xoves, 27 de maio de 2021


Despois de un ano sen poder celebrar eventos no centro, este Xuño o alumnado da Escola ofreceravos unhas emocionantes audicións presenciais. Serán celebradas na Carballeira da Reitoral e estarán abertas para o público xeral. Haberá entradas reservadas para os convivintes do alumnado e haberá a maiores 10 entradas libres en cada audición que serán adxudicadas previa solicitude ao email escolammm@hotmail.com. A adxudicación destas será por orde de recepción. Para asistir a algunha das audicións do programa deberás seguir as seguintes INSTRUCCIONS:


As familias comunicarán por email o número de entradas que solicitan. Poderán ser unicamente para persoas convivintes no mesmo domicilio do/a alumno/a. No caso de pais non convivintes poderán solicitar para os dous domicilios. As direccións de email dependerán da audición á que se quere asistir. (As persoas non convivintes deberán solicitalas en escolammm@hotmail.com )



PIANO mariagg.emmm@gmail.com

TROMBON, TUBA, BOMBARDINO salva.emmm@gmail.com

FRAUTA susigs.emmm@gmail.com

TROMPA E TROMPETA davidsd.emmm@gmail.com

CLARINETE E SAXOFON lino.emmm@gmail.com


O alumnado recibirá as entradas solicitadas os días previos ás audicións. Teñen que entregarse cubertas cos datos á chegada ao recinto.

A entrada farase pola rampa exterior de acceso á carballeira. O recinto abrirase 5 min antes da actuación.

O persoal do centro indicará a cadeira que poden ocupar. O público non se poderá mover libremente polo espazo.

Evitaranse aglomeracións á entrada e saída respectando a distancia de seguridade. O uso da máscara de protección é obrigatorio.

Por cuestións organizativas, algunhas clases veranse suspendidas. O/a profesor/a da materia avisará con antelación.

No caso de mal tempo, a audición posporase para a seguinte semana, no mesmo día e hora. ( As audicións do mércores reubicaranse no luns 21 ou martes 22 de Xuño)






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario