xoves, 30 de marzo de 2023

 



Prezadas familias:


Recordamos que, segundo establece o calendario escolar, o período de vacacións de Semana Santa será do 3 ao 10 de Abril, ámbolos dous inclusive. As clases reanúdanse por tanto o martes 11.


Recordarvos tamén que debido á Convivencia musical que o centro celebra este ano en Carballiño, o Venres 14 de Abril non se impartirán clases, exceptuando as dos obradoiros de Guitarra e Hip Hop.

As agrupacións participantes ofrecerán un concerto na propia Residencia de Tempo libre o Domingo 16 ás 17h

Compartimos enlace da ubicación da Residencia:

Ningún comentario:

Publicar un comentario