con respecto dos perigos dun uso indebido dos dispositivos intelixentes e aportar unha pequena achega de información e pautas que axuden a evitar posibles conflitos relacionados con este tema.

Neste senso, a Comisión de Coordinación Pedagóxica do Centro acordou na reunión do 11 de Decembro de 2018 adoptar unhas serie de medidas con respecto do uso destes dispositivos na Escola:




 Ademais dispoñemos a continuación algunha información con enlaces a a páxinas web que creemos interesante sobre as diferentes problemáticas e vos transmitimos dende xa unha lista de hábitos saudables para, si o considerades, por en marcha no caso de non telos adquiridos.


HÁBITOS SAUDABLES NO USO DOS MÓBILES  E  DISPOSITIVOS INTELIXENTES:

1.    Utilizaremos un “parking de móviles” (un espazo destinado a deixar o teléfono, como as chaves, na entrada da casa) durante as comidas e durante a noite cando vaiamos a durmir
2.    Respectaremos  os horarios de uso do teléfono que se establezan en casa e daremos exemplo.
3.    Avisaremos á familia si necesitamos usar o teléfono para unha urxencia fora dese horario
4.    Faremos as tarefas sen o teléfono móbil ( pode que o necesitemos para algunha delas, nese caso aplicaremos o punto 3)
5.    Respectar as idades mínimas de acceso a redes sociais. Pediremos permiso (segundo a idade) para subir contidos propios ou de outras persoas a redes sociais.
6.    Avisaremos na casa e pediremos permiso se imos quedar con persoas alleas ao noso grupo de amigos ou que eles non coñezan
7.    Non dar os nosos datos persoais en internet.
8.    Perante situacións de acoso en grupo ou de maneira individual en mensaxería instantánea ou redes sociais bloquearemos á persoa e o comentaremos con adultos que poidan axudarnos.
9.    Prestar atención ás persoas que temos ao noso arredor por encima das que están “dentro” do teléfono.
10.  Responsabilizarémonos do gasto segundo o método escollido na casa.
11.  Seguro que nos IMOS EQUIVOCAR, tamén é parte da aprendizaxe… e volveremos a comezar coas normas



REDES SOCIAIS. IDADE DE ACCESO.

Unha rede social é un sitio na internet que ten como finalidade o servir de ferramenta de comunicación entre diversos usuarios que se unen nun mesmo espazo virtual para compartir información en diversos formatos como texto, vídeos, imaxes, música…establecendo diálogos sobre algún interese ou tema común.

Cando falamos de redes sociais, sempre pensamos nunhas redes abertas nas que os requisitos para rexistrarse son unicamente un correo electrónico e un contrasinal, pero hai algo máis importante, a idade. Todas as redes sociais teñen unha idade mínima para estar nelas, normalmente non o temos en conta, pero en caso de non cumprilo poden eliminarnos o perfil na devandita rede social.

En España, o acceso a estas plataformas está regulado no art. 13 do Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, que establece que “poderá procederse ao tratamento dos datos dos maiores de catorce anos co seu consentimento, salvo naqueles casos nos que a Lei esixa para a súa prestación a asistencia dos titulares da patria potestade ou tutela. No caso dos menores de catorce anos requirirase o consentimento dos pais ou titores.”

Recentemente, o Congreso acordou manter nos 14 anos a idade mínima á que un menor pode dar o seu consentimento para o tratamento dos seus datos na internet e así crearse un perfil en redes sociais, refugando a proposta da Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD) de rebaixalo aos 13 como en Irlanda e Reino Unido, principais sedes dos grandes servidores da internet.

Por iso, non é legal o uso destas redes sociais por menores de 14 anos e está prohibido que se rexistren sen o consentimento previo dos seus titores legais. Así, en teoría, a partir dos 14 anos, os menores poderían ter a súa propia conta. Instagram e Facebook puxeron de por sí a súa «liña vermella» de idade nos 14 anos, idade que sobe ata os 16 en Linkedin ou recentemente en Whatsapp. Antes tamén sería posible, sempre que se achegue o consentimento paterno.

Con todo, as compañías rexistradas noutros países poden facer variar esta idade, que baixa ata os 13 anos no caso de Twitter, Tumblr, Reddit, Snapchat ou WeChat. (sen consentimento) Con permiso dos pais ou titores poderían ter a súa propia conta os menores a partir de 13 anos en webs como YouTube ou Flickr, recordando, en todo caso , que en España o mínimo está establecido en 14 anos.

Desde a firma de defensa xurídica ARAG explican: «Realmente, o problema é que aínda que o menor non teña os 14 anos, é moi fácil que poida crear unha conta falseando os seus datos, indicando unha idade superior á que ten ou creando un perfil con outro nome» Os seus expertos sinalan que esta práctica afecta o nivel de protección de datos do menor e os seus consentimentos.

ENLACES:

Que é unha rede social. Tipos de redes sociais e para que serven https://www.mabelcajal.com/2017/06/que-es-una-red-social-tipos-redes-sociales-para-que-sirven.html/


Os pais de Silicon Valley crían aos seus fillos sen tecnoloxía: https://www.businessinsider.es/padres-silicon-valley-crian-sus-hijos-tecnologia-191414

Chega o 25M: Si eres menor de 16 anos, só poderás usar WhatsApp con permiso dos teus pais.  https://www.lasexta.com/tecnologia-tecnoxplora/apps/llega-25m-eres-menor-anos-solo-podras-usar-whatsapp-permiso-tus-padres_201805225b04e8030cf2cdd8b0b373c4.html


WhatsApp sobe a idade mínima de uso de 13 a 16 anos, pero a responsabilidade segue sendo dos pais. Qué din os expertos. https://www.bebesymas.com/educacion-infantil/whatsapp-sube-la-edad-minima-de-uso-de-13-a-16-anos-pero-la-responsabilidad-sigue-siendo-de-los-padres-que-dicen-los-expertos

Por qué o Whastsapp non é apto para menores.

Instagram, a peor rede para a saúde mental dos adolescentes. https://elpais.com/tecnologia/2017/05/19/actualidad/1495189858_566160.html

Os riscos de Instagram para os adolescentes (e nenos).

A comunicación do alumnado a través de WhatsApps




PHUBBING
O Phubbing é o acto de ignorar a unha persoa e á propia contorna por concentrarse na tecnoloxía móbil, xa sexa un teléfono intelixente, tableta, PC portátil, ou outro obxecto intelixente.
A pesar de que para ninguén é agradable ser ignorado, os papeis adóitanse intercambiar ao longo de diferentes interaccións sociais, sendo un “ ignorador” nunhas ocasións e ignorado noutras.
Debido a que a aprendizaxe social é básica na adquisición de novas condutas, este intercambio, segundo os investigadores, lévanos a asumir o falso consenso de que esta forma de actuar é algo aceptable e mesmo normal. Os investigadores confirman isto descubrindo que aquelas persoas que ignoraban máis e aquelas que adoitaban ser máis ignoradas vían estes comportamentos como algo máis aceptado socialmente.


 ENLACES:
'Stop Phubbing': unha chamada de atención contra a crecente obsesión polo 'smartphone' https://www.20minutos.es/noticia/2765242/0/movimiento-anti-smartphone-stop-phubbing/#xtor=AD-15&xts=467263


 Que é o “ Phubbing” e como afecta as nosas relacións?

Que é o Phubbing e por que está a arruinar parellas en todo o mundo

‘Phubbing’ y nomofobia, las nuevas alteraciones que acompañan al móvil https://elpais.com/tecnologia/2018/08/13/actualidad/1534151817_260021.html


Sete regras para evitar que o seu celular domine a súa vida



CYBERBULLING
Cyberbulling é o acoso entre iguais a través das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación): insultar, vexar, ameazar, chantaxear...a través do envío ou publicación de mensaxes de texto, fotografías ou vídeos. O acoso non sempre se expresa cun dano físico. A fustrigación adoita darse no ámbito escolar polo que o acosador e a vítima adoitan ser menores e compañeiros de colexio ou instituto. Existe en España unha ONG que ofrece un tratamento integral fronte aos riscos derivados das novas tecnoloxías (TIC): prevención, sensibilización, formación, mediación e asistencia psicolóxica e xurídica: Pais 2.0



Ningún comentario:

Publicar un comentario