mércores, 23 de decembro de 2020


 VOLTAMOS o VENRES 8 de XANEIRO...!!    (ou o 11 se así o determina a Xunta)

xoves, 26 de novembro de 2020

xoves, 15 de outubro de 2020

xoves, 24 de setembro de 2020

 


ESTIMAD@S USUARI@S:

Agardamos esteades todas e todos ben. Queremos informarvos de que o protocolo xa está aprobado e está exposto na pestana "MEDIDAS COVID" e a actividade do Centro poderá, con certas modificacións relacionadas coa seguridade, finalmente retomarse!

As cuestións máis relevantes deste protocolo céntranse na idea de reducir ó máximo o risco de transmisión do virus entre a poboación escolar de diferentes centros de ensino que se mesturarían na escola, polo que as clases grupais excepto Historia e Arranxos suspéndense e non se iniciarán ate que as autoridades sanitarias notifiquen que os niveis de transmisión do virus están estabilizados.


O día de escolla de horarios no que ides recibir a chamada do profesor/a para marcar a clase de instrumento vai ser:
CHAMADAS O LUNS 28 Setembro: PIANO, TROMPETA E TROMPA
CHAMADAS O Martes 29 Setembro: CLARINETE, SAXOFÓN, FRAUTA, TROMBÓN, BOMBARDINO
TEDES A ORDE DE ESCOLLA QUE ESTABLECEU O SORTEO na pestana "MATRICULA 20 21"

Por favor, leede integramente o Comunicado que vos achegamos en imaxe así como o tríptico resumo do Protocolo Covid-19 da Escola que está tamén na pestana "MEDIDAS COVID"

!!RECORDADE QUE AS CLASES COMEZARÁN O LUNS 5 DE OUTUBRO!!

Desculpade todos os inconvintes. Agardamos veros a tod@s pronto!!

O Equipo directivo.



venres, 4 de setembro de 2020

 XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ESTABLECE A ORDE DE 

QUENDAS PARA A ELECCION DO HORARIO DA CLASE 

INDIVIDUAL CURSO 2020-21. Toda a info na pestana "MATRICULA 20 21" 


 

xoves, 2 de xullo de 2020

XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO EFECTUADO o 1 de Xullo do 2020 QUE ADXUDICA AS PRAZAS DE NOVO INGRESO para o CURSO 2020-21 e a CONVOCATORIA PARA A FORMALIZACION DA MATRICULA DO ALUMNADO QUE OBTÉN PRAZA. 

Máis info na pestana " NOVO INGRESO 20-21"

martes, 30 de xuño de 2020

XA ESTÁ PUBLICADO o RESULTADO da BAREMACION das solicitudes de desconto nas cotas da Escola Municipal de Música para o curso 2020-21. Podedes consultalas na pestana "MATRICULA 20 21"

domingo, 21 de xuño de 2020




21 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA

Cada solsticio de verán, o 21 de xuño, a Unión Europea celebra unha xornada destinada a promover o intercambio cultural entre os pobos, o transvasamento musical duns territorios a outros. É o Día Mundial da Música.

A Escola de Música quere aproveitar esta data, adoptada como "Día Internacional da Música", para reproducir ese intercambio cultural e presentarvos unha serie de 4 vídeos protagonizados polos alumnos e alumnas nos que se foron pasando o sinxelo "RETO DA MÚSICA VIAXEIRA" que consiste en que cada un deles toca un fragmento musical que lle atrae e reta a un compañeiro a facer o mesmo.

Levar a música polos fogares durante o confinamento. Tratar de darlle normalidade a esta situación tan extraordinaria que os nosos e nosas peques afrontaron con tanta enteireza. Na que arrimaron o seu hombreiro, transmitiron a súa vitalidade, o seu amor e a súa inocencia. Ate o punto de ser os que puxeron sentido onde xa non o había. Para todos eles vai dedicada esta serie de vídeos. Para eles o noso maior recoñecemento, o noso aplauso e o noso sincero agradecemento por todo o esforzo realizado.

UNHA FORTE APERTA PARA TOD@S.
FELIZ FIN DE CURSO.
FELIZ VERÁN!!



 Enlace vídeo Frautistas:

Enlace Videos Trompistas e Trompetistas:

Enlace Videos Pianistas:


Enlace Videos Clarinetistas e Saxofonistas:

mércores, 3 de xuño de 2020


AS AUDICIONS DE FIN DE CURSO XA ESTÁN EN MARCHA!!
  SERÁN AS PRIMEIRAS ACTUACIONS ONLINE DA HISTORIA DA ESCOLA.

SOLICITA O TEU CÓDIGO en escolammm@hotmail.com PARA ACCEDER E ESCOITAR Ó ALUMNADO DO CENTRO. 

AFORO LIMITADO. As Audicións de Iniciación Musical serán exclusivas para familiares.

A continuación un resumo do funcionamento:



XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NA ESCOLA DE MUSICA! 

Do 1 ó 26 de Xuño recolleranse no Concello de 09:00h a 13:00h de Luns a Venres (solicitando cita previa) as solicitudes de praza para cursar estudos musicais.

Toda a info na pestana " NOVO INGRESO 20-21"

xoves, 28 de maio de 2020

MATRICULA CURSO 2020-21

Recordamos que o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso será do 8 ó 19 de Xuño e poderase facer vía email ou presencialmente na Escola (concertando cita previa no 986310558 de 10h a 14h). A escola está aberta para información e para recoller os formularios si o preferides en lugar de imprimilos.


Informamos, por si vos é de interese, de que o prazo para solicitar praza de Novo Ingreso o prazo será do 1 ó 26 de Xuño e as opcións serán presencialmente no mostrador de Información do Concello con cita previa ( tfn 986310100) ou vía telemática dende a páxina do Concello.

TEDES TODA A INFO NECESARIA e DOCUMENTOS NA PESTANA : "MATRICULA 20 21"


Comentarvos, dado que a previsión é que non se reinicien as clases ate Setembro, que a Avaliación final non recollerá o rendemento en sentido negativo deste terceiro trimestre e as probas de acceso de nivel (alumnado de LM5 e Instrumento 6) non terán lugar. En consonancia co decreto do Ministerio, ningún alumno ou alumna terá que repetir curso, si ben recomendaremos nalgúns casos a participación nas clases de reforzo ao alumnado que consideramos o precisa. Os boletíns de cualificación entregaranse vía email.
Comentarvos tamén que estamos a organizar as Audicións de fin de Curso, a celebrar do 8 ao 19 de Xuño, nas que participará todo o alumnado en vídeo chamada, con acceso  en aberto previa solicitude. Publicaremos o programa e daremos instrucións precisas sobre o funcionamento na vindeira semana. 

O inicio do  curso que ven está previsto para o 14 de Setembro. Queremos anticiparvos que na Escola adoptaranse todas as medidas decretadas polo Ministerio e/ou Consellería de Sanidade en canto á hixiene e prevención de riscos e, en todo caso, enfocamos dende xa unha serie de cambios organizativos para mentres perdure a situación extraordinaria. Así, todas as aulas grupais impartiranse na sala ( 78m2), utilizando vías de entrada e saída diferentes. As clases de iniciación musical veranse reducidas a unha única sesión semanal e os grupos grandes desdobraranse si así o establece o órgano competente. As clases colectivas de instrumento suspenderanse temporalmente e só se impartirán aulas individuais. Todo coa finalidade de respectar a distancia de seguridade e evitar aglomeracións, co  principio fundamental de coidar ás persoas.

luns, 16 de marzo de 2020



PLAN MUSICA NA CASA -  ACTIVIDADES TELEMÁTICAS PARA O ALUMNADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA
A situación derivada do estado de alarma co peche dos centros de ensino motiva que a Escola Municipal de Música de Moaña propoña un plan de seguimento telemático da evolución musical de todo o alumnado. Coa finalidade de manter activa a súa formación nestes días de illamento, farémosvos unha serie de propostas, en todo caso non avaliables, que pretenden na medida do posible continuar coa normalidade mantendo viva a música na casa.

Descargade aqui a nota íntegra e o anexo cos emails de contacto:



 

xoves, 12 de marzo de 2020




En virtude do comunicado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que avanzou o día 12 de Marzo na rolda de prensa do Consello, póñense en marcha novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada.

Neste senso, o Concello, facendo eco da recomendación ordeou o peche do centro dende a tarde de hoxe, polo que a Escola Municipal de Música de Moaña PERMANECERÁ PECHADA ATA NOVO AVISO.

Para calquera aclaración, por favor, contactade no tfn 986310558 ou no correo electrónico do centro escolammm@hotmail.com




CANCELADOS OS EVENTOS DA Escola Musica Municipal Moana ate novo aviso!

O Concello de Moaña decidiu onte Mércores 11 anular,como medida preventiva, os eventos e actos en espazos pechados nos que non se garanta unha separación mínima dun metro entre persoas.
Unha vez remitan as incidencias nos contaxios reorganizaranse para ofrecelos de novo!
Desculpade as molestias.

martes, 3 de marzo de 2020



O vindeiro Mércores 18 de Marzo, ás 18:30h no IES as Barxas, celebramos o Festival Benéfico da Escola de Música Municipal, en pro das persoas con recursos máis limitados de Moaña. Coa finalidade de recadar alimentos non perecedoiros e bens de consumo domésticoe superar os 425Kg recadados o pasado ano!

  É a séptima edición deste evento que cada inicio da primavera pretende acadar o maior número de kilos de alimento que, una vez rematado, xestionará por esta vez a organización Cáritas de San Martiño para facelo chegar ás persoas que habitualmente necesitan deste servizo altruista supervisado polos servizos sociais do Concello.

O prezo da Entrada é, cando menos, 1 Kg de comida non perecedoira, como conservas, leite, arroz, pasta, azucre, aceite, legumes, galletas ou similar ou tamén produtos de hixiene e limpeza do fogar para todo aquel que asista, independentemente da idade. 

A actividade ten como finalidade:
• Achegar por parte do Centro o grao de area no apartado de colaboración social.
• Fomentar no alumnado o hábito de cooperación e solidariedade
• Traballar co alumnado a capacidade loxística e organizativa na xestión de recursos deste tipo.


Actuarán a BANDA INFANTIL, OS COMBOS DA ESCOLA, A BANDA XUVENIL E A BIGBAND que teñen preparado un repertorio variado de temas tradicionais, populares, Bandas sonoras e pezas máis modernas para animar ao público presente e convidan a todas e todos a colaborar con esta causa, achegando a colaboura mesmo si non poden quedar ao evento.
NON FALTEDES!! e si non podedes asistir COLABORADE IGUALMENTE ENTREGANDO NO CENTRO OS DIAS PREVIOS OU NO MESMO DÍA DENDE AS 16:30h no IES AS BARXAS a vosa ACHEGA...!!! MOITAS GRAZAS!!






martes, 11 de febreiro de 2020


Agardámosvos a tod@s!! O vindeiro Xoves 27 de Febreiro a partires das 18h no CSC D. Castelao celebraremos a Festa do Entroido 2020 da Escola Municipal de Música!!!

Faremos baile discoteca, merendola e actuación das catro comparsas da escola e as dúas covidadas!

xoves, 23 de xaneiro de 2020


Os vindeiros 12 e 13 de Marzo, os alumnos e alumnas de infantil e primaria dos centros de Moaña presenciarán no CSC Daniel Castelao, un conto musicado e interpretado pola Escola de Música chamado "Wangari e as árbores da paz". Nel coñecerán a historia de esta muller africana, loitadora incansable na defensa das mulleres e o medio ambiente,
baseado no libro de Jeanette Winter, ed. Ekaré.