Os alumnos e alumnas da EMMM conquistan Viana...! 3 días de Convivencia na Vila Portuguesa, con ensaios, excursións , xogos e moita, moita actividade e ledicia (e pouco durmir...!) remataron onte cun Concerto que abarrotou, contra pronóstico polo mal tempo, o salón de Actos da Pousada da Xuventude da cidade.
A Escola leva moito tempo apostando polas actividades de encontro, organizando Intercambios, concentracións, concertos en outras escolas e auditorios e as novas promocións de alumnos seguen a engancharse deste tipo de aprendizaxe que se sae do estrictamente musical. É nestas xuntanzas cando mellor se aprenden os valores de compromiso co grupo, puntualidade, organización e respecto polo feito musical alen onde vaian e así poder afrontarse a situacións futuras como músico, profesional ou non.
A totalidade dos pais e moitos familiares e amigos achegáronse ás 13h para escoitar á Banda Infantil e á Banda Xuvenil que interpretaron repertorio traballado na concentración. Alumn@s e profes xa están, a pesares do esgotamento, pensando cal vai ser o próximo destino deste maravilloso grupo de rapac@s...!


Ningún comentario:
Publicar un comentario