xoves, 30 de marzo de 2023

 



Prezadas familias:


Recordamos que, segundo establece o calendario escolar, o período de vacacións de Semana Santa será do 3 ao 10 de Abril, ámbolos dous inclusive. As clases reanúdanse por tanto o martes 11.


Recordarvos tamén que debido á Convivencia musical que o centro celebra este ano en Carballiño, o Venres 14 de Abril non se impartirán clases, exceptuando as dos obradoiros de Guitarra e Hip Hop.

As agrupacións participantes ofrecerán un concerto na propia Residencia de Tempo libre o Domingo 16 ás 17h

Compartimos enlace da ubicación da Residencia:

martes, 14 de marzo de 2023


 

UN ANO MÁIS, A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA, TEN O PRACER DE PRESENTAR O "FESTIVAL BENÉFICO"  


EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS DO CARMEN, en pro das persoas de recursos máis limitados do Municipio, recadaremos alimentos non perecedoiros e consumibles de fogar. Así, o evento terá o prezo de cando menos 1 Kg destes produtos. Aceite, leite, legumes, arroz, conservas ou produtos de hixiene...son todos ben recibidos. Incluso as e os músicos   participantes achegarán, xunto coa súas interpretacións, as súas “entradas” en forma de alimento.

O  evento realizarase no IES as Barxas o Mércores 22 de Marzo ás 18h

No caso de non poder asisitir pero querer colaborar coa iniciativa propoñemos entregar a vosa achega á recollida de alimentos na porta do Instituto de 17h a 18h ou tamén na Escola de Música en horario de tarde os dous días previos ao Festival

ASISTIDE...! COLABORADE...!