martes, 12 de decembro de 2023

xoves, 30 de novembro de 2023

 


A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES VEN DE CONCEDER AO CONCELLO DE MOAÑA UNHA AXUDA DE 3101,69€ INCLUÍDA DENTRO DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DIRIXIDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS AO ABEIRO DA ORDE DO 25 DE MAIO DE 2023.

xoves, 1 de xuño de 2023


 

Unhas 25 prazas de Novo Ingreso para o vindeiro curso 23-24 na Escola Municipal de Música de Moaña para alumnado dende 3 anos a adultos (idade cumprida no 2023)

A escola abre o prazo de solicitude de praza para entrar a formar parte do alumnado do centro. A oferta definitiva saberase o Luns 26 de Xuño e o sorteo realizarase o Mércores 28 en horario de tarde.

TODA A INFO NA PESTANA NOVO INGRESO 23-24:





 


 FESTIVAL DE INICIACIÓN MUSICAL DA EMMM.
O alumnado de Ini 3 a Ini 7 ten unha actuación preparada para sorprender a tod@s @s que se acheguen a velos e escoitalos!!!
Montaxe baseada no conto "Nós estamos aquí" de Oliver Jeffers. Na carballeira da Reitoral del San Martiño. (No caso de choiva trasladarase ao CSC D. Castelao

xoves, 18 de maio de 2023

xoves, 30 de marzo de 2023

 



Prezadas familias:


Recordamos que, segundo establece o calendario escolar, o período de vacacións de Semana Santa será do 3 ao 10 de Abril, ámbolos dous inclusive. As clases reanúdanse por tanto o martes 11.


Recordarvos tamén que debido á Convivencia musical que o centro celebra este ano en Carballiño, o Venres 14 de Abril non se impartirán clases, exceptuando as dos obradoiros de Guitarra e Hip Hop.

As agrupacións participantes ofrecerán un concerto na propia Residencia de Tempo libre o Domingo 16 ás 17h

Compartimos enlace da ubicación da Residencia:

martes, 14 de marzo de 2023


 

UN ANO MÁIS, A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA, TEN O PRACER DE PRESENTAR O "FESTIVAL BENÉFICO"  


EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS DO CARMEN, en pro das persoas de recursos máis limitados do Municipio, recadaremos alimentos non perecedoiros e consumibles de fogar. Así, o evento terá o prezo de cando menos 1 Kg destes produtos. Aceite, leite, legumes, arroz, conservas ou produtos de hixiene...son todos ben recibidos. Incluso as e os músicos   participantes achegarán, xunto coa súas interpretacións, as súas “entradas” en forma de alimento.

O  evento realizarase no IES as Barxas o Mércores 22 de Marzo ás 18h

No caso de non poder asisitir pero querer colaborar coa iniciativa propoñemos entregar a vosa achega á recollida de alimentos na porta do Instituto de 17h a 18h ou tamén na Escola de Música en horario de tarde os dous días previos ao Festival

ASISTIDE...! COLABORADE...!


xoves, 16 de febreiro de 2023

martes, 10 de xaneiro de 2023


 

ESTE LUNS 9 DE XANEIRO VOLTAMOS ÁS AULAS DA EMMM. AGARDAMOS QUE DESCANSÁRADES MOITO E QUE COMEZÁRADES BEN O ANO. VÉMONOS NA ESCOLA!!