lunes, 23 de junio de 2014

ABERTO PRAZO INSCRIPCIÓN


XA ESTA ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA DE NOVO INGRESO NA EMMM.

do 24 de Xuño ó 12 de Setembro recolleranse no Concello de 08:30h a 13:30h de Luns a Venres as solicitudes de praza para cursar estudos musicais.  O sorteo realizarase o 17 de Setembro ás 20h na Escola de Música. Os empadroados en Moaña terán preferencia.


Xa se coñecen as prazas ofertadas que serán:

20 prazas para Iniciación Musical (alumnos nados entre o 2011 e 2007)
7 prazas para Formación Instrumental (alumnos nados entre 2006 e 1998)
6 prazas para Formación Instrumental adultos ( alumnos nados no 1997 ou anteriores)
6 prazas para CURSO anual de MUSICA ACTIVA (alumnos nados entre o 2006 e 2004)
14 prazas para CURSOS anuais en CORO, COMBO, BANDA para alumnos con experiencia nun instrumento (nados no 2003 e anteriores)

MAIS INFO sobre horarios, prezos e prazas pormenorizadas NA PESTANA superior  "NOVO INGRESO"

miércoles, 18 de junio de 2014

FESTIVAL XV ANIVERSARIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA


FESTIVAL  XV ANIVERSARIO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MOAÑA

O vindeiro Venres 20 de Xuño na CASA DA MÚSICA de San Martiño e a súa Carballeira a Escola de Música entra en escena con todo o seu arsenal musical. Este ano celébrase o XV Aniversario da Escola como institución dende que, no ano 1999 dotárase  dunha sede permanente e  dun proxecto educativo.  Son 15 anos de intenso traballo en beneficio da educación musical e cultural no Concello que obtén xa nos primeiros anos un resultado visible e que basea a súa actividade na formación práctica. A escola leva celebradas nestes 15 cursos un total de 

218 Audicións de alumnos/as
52 Festivais e concertos
6 Encontros con outras escolas
3 Concentracións Musicais de fin de semana
9 Concertos didácticos masivos a escolares
44 Cursos e obradoiros

nas que a totalidade do alumnado participa activamente
Este Festival non é menos e actuarán ó longo das 4h de duración uns 220 nen@s, moz@s  e adult@s dos diferentes grupos da Escola e dos Obradoiros Musicais.  O programa queda como segue:


lunes, 2 de junio de 2014



XA están en marcha as AUDICIÓNS DO 3º TRIMESTRE da ESCOLA MUNICIPAL. As alumnas e alumnos do centro protagonizan os recitais de final de curso nunhas semanas repletas de eventos.

Destaca a audición do Xoves ás 20h de alumnos de 8º Curso que rematan a súa formación musical na Escola e que ofrecerán, entre outras, varias pezas preparadas por eles mesmos. 

O LUNS 16 de Xuño os máis cativos da Escola actuarán no CSC. D. Castelao no FESTIVAL de INICIACION que clausura a súa programación anual.

A entrada ós diferentes concertos é de balde ate completar aforo. Non as perdades...!