A Escola de Música Municipal de Moaña propón unha
formación musical amena, práctica e completa que abrangue dende os tres anos
ata a idade adulta coa que poder aprender a comunicarse, comprender e gozar dun
xeito máis pleno do mundo da música.
5.1 Se tes
entre tres e sete anos- DESCUBRINDO OS SONS e OS RITMOS

Escoitar, imitar, bailar, tocar, cantar... Atoparás un ambiente relaxado e
estimulante no que a túa achega será o máis importante.
Hai unha gran variedade de instrumentos de percusión, instrumentos de
lamias de todos os tamaños, instrumentos sinxelos como asubíos, ocarinas,
frautas de émbolo ou a frauta doce, para iniciarte coas primeiras melodías. Hai
xoguetes musicais e xoguetes sensoriais de todos os tipos, texturas e cores,
que enriquecerán e estimularán as túas experiencias musicais.
Serás protagonista de historias inventadas e contos musicados e aprenderás
e xogarás con melodías e ritmos de diferentes culturas e dos máis variados
estilos, desde a música popular e clásica ata o rock e o rap, pois xogando e
explorando é como as mentes creativas adquiren as habilidades e os
coñecementos.
E, como non, están a voz e os instrumentos que as profesoras e os
profesores usan para acompañar, comunicar e transmitir. Todos estes
ingredientes, xunto co talento natural da cativada, teñen como resultado a
receita musical máis saborosa.
As clases teñen unha duración de 45 minutos, tempo que
consideramos óptimo para aproveitar a concentración das pequenas mentes, con unha ou dúas sesións semanais segundo a idade.
5.2 Se tes
de oito anos en diante- O PASO AO INSTRUMENTO PROPIO
Comezarás unha relación co teu instrumento musical que, como se dunha
extensión do teu corpo se tratase, permitirache descubrir unha nova maneira de
gozar dos sons e melodías, afrontar novos retos de superación persoal e coñecer
un novo modo de relación cos demais.

As clases teñen
unha duración de 20 minutos semanais os tres primeiros anos e de 30 minutos de
4º a 8º curso. O máis común é agrupar a dous ou tres alumnos de niveis similares
conformando así clases de 40 a 90 minutos
semanais
Nas clases grupais - APRENDENDO COS DEMAIS

Paralelamente, tamén a partir dos oito anos, nas materias de LINGUAXE
MUSICAL, ARRANXOS MUSICAIS ou HISTORIA PRÁCTICA DA MÚSICA recibes formación
complementaria que che permitirá adquirir os coñecementos suficientes para
considerarte un afeccionado á música ben formado. E se tes especial inquedanza pola
música e cres que pode ser o teu futuro profesional, poderás cursar un plan de preparación
específico para a proba de acceso ao conservatorio chamado COCO.
As clases teñen unha duración de 60 minutos ou 90 minutos
semanais segundo o tipo de materia.
BLOQUES DE ENSINO:
INICIACIÓN MUSICAL 3 a 7 anos
Iniciación 3-4: nenos/as de 3 e 4 anos (45 min)
Iniciación 5: nenos/as de 5 anos (45+45 min)
Iniciación 6: nenos/as de 6 anos (45+45 min)
Iniciación 7: nenos/as de 7 anos (45+45 min)
Iniciación 7: nenos/as de 7 anos (45+45 min)
NIVEL I ( 1º 2º 3º ) 8 anos ou +
Materias obrigatorias
INSTRUMENTO INDIV. 1º/2º/3º (20 min)
LINGUAXE MUSICAL 1º/2º/3º (60 min)
Agrupacións
MÚSICA ACTIVA 1º/2º/3 (60 min)
BANDA INFANTIL 1º/2º/3º (60 min)
GRUPAD 1º/2º/3º (60 min)
GRUPAD 1º/2º/3º (60 min)
NIVEL II (4º 5º 6º)
Materias obrigatorias
INSTRUMENTO INDIV. 4º/5º/6º (30 min)
LINGUAXE MUSICAL 4º/5º (90 min)
Agrupacións:
BANDA XUVENIL (90 min)
CORO (60 min)
COMBO (60 min)
COCO (60 min)
COMBO (60 min)
COCO (60 min)
NIVEL III (7º 8º)
Materias obrigatorias
INSTRUMENTO INDIV. 7º/8º (30 min)
ARRANXOS 7º/ (60 min)
Materias complementarias
HISTORIA PRÁCTICA /8º (60 min)
HISTORIA PRÁCTICA /8º (60 min)
Agrupacións:
BANDA XUVENIL (90 min)
COMBO (60 min)
BIG BAND (60 min)
CORO (60 min)
BIG BAND (60 min)
CORO (60 min)
PAUTAS PASO NIVEL:
Para acceder ó Nivel II @ alumn@ deberá cursar as
materias obrigatorias e 1 ano de Música Activa
e 1 de Banda Infantil.
Para acceder ó Nivel III @ alumn@ deberá cursar as obrigatorias e, cando
menos, 1 ano de Coro, 2 de Banda Xuvenil
Para acceder ó Nivel III haberá unha PROBA PRÁCTICA DE APTITUDES con e sen Instrumento que determinará a viabilidade para cursar 7º e 8º curso
Para completar o Nivel III
@ alumn@ deberá cursar as obrigatorias e 1 ano de Historia e 1 ano de algunha das agrupacións.
Para un desenrolo máis axeitado da súa formación musical é conveniente
cursar 2 anos de CORO
Existe a posibilidade de que @ alumn@ faga un ano máis no
Nivel I cando non acade os
obxectivos mínimos, sempre e cando non sexa por falta de dedicación ás
materias.
Para COMBO B e C ten
prioridade o alumnado do Nivel III.
Existe un curso de acceso ó conservatorio ( COCO ) que
é opcional e se aplicará nos casos que o equipo docente considere preciso.
Unha vez rematado o Nivel III, o alumnado ten
a oportunidade de seguir formando parte das agrupacións se hai praza, previa
formalización da matrícula.
O acceso ós Niveis II e
III queda supeditado a estas normas.
NORMAS XERAIS:
· Somentes poderán asistir ás clases os alumnos que aboasen previamente o importe correspondente á taxa de matrícula no prazo establecido e non teñan pagos pendentes.
· A preferencia por un horario ou profesor non é un dereito. En calquera caso e sempre que sexa posible, respectaranse os desexos de pais/nais e alumnos.
· A asistencia ás clases e o rendemento académico debe ser regular. En caso de ausencias inxustificadas (máximo 3 por trimestre/materia), baixo rendemento e as normas que regula este Centro, o equipo directivo e/ou a Comisión de Coordinación Pedagóxica tomaría as medidas oportunas inclusive a baixa no Centro.
· A estrutura do Plan de Estudos fai necesaria a flexibilidade nos horarios por parte do alumnado, polo que poderán ser modificados temporalmente ó longo do curso.
· A práctica diaria co instrumento na casa é fundamental. Os pais axudarán recordando e apoiando no estudo ó neno/a. No libro do alumno se poderán apuntar os minutos de dedicación diaria.
· A promoción de Nivel faise efectiva trala Avaliación Final. Os alumnos solicitarán a matrícula no Nivel correspondente segundo esta avaliación.
· Só se poderá cambiar de instrumento por motivos de índole física previo informe do mestre titor. A petición será aprobada pola Comisión de Coordinación Pedagóxica.
· Os instrumentos de préstamo só están dispoñibles o 1º curso. Calquera dano ocasionado deberá ser reparado polo usuario.
· Coa formalización da matrícula, o alumnado asumirá as Normas Xerais e o Regulamento de Servizo da Escola de Música Municipal de Moaña.
ITINERARIO DO PLAN DE ESTUDOS DA ESCOLA: