venres, 22 de maio de 2015

CONCERTOS DIDACTICOS 2015



A Escola Municipal de Música presenta:


"A Cebra Camila" . Un conto musicalizado e adaptado aos escolares de Educación Infantil e Primaria. 



O 3 e 4 de Xuño, máis de 1000 escolares do Municipio pasarán polo Auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao para asistir a unha das 7 sesións que os profesores do Centro ofrecerán desta montaxe.

Poderán ademais participar activamente do conto tentando recoñecer aos protagonistas segundo o seu
son.

Un concerto didáctico que, como todos os anos, o Centro ofrece aos nenos e nenas para brindarlle a oportunidade de escoitar en directo os instrumentos que nel se imparten e no que atoparán unha morea de estímulos para a súa curiosidade musical.

Ningún comentario:

Publicar un comentario