luns, 27 de xuño de 2016

SOLICITUDE PRAZA NOVO ACCESO


ULTIMOS DIAS PARA ANOTARSE NO CONCELLO...!

Está aberto ate o 30 de Xuño o prazo para que todos os interesados en acceder ao Centro por primeira vez soliciten praza . O lugar é no Concello en horario de mañán, indicando o tipo de formación á que desexan optar.
Os nados entre o 2013 e 2009 poderán cursar Iniciación Musical
Os nados entre o 2008 e o 2000 poderán cursar Formación Instrumental coa formación complementaria incluida
Os nados entre o 2008 e o 2000 poden solicitar tamén formación en agrupacións, algunhas das cales exisen experiencia demostrable de 3 anos.
Para o alumnado adulto este curso só se abrirán prazas nesta última modalidade, sempre para solicitantes con experiencia de 3 anos
Unha vez recollidas as solicitudes efectuarase un sorteo público e de obrigada presenza para o solicitante o día 8 de Xullo a partires das 18:00h
Pódese consultar a info na propia Escola, no Concello ou na pestana Novo Ingreso deste blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario