jueves, 17 de diciembre de 2015






FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

VENRES 18 ÁS 18:30H NO IES AS BARXAS


ACTÚAN AS AGRUPACIÓNS PRINCIPAIS DA ESCOLA E OS GRUPOS DE CÁMARA ORGANIZADOS PARA A OCASIÓN QUE INTERPRETARÁN UN REPERTORIO PENSADO PARA O EVENTO.


ENTRADA DE BALDE. NON FALTEDES...!

martes, 24 de noviembre de 2015

martes, 17 de noviembre de 2015

FESTIVAL Sta CECILIA




O VINDEIRO VENRES 20 DE NOVEMBRO ÁS 18:00h CELEBRAMOS CUN CONCERTO A CARGO DOS ALUMN@S E PROFESOR@S A FESTIVIDADE DA PATROA TRADICIONAL D@S MÚSIC@S, PERO ANTES PRESENCIAREMOS UNHA PEQUENA PROXECCIÓN DE VIDEOS DIVERTIDOS RELACIONADOS CO MUNDO DA MÚSICA.

 E UNHA VEZ REMATE O CONCERTO, POÑEREMOS EN MARCHA O MAIS QUE POPULAR "CONCURSO DE DOCES 2015". PODES PARTICIPAR EN ALGUNHA DAS CATEGORIAS CAT. A" GALLETAS" ou CAT. B "BISCOITOS" HABERÁ PREMIOS PARA OS FINALISTAS ELEXIDOS EN VOTACIÓN POPULAR, POIS  QUEN PROBE OS DOCES DEBERÁ ANOTAR OBXECTIVAMENTE A SÚA VALORACIÓN. NON FALTEDES E ANIMÁDEVOS A CONCURSAR...!


viernes, 13 de noviembre de 2015

lunes, 26 de octubre de 2015

FESTA DO MAGOSTO




O Vindeiro Xoves 12 de Novembro 

ás  16:30h celebraremos o Magosto cunha festa chea de actividades, música e concursos. 

As 18:30h merendaremos castañas asadas para o que necesitamos que colaboredes traendo unhas poucas (+300gr)  

E as 19:30h estaremos libres para poder presenciar o Concerto da BMP “Airiños do Morrazo” que actuará no adro novo de S. Martiño. As clases suspéndense para ese día.

miércoles, 21 de octubre de 2015

CONCERTO VOZ E PIANO



O VINDEIRO DOMINGO 25 ás 19h na CASA DA 

MUSICA Escola Musica Municipal Moana Concerto da 

Soprano Rosa Cerviño e do Pianista Rodrigo Portela. 

Entrada de balde ate completar aforo.

jueves, 24 de septiembre de 2015

OS OBRADOIROS XA ESTAN EN MARCHA...!




A ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón"  en colaboración                                                                                                 coa  Escola Municipal de Música de Moaña  vos                                                                                                       presentan  os:


“Obradoiros Musicais” edición 2015-16


PRAZO INSCRIPCIÓN: a partires do 28 de Setembro 

CONSULTA TODA A INFO NA PESTANA: "OBRADOIROS"

martes, 15 de septiembre de 2015

COMEZAMOS O CURSO 2015-16...!





HOXE MARTES 15, a partires das 17h, REUNIÓN PARA A ELECCIÓN DO HORARIO DAS CLASES DE INSTRUMENTO.

Consultade as quendas establecidas por sorteo no apartado: "MATRICULA" 

viernes, 3 de julio de 2015

PRAZAS PARA NOVO ALUMNADO


XA ESTA PUBLICADAS AS PRAZAS PARA O NOVO ALUMNADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA.  SON 15 PRAZAS DE NOVO INGRESO NA MATERIA DE INICIACIÓN MUSICAL PARA ALUMNOS DE 3 A 7 ANOS;    7 PRAZAS  EN FORMACIÓN INSTRUMENTAL PARA ALUMNOS DE 8 a 16 ANOS;  3 PRAZAS EN FORMACION INSTRUMENTAL PARA ALUMNOS DE 17 OU MÁIS ANOS E 26 PRAZAS en CURSOS TIPO “A” PARA O CURSO 2015-16 

O sorteo entre os solicitantes que presentaron a instancia dentro do prazo realizarase o vindeiro Mércores 8 de Xullo co seguinte horario:



18:00h               NADOS   no 2012  e  2011                                                                                                                  18:30h                NADOS   no 2010,  2009 e 2008                                                                                           19:00h                NADOS   entre 2007 e 1999                                                                                                    19:30h                NADOS   no 1998 e anteriores
MÁIS INFO NA PESTANA SUPERIOR DE "NOVO INGRESO"

lunes, 22 de junio de 2015


SORTEO ELECCION DO HORARIO de INSTRUMENTO

XA está colgado no Blog o resultado do Sorteo que establece a orde de Elección de Horario da Clase de Instrumento prevista para o 15 de Setembro a partires das 17h.

Nos casos de clase colectiva irase informando puntualmente a primeira semana de Setembro.

Consultade o resultado e as bases incluidas neste na pestana "MATRICULA".

jueves, 11 de junio de 2015

SOLICITUDES de PRAZA de NOVO INGRESO


Está aberto ate o 30 de Xuño O PRAZO para SOLICITAR UNHA PRAZA NA ESCOLA .
Os interesados deben achegarse ao Concello de 8:30h a 13:30h para cubrir e presentar a instancia. MAIS INFO NA PESTANA superior "NOVO INGRESO 15-16"

viernes, 22 de mayo de 2015

CONCERTOS DIDACTICOS 2015



A Escola Municipal de Música presenta:


"A Cebra Camila" . Un conto musicalizado e adaptado aos escolares de Educación Infantil e Primaria. 



O 3 e 4 de Xuño, máis de 1000 escolares do Municipio pasarán polo Auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao para asistir a unha das 7 sesións que os profesores do Centro ofrecerán desta montaxe.

Poderán ademais participar activamente do conto tentando recoñecer aos protagonistas segundo o seu
son.

Un concerto didáctico que, como todos os anos, o Centro ofrece aos nenos e nenas para brindarlle a oportunidade de escoitar en directo os instrumentos que nel se imparten e no que atoparán unha morea de estímulos para a súa curiosidade musical.

miércoles, 13 de mayo de 2015

CONCERTO DIA DAS LETRAS GALEGAS


O 15 de Maio ás 19:00h  na Carballeira da Reitoral celebraremos o:

    “Festival das Letras Galegas  2015”.  

Adicado ao Historiador e escritor Pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde, actuarán a Banda Xuvenil e a Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicional . 

Ó rematar  merendaremos todos xuntos podedes colaborar traendo algún aperitivo salgado ou doce. 

No caso de choiva trasladarase ao 1º 

andar da praza de abastos.

As clases anularanse  ese día  a partires 

das 18h.  (Os Obradoiros de guitarra, pequedance, 

hiphop e dzamx mantéñense)

lunes, 20 de abril de 2015

XORNADAS DE CONVIVENCIA MUSICAL

                                                             ALBERGUE DE GANDARÍO

O VINDEIRO VENRES 24 @S  ALUMN@S DE BANDA INFANTIL, BANDA XUVENIL, COMBOS E O CORO, XUNTO COS PROFESORES DA ESCOLA IMONOS A GANDARÍO PARA GOZAR DUNHA CONCENTRACIÓN MUSICAL POR TODO O ALTO. ACTIVIDADES, ENSAIOS, CONCURSOS, VISITA A CIDADE DE A CORUÑA E MOITAS MÁIS COUSAS....!

O DOMINGO 26 ÁS 17:00H OFRECEREMOS UN CONCERTO NAS PROPIAS INSTALACIÓNS PARA TODO AQUEL QUE QUEIRA ACHEGARSE A ESCOITAR O RESULTADO DO TRABALLO DA FIN DE SEMANA.

ÁNIMO CHIC@S... XA QUEDA MENOS...!

viernes, 6 de marzo de 2015

FESTIVAL BENEFICO DA EMMM - 2015



FESTIVAL BENEFICO DA EMMM 2015 
a favor de
"Moaña Solidaria - Cáritas do Carmen"

O VINDEIRO XOVES 19 de MARZO ás 19:00h no IES As Barxas a Escola Municipal de Música celebra o seu 2º CONCERTO BENÉFICO, esta vez a favor de Cáritas do Carmen de Moaña

Actuarán o Coro da EMMM, a Banda Infantil e a Banda Xuveníl, tres das principais agrupacións  do Centro, compostas por nen@s e moz@s de 8 a 16 anos.

O importe da entrada será 1 Kg de alimento non perecedero como: leite, arroz, legumes, pasta, aceite, azucre, conservas, etc...
Achégate ao evento e colabora coa causa...! 

AUDICIONS DE MARZO



XA ESTÁN EN MARCHA AS AUDICIÓNS DO 2º TRIMESTRE da EMMM

@s Alumn@s da Escola protagonizan coas súas interpretacións as 2 semanas de eventos que pechan este trimestre.
Destacan o FESTIVAL DE INICIACION o Martes 24 e o CONCERTO BENEFICO o Xoves 19

Entrada de Balde ate completar aforo   :)

martes, 24 de febrero de 2015

FESTA DE ENTROIDO



Divertida tarde de entroido na EMMM, na que destacaron as actuacións dos 3 COMBOS da Escola e a Comparsa "ANIMODO" de Domaio 


lunes, 26 de enero de 2015

CONCERTO DE PERCUSION



Noelia Leite e Adrián Alonso  traen á Escola o seu repertorio máis vibrante aos seus instrumentos de percusión.

NON O PERDADES...!

FESTA DO ENTROIDO NA ESCOLA



.....    O VINDEIRO XOVES 19 DE FEBREIRO celebramos a .....

FESTA DO ENTROIDO 2015 . “Pop Rock Star”


O XOVES 19 de Febreiro ven disfrazado de algunha estrela coñecida do Rock ou Pop e participa no concurso de disfraces.       
Trae algo para picar porque tamén organizamos unha merenda...   

                                                                                              
17:30h   Festa-concurso de disfraces con premios/merendola     
18:30h  CONCERTO COMBOS                                          
19:30h  Actuación  da Comparsa “Animodo” de Domaio


AGARDAMOSTE...!