OBRADOIROS







A PARTIRES DO 1 de OUTUBRO

ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón"  en colaboración coa  Escola Municipal de Música de Moaña  vos presentan  os:



“Obradoiros Musicais” edición 2019 -20


Esta serie de aulas e cursos comezan o Venres 4 de Outubro, están dirixidos  a nenos e maiores afeccionados  e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música  de xeito ameno, práctico e inmediato.


      Este ano mantemos a oferta xeral de actividades do pasado curso coas as clases de batería, tamén para maiores, ou a  aula de Hip-Hop ou a aula de MUSICAventuras   destinada a nenos de 3 a 5 anos na que xogarán e participarán de actividades axeitadas  a esas idades. Impartiranse clases de GUITARRA  tanto clásica como eléctrica de xeito grupal e os nenos e nenas de 6 a 8 anos poderán asistir de novo ao grupo de PEQUEDANCE para move-lo esqueleto ó ritmo das cancións máis modernas e de actualidade


         Os non tan peques disporán do grupo de DANZA MIX para que as "novas mocidades" de máis de 20 anos den renda solta á súa enerxia montando coreos.


Como novidade, salientar que se aumenta un grupo de MUSICABEBES ate os 3 grupos que irán impartidos un cada trimestre, e que MUSICAVENTURAS pasará a ter duración de curso completo!

        Os cursos están  co-financiados polo Concello .
 Para apuntarse  e preciso entregar a partires do 1 de Outubro
en horario de tarde (16:00 a 20:00h), o boletín de incripción debidamente cuberto na Escola , sita en San Martiño,  Moaña, sinalando o(s) curso(s) no que están interesados.


        DOCUMENTACION A APORTAR:



  • Boletín de Inscripción ben cuberto (a recoller no centro)
  • Nº conta bancaria


PRAZO INSCRIPCIÓN- A partires do 1 de Outubro ás 16h anotarse en:


  MUSICAventuras (3-5 anos) 
   BATERIA (8 anos- adultos)
   GUITARRA (8 anos- adultos)
   GRUPO POP (8-14 anos)
   HIP HOP (9-20 anos)
   PEQUEDANCE (6-8)
   DANZA MIX ( + 21) 




*Recordade que só se pode entregar unha papeleta por interesado, salvo 1º grao de consanguinidade(  de irmáns, pai/nai-fillo).
         

                                                                                                                                                 ** A idade se determina pola que @ alumn@ cumpre no 2019



A INSCRIPCIÓN REALIZARASE POR ORDE DE CHEGADA. 
AS PRAZAS DISPOÑIBLES SON AS PRAZAS VACANTES RESULTANTES DESPOIS DA RESERVA REALIZADA POLO ALUMNADO EXISTENTE O PASADO CURSO. CONSULTADE A NORMATIVA XERAL DISPOÑIBLE NO CENTRO. 


A continuación, premendo a imaxe, info sobre horarios, grupos, idades, etc: