martes, 3 de decembro de 2019

O VINDEIRO XOVES 5 ás 18:00h no Concello de Moaña, o alumnado da Escola Musica Municipal Moana participa cun Concerto no " Día do aceso das Luces do Nadal 2019" !!!
Participan nenos e nenas dende 6 anos, memobros e membras dos diferentes COROS da escola e de varias agrupacións instrumentais.

NON VOLO PERDADES!!!

martes, 29 de outubro de 2019


O VINDEIRO XOVES 21 DE NOVEMBRO a partires das 18:30h A Escola celebra este sinalado día con unha tarde gastronómica e musical!!

Contaremos con:

PROXECCION DE VIDEOS MUSICAIS CURIOSOS
CONCERTO A CARGO DO ALUMNADO
VIII CONCURSO DE DOCES E SALGADOS


ANIMÁMOSVOS ENCARECIDAMENTE A PARTICIPAR NO CONCURSO COMO UNHA MOTIVACIÓN EXTRA PARA FACER ALGO EN FAMILIA NESA SEMANA!! (AINDA QUE TAMÉN PODEREDES ASISTIR SIMPLEMENTE A ESCOITAR MÚSICA E DEGUSTAR E VALORAR AS CREACIÓNS CULINARIAS)

PODEREDES CONCURSAR NAS DÚAS CATEGORÍAS PERO UNICAMENTE CON UNHA CREACIÓN EN CADA UNHA DELAS.

O PRODUCTO TERÁ QUE TER UN FORMATO CÓMODO PARA COLLER COA MAN, COMO GALLETA, BISCOITO, PASTA DE TÉ OU NOS SALGADOS, MONTADITOS, CANAPÉS, TARTALETAS, VASIÑOS ETC… E DEBERÁN INCLUIR O SOPORTE PARA POUSAR DIRECTAMENTE NA MESA (PRATO, BANDEXA…)

HABERÁ DISPOSTO UN LUGAR PARA DEPOSITALOS Á CHEGADA, INDICANDO O CREADOR/A E O NOME DO PRODUCTO.
A DEGUSTACIÓN SERÁ AS 19:30h E A ENTREGA DE PREMIOS SOBRE AS 20h, PARA A CAL É IMPORTANTE AGARDEDES.

ADEMÁIS DISO, RECORDADE...!VIDEOS DIVERTIDOS E MÚSICA EN DIRECTO A CARGO DO ALUMNADO! NON FALTEDES!!

NOTA: AS CLASES SUSPENDERANSE A PARTIRES DAS 18:30h


luns, 30 de setembro de 2019



INSCRICIÓN A PARTIRES DO 1 de OUTUBRO ás 16h

ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón"  en colaboración coa  Escola Municipal de Música de Moaña  vos presentan  os:



“Obradoiros Musicais” edición 2019 -20


Esta serie de aulas e cursos comezan o Venres 4 de Outubro, están dirixidos  a nenos e maiores afeccionados  e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música  de xeito ameno, práctico e inmediato.

*Máis info na pestana "OBRADOIROS"

martes, 10 de setembro de 2019

Benvid@s ao curso 19-20! 

Recordade: mañan elección do horario da clase de instrumento!! 


Consultade os horarios das quendas  na pestana " MATRICULA 19-20"

mércores, 3 de xullo de 2019


QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES para aprender a tocar a trompa e o bombardino !!

A TROMPA É ESTA: https://www.youtube.com/watch?v=_HNZ7JlM76I

O BOMBARDINO É ESTE: https://www.youtube.com/watch?v=QUj6YKXT90Q


Para máis info: tfn 986310558 (mañáns) escolammm@hotmail.com

Ademáis de intrumento practicarías a Linguaxe Musical e participarías en agrupacións como Musicactiva ou Banda de Música
Non perdas a oportunidade de entrar na EmmM...!

martes, 25 de xuño de 2019

XA ESTÁ EFECTUADA A PUBLICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS PARA NOVOS INGRESOS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA para o Curso 2019-20 e AS BASES PARA O PROCEDEMENTO DO SEU SORTEO 
Máis info na pestana "NOVO INGRESO 19-20"

martes, 18 de xuño de 2019

XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ESTABLECE A QUENDA PARA A ESCOLLA DOS HORARIOS DA CLASE DE INSTRUMENTO                                                 Máis info na pestana "MATRICULA 19-20"

luns, 17 de xuño de 2019

 
FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MOAÑA. "XX ANIVERSARIO - VINTE ANOS AO RITMO DA MÚSICA"
PROPOSTA CULTURAL MOI DIVERSA COA PARTICIPACIÓN DAS DIFERENTES AGRUPACIÓNS DO CENTRO:
MUSICACTIVA
BANDA INFANTIL
BANDA XUVENIL
CORO
COMBO
BIGBAND
 
ACTUACIÓN DOS GRUPOS DE PEQUEDANCE, HIPHOP E DANCEMX DOS OBRADOIROS ORGANIZADOS POLA ANPA "DIAPASÓN"
 
E, COMO NON, CONTAREMOS TAMÉN COA PARTICIPACIÓN DE EX-ALUMNOS DA ESCOLA QUE NOS OFRECERÁN ALGÚN TEMA E SE INCORPORARÁN ÁS AGRUPACIÓNS ACTUAIS CONFORMANDO UNHA GRAN BANDA DE MÚSICA.

 
HABERÁ TAMÉN UNHA PEQUENA PROXECCIÓN CONMEMORATIVA DOS VINTE ANOS DESTA ETAPA DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL E POREMOS Á VENDA OS CD´s DO ALUMNADO ASÍ COMO REPARTIREMOS GRATUITAMENTE A REVISTA DA ESCOLA

GRAN MARATÓN MUSICAL PARA POÑER O PECHE A ESTE ANO TAN ESPECIAL!!

NON VOLO PERDADES!!

martes, 11 de xuño de 2019



O VINDEIRO VENRES 14 de XUÑO, ás 18:30h no D. Castelao de Quintela, Moaña, FESTIVAL FIN DE CURSO DOS NENOS E NENAS DE INICIACION MUSICAL DA Escola Musica Municipal Moana...!
PARTICIPARÁN OS e AS ALUMNOS/AS de 3 a 7 anos das aulas de Iniciación e os e as alumnos/as de 3 a 5 anos de Musicaventuras dos Obradoiros Musicais da ANPA Diapasón, que escenificarán un conto musicado preparado para a ocasión!!
ATENCIÓN PORQUE É SORPRESA!! non volo perdades!!


PROGRAMA DE AUDICIÓNS FIN DE CURSO 2018-19

A partires do Martes  11 de Xuño poderemos escoitar ao alumnado da Escola Municipal de Música nos seus diferentes recitais, cun repertorio moi variado e preparado con moita ilusión para o disfrute! :
   

MARTES 11     PIANO peques   ás 20:00h
Mércores 12    Alumnos/as 8º    ás 20:00h 
VENRES 14    SAXOFÓN       ás  17:00
LUNS 17  TROMBON, BOMBARDINO e TUBA pequenos   ás 17:00
 LUNS 17       CLARINETE    ás 20:00
MARTES 18    PIANO maiores   ás  17:00
MARTES 18      Adultos/as   ás  20:00
Mércores 19    TROMBON, BOMBARDINO e TUBA maiores ás 17:00   
Xoves 20    FRAUTA       ás  17:00
Xoves 20 Trompa/Trompeta       ás 20:00  
 
 
 




xoves, 30 de maio de 2019





ÁBRESE O PRAZO  PARA SOLICITAR PRAZA DE NOVO INGRESO NA EMMM.


Do 1 ó 25 de Xuño recolleranse no Concello de 09:00h a 13:00h de Luns a Venres as solicitudes de praza para cursar estudos musicais.
 
 
*máis info na pestana NOVO INGRESO 19-20     

venres, 15 de marzo de 2019

"PACO CAMALEÓN"

"PACO CAMALEÓN" CONTO MUSICADO PARA ESCOLARES
 






O pasado mércores 13 de xoves 14 de Marzo, a Escola Municipal de Música de Moaña ofreceu aos escolares  das escolas públicas de Moaña un concerto infantil. Máis de mil escolares dos 10 centros de Ensino público, incluída a Galiña azul, asistiron ás sesións que o profesorado da Escola preparou este curso. Os nenos, de 2 a 10 anos ian chegando e agardando na porta a que os compañeiros da sesión anterior saíran e deixaran espazo libre. Dentro, gran variedade de instrumentos e unha proxección visual agardaban con entusiasmo.

A proposta deste ano: "PACO O CAMALEÓN" partiu da idea de explorar algúns dos diferentes estilos musicais que se poden escoitar por todo o mundo.
 
O conto, con guión orixinal de María González, comeza así:
"Paco Camaleón naceu en Madagascar. Pertencía a unha familia de camaleóns africanos emigrantes, que cruzaron o océano hai millóns de anos subidos en polas de baobabs.
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."

O animaliño protagonista,  sin saber como nin por qué, acaba no Zoo do Bronx e decide, farto da monotonía, escapar coa axuda da súa amiga xirafa rapeira. Unha vez fóra, alí en Nova Iork, descubre o Rap e dando renda a súa creatividade proba a mesturar a súa melodía identificativa,  unha versión creada para a ocasión do tema principal do 2º movem. da 94º Sinfonía de F. J. Haydn, con este estilo rueiro. O resultado é sorprendente... rap e música clásica!

Grazas ás sementes de baobab que a súa amiga xirafa lle regalou no zoo, Paco pode viaxar, como por arte de maxia, a diversos lugares do mundo nos que atoparase con outros animais e outras músicas, cadansúa máis particular e propia do lugar. Así, visitará Cuba, onde soará na rúa o "Oye como va" de Carlos Santana e coñecerá a un papagaio moi faladeiro. Despois da conversa, Paco animarase a crear unha nova mestura do seu tema propio co estilo do lugar. Imaxinade a Sinfonía 94 de Haydn con base de son cubano...

Logo desto visitará New Orleans... onde soará "Blue Monk" de Thelonius Monk  e, como non, unha nova mestura da súa melodía co jazz ó estilo máis auténtico de Marching Brass Band. Visitará Viena, onde escoitará unha versión da "Sinfonía dos xoguetes " de W.A. Mozart, é decir música do Clasicismo. En Xamaica escoitará un reggae: " No woman, no cry" de Bob Marley. En China unha "marcha popular", en Kenia  unha  danza tradicional  chamada "Miwoe Nenyo", en Berlín unha  "melodía tecno" de Gigi D´Agostino e en Londres  o máis famoso dos temas Rock : "We will rock you " de Queen

En todos os lugares e cancións haberá, grazas á imaxinativa de Paco unha nova versión da súa melodía de Haydn mesturada co estilo local.... Haydn en versión reggae, versión oriental, versión música disco, versión rock e... xa no final da historia, como non podía ser menos e aconsellado polo raposo londinense, Paco viaxa finalmente a Galicia onde soará a "Muiñeira do molete" e onde se sentirá "como en casa" e...quen sabe, onde quizais quede para sempre.

En total 35 minutos repletos de música, 30 cancións incluindo todas as veces que esa melodía que identificaba a Paco se entoaba cada vez que coñecía a un novo animal e que os e as asistentes, o público infantil ó que ía dirixida, coreaba con emoción, pois xa a sabían por traballala previamente no seu colexio.

O material, foi deseñado e enviado a todos os centros para que cada profesor e profesora dedicase un tempo a escoitala e practicala cos seus alumnos, pos así vivirían a experiencia de asistir a un concerto de maneira máis interactiva. Na proposta deste ano, os profesores da escola optaron por unha melodía clásica para dala a coñecer entre o público máis novo e, especialmente, para demostrar que a música , en certo modo non ten idade, é atemporal. A creatividade dun compositor tan xenial como Haydn é compatible coa música tradicional africana ou co estilo dun DJ do S.XXI

Esta idea ven ademáis a demostrar que a linguaxe musical non ten límites: é universal. Existe dende as orixes da humanidade e evoluciona co paso do tempo de diferentes xeitos, pero que, ao contrario da linguaxe falada, son todos comprensibles e compatibles.
Demostra tamén que as posibilidades creativas desta son infinitas. Os nenos sinten isto como algo natural, non forzado e poden adquirir dunha maneira intuitiva todos os beneficios que a práctica musical lles aporta, por exemplo cantando dende as butacas cos músicos do escenario. Coa historia do noso amigo Paco son conscientes en maior ou menor grao de que en cada un de nós está a capacidade para crear.

Pero a mensaxe vai máis alá. Esta historia nos fala de diversas culturas en lugares moi afastados entre sí,  das capacidades que cada cultura ten para desenvolverse ao longo do tempo. A través da música, Paco Camaleón nos ensina a respectalas e , por tanto, a respectar a identidade allea, algo que hoxe máis que nunca debe formar parte dos fundamentos da educación.


O equipo de profesores da Emmm.

xoves, 7 de febreiro de 2019


O VINDEIRO 7 DE MARZO A PARTIRES DAS 17:30h CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL...!!!

ÁS 17:30h FAREMOS UN BAILE DE DISFRACES E UN CONCURSO KARAOKE PARA O CAL DEBEREDES ANOTARVOS CON ANTELACIÓN, INDICANDO O ENLACE DO VÍDEO (KARAOKE) QUE IDES USAR PARA CANTAR. PODEDES PARTICIPAR INDIVIDUALMENTE OU EN PARELLA OU GRUPO. HABERÁ PREMIOS PARA OS FINALISTAS...!!

LOGO, AS 19:00h  E ANTES DA ACTUACIÓN DAS COMPARSAS, ENTREGA DE PREMIOS E TAMÉN MERENDAREMOS XUNTOS CO QUE APORTEDES PARA COMPARTIR. ANIMÁDEVOS E COCIÑADE ALGÚN APERITIVO TÍPICO DAS FESTAS!!

A COMO REMATE, UN ANO MÁIS CONTAREMOS COA ACTUACIÓN DE DÚAS GRANDES COMPARSAS DO PANORAMA DA SÁTIRA MOAÑESA COMO SON "FOLLAS NOVAS" E "ANIMODO"

NON FALTEDES!!! ÍMOLO PASAR MOI BEN!!