martes, 27 de noviembre de 2012





XA está cerca o remate do 1º trimestre e os alumnos e alumnas están preparando as actuacións para a semana de audicións.                            Dende o 17 ó 21 de DEC as habilidades musicais saltan ó escenario. As aulas de Linguaxe Musical se suspenden nesa semana

PROGRAMA

SALA DE AUDICIÓNS DA ESCOLA
LUNS 17           INICIACION           17:30
LUNS 17           TBN /BDN               19:00
LUNS 17          ADULTOS                20:45
MARTS 18        CLARINETE           17:00
MARTS 18        FRAUTA                   19:30                                               MERC 19           PIANO                       17:00
XOVES 20        SAXOFON                17:30
XOVES 20        TPTA/TPA              19:30

FESTIVAL NO DANIEL CASTELAO
 VENRES 21      FESTIVAL                18:30                                                                           

martes, 13 de noviembre de 2012

FOLGA XERAL 14 NOVEMBRO



Os profesores e profesoras da Escola Municipal de Música secundan na súa totalidade a convocatoria de Folga Xeral, polo que mañá 14 de Nov non haberá clases e a escola permanecerá pechada. 

Os profesores.

lunes, 12 de noviembre de 2012

CONCERTO STA CECILIA



O vindeiro Xoves 22 de Novembro ás 20h celebramos o día de Sta Cecilia cun recital a cargo dos alumnos e alumnas da Escola e como tódolos anos será en formato “music session café”. Pero ademais vos convocamos a todos e todas ao: 
          
“I Concurso de doces Sta Cecilia 2012” .
                                                          Haberá dúas categorías: categoría A “galletas” e categoría B “biscoitos e pasteis”.                            Os doces degustaranse antes, as 19:30n no hall.

Animádevos !                                              

miércoles, 7 de noviembre de 2012

FESTA DO MAGOSTO




O vindeiro luns 12 de Novembro, coincidindo co último día de festas, a Escola celebra o magosto de San Martiño. Temos música, actividades e concursos preparados a partires das 17:30 e despois merendaremos unhas castañas asadas. Colaborade traendo un puñadiño (+-250gr) O resto o aporta a ANPA. As clases anúlanse para ese día.

Non faltes!!

EXPOSICION "A MOAÑA QUE XA SE NOS FOI"


O VENRES 9 de Novembro a Escola acolle a presentación da Exposición documental e fotográfica sobre a Historia de Moaña " A MOAÑA QUE XA SE NOS FOI" elaborada polo historiador D. Manuel Uxío García Barreiro.

Contará coa participación de 2 grupos de cámara formado por alumnos da Escola. Totalmente recomendable!

martes, 25 de septiembre de 2012

OBRADOIROS 2012

¡¡¡  XA están en marcha os Obradoiros Musicais 2012...!!!      

con máis grupos e algunha novidade. A partires do 27 de Setembro ás 17h, ou o 28 Setembro dependendo de que obradoiro sexa, podes anotarte na Escola de Música , sita en San MArtiño. Achégate co papeliño cuberto e recorda confirmar a idade (a idade é a cumprida no 2012)
         
          MAIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS" (enriba) 

jueves, 20 de septiembre de 2012

AS CLASES XA COMEZARON......





XA COMEZAMOS AS CLASES NA ESCOLA DE MÚSICA...!
Traede os oídos afinados, os dedos engrasados e os pulmóns preparados para soprar...!



lunes, 18 de junio de 2012





O VINDEIRO XOVES 21 de XUÑO a Escola celebra o Macrofestival do "Día Internacional da Música"
no entorno do palco da música!


Actuarán diversas agrupacións dende as 18:00h ate aproximadamente as 21:30h.


Botádelle un ollo á programación:



O VENRES 15 de XUÑO a Escola celebrou o FESTIVAL de OBRADOIROS MUSICAIS organizados en colaboración coa Banda "Airiños do Morrazo" e partocinados polo Concello.
Actuaron uns 50 rapaces de tres dos obradoiros  de máis éxito que encheron o Auditorio D. Castelao de watios e enerxía musical. Noraboa ós rapaces e profesores!

XA COMEZARON AS AUDICIÓNS DE REMATE DE CURSO. Preme na imaxe e anota os horarios para poder asistir a calquera delas. A entrada é de balde.

viernes, 25 de mayo de 2012

CONCERTO ALUMNOS DE COCO

Os Alumnos Xandre e Uxía protagonizan o vindeiro martes 29 ás 20:30h un concerto no que interpretarán as obras que presentan para a proba de acceso ó Conservatorio.

No volo perdades ! !

jueves, 24 de mayo de 2012

SOLICITUDE PRAZA NA ESCOLA. CURSO 2012-13



XA está aberto o prazo para solicitar praza na Escola. Dende o 14 de Maio ó 14 de Setembro poderanse achegar á Escola (17:30-20:00h) ou ó Concello (08:30-13:30h) para presentar a instancia. Unha vez rematado o prazo efectuarase un sorteo público o 19 de Setembro ás 20h na Escola para adxudicar as prazas.
Os horarios do vindeiro curso saberanse a finais de Xuño e as prazas dispoñibles finais a principios de Setembro.


Os nenos/as nados no 2008, 2007, 2006 e 2005 deberán poñer a Data de Nacemento ó cubrir a instancia.


Os nenos/as e adultos/as nados no 2004 ou anteriores deberán poñer a Data de Nacemento e facer constar ate 4 instrumentos para optar no sorteo entre os que se imparten na escola: Frauta Travesa, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba ou Piano. 

lunes, 7 de mayo de 2012

CONCERTO DE PRIMAVERA




… OU CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O MERCORES 16 de MAio a Escola organiza este concerto adicado a  Valentín Paz Andrade  (1898-1987), poeta e                
ensaísta de Pontevedra. Será a partires das 19h na carballeira da Reitoral (se chove trasladarase ao D. Castelao)

ACTÚAN a Banda Xuveníl da Escola de Música e un grupo invitado: A Banda de Gaitas da Escola de Música Tradicional dirixido por Xabier Blanco
Ó REMATE:   Merenda organizada polas nais e pais.   

Agardamos esteades todos connosco... !                  

II ENCONTRO DE COROS



O pasado 27 de Abril o CORO da Escola participou no Encontro de COROS de Escolas de Música cos rapaces e maiores de Vigo e Vilagarcía. 
Este é o 2º Encontro que se fai entre estas escolas amigas e non será o último. Os cantores estiveron gozando das actividades cos profesores organizadores e do concerto que ofreceron ó público asistente. Escoitáronse temas tracicionais, de pop como "Chiribiribín" ou a BSO do Rei León e unha fantástica selección de pezas traídas de diversos lugares como Macedonia, Bali, o Caribe ou África.

SOACHE ESTA HISTORIA...?
































A Escola Municipal de Música vai ofrecer aos nenos e nenas do Municipio un Concerto Didáctico preparado especialmente para eles. Este ano o conto vai sobre a historia da Humanidade  a través de 8 recreacións de momentos importantes do devir do home. Asistirán uns 1200 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos 10 Centros educativos do Concello no que coñecerán un pouco máis sobre os instrumentos que se imparten na escola e, sobre todo, os poderán ver en acción moi de cerca. 


Serán o 24 e 25 de Maio nun total de 7  sesións en horario escolar.

viernes, 13 de abril de 2012

Taller Danza Mix para Adultos



Taller Danza Mix para Adultos
Goza das clases de Danza integrando
diversas técnicas e estilos. Un modo
diferente de aprender a bailar con gran
variedade de ritmos.

Unha clase chea de forza e enerxía onde poderás divertirte bailando e descubrir sen límites o teu movemento e estilo!. Sorpréndete coa fusión de estilos e tendencias unicamente marcados por dous factores: a música e a creatividade.
Se nunca te animaches este é o momento, Libera o movemento!

CONTIDOS:
* Comezaremos as nosas clases cun quecemento e posta en marcha do noso corpo, con moito movemento.
* Realizaremos coreografías cheas de estilo e moito ritmo.

* E nunca nos esqueceremos de relaxarnos e estirar, con exercicios cos que, sesión tras sesión, sentirémonos aínda máis revitalizados e tonificados!!.


HORARIO: Sábados de 11:00 a 12:00

DURACIÓN: 10 sesións- do 21 Abril ó 23 de Xuño

PREZO : 50€






miércoles, 15 de febrero de 2012

AI! SI EU CHE PEGO!


EIQUÍ temos un "traballo" para vacacións de entroido
!! visita a pestana de canción do mes e a practicar !!!

sábado, 11 de febrero de 2012

Este xoves 23 ás 17:30h gran festa de Entroido con disfraces, proxección da peli "Robots" e un concurso de maquetas de robots e máquinas varias.

Achégate a pasalo ben connosco e non te olvides de vir disfrazado!

As clases anularanse este día e recordade que 20, 21 e 22 temos descanso de entroido.