mércores, 27 de xaneiro de 2021

SUSPENSION CLASES PRESENCIAIS ate o 17 FEBREIRO

SUSPENSION CLASES PRESENCIAIS ate o 17 FEBREIRO


Queridas familias:

Agardamos que vos atopedes tod@s ben de saúde...!


Ante a alta incidencia de contaxios en Galicia, a Consellería de Sanidade da Xunta pubilcou onte Martes a “ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.”

Estas medidas, tal e como recolle o seu anexo no punto 4.2 afectan a Escolas de Música e implican a suspensión da actividade lectiva presencial. A Orde recolle un período de aplicación dende o Mércores 27 de Xaneiro ate o Mércores 17 de Febreiro. Recolle tamén que “as medidas poderán ser modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.”


Polo tanto, en virtude desta Orde, a Escola pasará durante o perído que a Consellería indique, a funcionar de xeito telemático impartindo as clases ONLINE.


FUNCIONAMENTO:

Como sabedes, a aula virtual da Escola enviou automáticamente en Decembro de 2020 un email á vosa dirección de correo para activar a conta e persoalizar a contrasinal. Si aínda non a activástedes seguindo as instruccións dese email, por favor facédeo en canto poidades para confirmar que funciona correctamente. Si non recibístedes este email de activación, por favor contactade co centro avisando no whatsapp (677 49 77 88) ou email. Para entrar na aula virtual, tedes unha pestana de acceso no blog da escola: www.escolamusicamoana.blogspot.com/

O groso da formación seguirá sendo a clase de instrumento. Esta impartirase por video chamada utilizando principalmente a plataforma Google Meet, a mesma que para as audicións Online. Cada alumno/a terá a disposición un código, facilitado polo/a titor/a (vía email ou tfn) que poderá usar nas súas clases.

As clases manterán o mesmo horario que si fosen presenciais. No caso de non poder respectar ese horario, por favor contactade co centro. As de Historia e Arranxos inpartiranse tamén por videochamada.

Recomendamos que na medida do posible deleguedes o uso da Aula virtual e o email nos alumnos e alumnas. Teredes no blog da escola, no apartado “MEDIDAS COVID” instruccións detalladas para a conexión por videochamada e uso da Aula Virtual.


ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE:

Comentarvos tamén que mantemos as actividades programadas para este segundo trimestre:

Enviar videos temáticos para o entroido (gravarse disfrazados tocando unha canción, a ser posible relacionada co disfraz) Data límite 5 de Febreiro. Video montaxes da peza das agrupacións (enviar a interpretación gravada por vídeo) Data límite 1 de Marzo, Audicións Online para a 3ª semana de Marzo.   
AQUI o texto en jpg.: