miércoles, 12 de junio de 2013

CONCERTOS FIN DE CURSO




Cartel do Festival 21 de XUÑO


CICLO DE CONCERTOS DE FIN DE CURSO:

A Escola de Música  presenta un total de 12 eventos nos que os alumnos lucirán parte do repertorio aprendido estos últimos meses de actividade.

Destacar o mércores 12, concerto de fin de grado do alumnado que remata a formación, o Venres 14, co festival de Iniciación Musical, no D.Castelao, o Festival dos Obradoiros Musicais da Escola de Música o xoves 20 e o Festival fin de Curso “día Internacional de Música” o 21 de Xuño en San Martiño.


MÉRCORES 5 –20:30h- Escola Música- Recital Alumnos Coco

LUNS 10     - 20:00h – Escola Música- Audición Saxofón

MARTES 11 -17:00h – Escola Música- Audición Trombón e Bombardino

MÉRCORES 12-20:30h –Escola Música- Recital alumnos fin de Grado

XOVES 13  -17:30h – Escola Música- Audición Frauta
            20:00h –Escola Música- Audición Clarinete

VENRES 14 -18:30h – Aud D Castelao- Festival Iniciación

LUNS 17  -20:00h – Escola Música- Recital Alumnos Adultos

MARTES 18 -20:00h – Escola Música- Audición Trompeta e Trompa

MÉRCORES 19-17:00h – Escola Música- Audición Piano


XOVES 20 -19:00h – Aud D Castelao FESTIVAL OBRADOIROS 2013.
Parte das aulas da oferta educativa en formato obradoiros musicais que este ano organiza a ANPA DA ESCOLA sairán a escenario para demostrar o aprendido durante o curso. Serán os alumnos de Batería, Guitarra e Grupo POP os encargados de poñerlle o peche a todo un ano prácticas, ensaios e clases.


O VENRES 21 -18:00h – En San Martiño celébrase o FESTIVAL
“DIA INTERNACIONAL DA MÚSICA”
No que ofreceremos 4 horas de música en directo en varios escenarios, revalorizando a parroquia máis antiga de Moaña e aproveitando os espazos exteriores da zona.
Acutarán a Banda infantil, A banda Xuveníl, os coros da Escola, Os alumnos e alumnas de Hip Hop e Pequedance, os Grupos POP e o COMBO da Escola
No Adro vello de San Martiño, no Patio da Reitoral, sede da escola de Música e na propia sala de audicións da Escola