martes, 3 de marzo de 2020



O vindeiro Mércores 18 de Marzo, ás 18:30h no IES as Barxas, celebramos o Festival Benéfico da Escola de Música Municipal, en pro das persoas con recursos máis limitados de Moaña. Coa finalidade de recadar alimentos non perecedoiros e bens de consumo domésticoe superar os 425Kg recadados o pasado ano!

  É a séptima edición deste evento que cada inicio da primavera pretende acadar o maior número de kilos de alimento que, una vez rematado, xestionará por esta vez a organización Cáritas de San Martiño para facelo chegar ás persoas que habitualmente necesitan deste servizo altruista supervisado polos servizos sociais do Concello.

O prezo da Entrada é, cando menos, 1 Kg de comida non perecedoira, como conservas, leite, arroz, pasta, azucre, aceite, legumes, galletas ou similar ou tamén produtos de hixiene e limpeza do fogar para todo aquel que asista, independentemente da idade. 

A actividade ten como finalidade:
• Achegar por parte do Centro o grao de area no apartado de colaboración social.
• Fomentar no alumnado o hábito de cooperación e solidariedade
• Traballar co alumnado a capacidade loxística e organizativa na xestión de recursos deste tipo.


Actuarán a BANDA INFANTIL, OS COMBOS DA ESCOLA, A BANDA XUVENIL E A BIGBAND que teñen preparado un repertorio variado de temas tradicionais, populares, Bandas sonoras e pezas máis modernas para animar ao público presente e convidan a todas e todos a colaborar con esta causa, achegando a colaboura mesmo si non poden quedar ao evento.
NON FALTEDES!! e si non podedes asistir COLABORADE IGUALMENTE ENTREGANDO NO CENTRO OS DIAS PREVIOS OU NO MESMO DÍA DENDE AS 16:30h no IES AS BARXAS a vosa ACHEGA...!!! MOITAS GRAZAS!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario