xoves, 24 de marzo de 2022

 

 

 ESTIMADOS/AS USUARIOS E USUARIAS:


 A plataforma "Coros por la paz" esta promovendo unha xuntanza para o vindeiro Domingo 27 de Marzo ás 12h coa finalidade de mostrar a repulsa pola guerra de Ucrania .

 A iniciativa consiste en cantar o Canon "Dona nobis pacem" nas prazas dos concellos e cidades de Europa ás 12h (hora peninsular).

A Escola Municipal de Música xunto co Concello está a organizar a xuntanza a celebrar diante do Concello de Moaña con tódolos coros do pobo e toda a xente que queira participar da iniciativa e coñeza a melodía.


O alumnado da escola de segundo a sexto e o alumnado de Coro xa están a practicar a canción. As demáis persoas que queiran participar estan convidados a vir mañan xoves 24 á clase de coro de 16h a 17h ou de 18h a 19h.

 O DIA DO ACTO:

O Domingo 27 as e os participantes deberán estar ás 11:30h na praza do Concello.

O alumnado co suadoiro lila da Escola.
Os demáis participantes con parte superior amarela (ou lila)

Traede carteis coa vosa demanda para parar esta guerra! Propoñemos incluso que esté escrita en inglés ou Ucraniano

Compartimos enlace da peza "DONA NOBIS PACEM" para que poidades practicala antes do evento:

 https://youtu.be/9fhJ6XrZ4jg

Enlace á noticia no Faro de Vigo:
 
Un canto a la paz desde Moaña - Faro de Vigo

 

Grazas pola vosa colaboración.
Agardamos vos  animedes a participar!




 

 

martes, 15 de marzo de 2022

 


A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA, EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS SAN MARTIÑO TEN O PRACER DE PRESENTAR O

"FESTIVAL BENÉFICO 22" 

En pro das persoas de recursos máis limitados do Municipio, recadaremos alimentos non perecedoiros e consumibles de fogar. Así, o evento terá o prezo de cando menos un Kg destes produtos. Aceite, leite, legumes, arroz, conservas ou produtos de hixiene...son todos ben recibidos. Incluso as e os músicos   participantes achegarán, xunto coa súas interpretacións, as súas “entradas” en forma de alimento.

Celebrarase no Pavillón de Reibón o Mércores 30 de Marzo ás 19h, con aforo dirixido á familiares do alumnado do centro. Parte deste aforo estará dispoñible tamén para as demáis persoas que queiran asistir, que poderán solicitar entrada enviando un correo a escolammm@hotmail.com

No caso de non poder asisitir pero querer colaborar coa iniciativa propoñemos entregar a vosa achega á recollida de alimentos na porta do pavillón de 18h a 19h ou tamén na Escola de Música en horario de tarde os dous días previos ao Festival

ASISTIDE...! COLABORADE...!

 


xoves, 10 de marzo de 2022

 


XA ESTÁN AQUÍ AS AUDICIÓNS DO 2º TRIMESTRE...!!! 
 
O LUNS 21 DE MARZO COMEZAMOS COA PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓNS DO ALUMNADO DA Escola Musica Municipal Moana.
 
DESPOIS DUN FIN DE TRIMESTRE CON TANTAS LIMITACIÓNS REANUDAREMOS POR FIN, CON TODAS AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN APLICABLES POSTAS EN MARCHA, OS CONCERTOS DE ALUMNADO QUE TANTO NUTREN A NOSA ACTIVIDADE.
 
A ENTRADA SERÁ CON AFORO LIMITADO PREVIA SOLICITUDE AO TITOR/A. SE QUEREDES ASISTIR E NON FORMADES PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO (nos sodes familiares directos do alumnado) SIMPLEMENTE ESCRIBIDE A: escolammm@hotmail.com
 
NON VOLAS PERDADES!!!



xoves, 3 de marzo de 2022


Hoxe Festa do Entroido 22 na Escola!
 

Finalmente e por mor da climatoloxía, celebrarémolo co alumnado participante no interior do centro a partires das 17h e no patio exterior ás 18:30h coas comparsas. As nais, pais e público xeral non poderán quedar á primeira parte. Poderedes deixar aos participantes connosco e convocámosvos a todas e todos pois a partires das 18:30h para cando actúen as comparsas.
 

A merenda deberá ser individual. Recordamos que as clases de hoxe quedarán anuladas. 

xoves, 24 de febreiro de 2022


 

O vindeiro Xoves 3 de Marzo queremos celebrar como se merece o “Entroido 22” na Escola de Música. A partires das 17h na Carballeira da Reitoral…!

Participará parte do alumnado do centro con actuacións variadas e ataviad@s co disfrace máis axeitado ao tema que interpreten.

Para amenizar o evento soará música moderna e marchosa..! Ademáis participarán varias comparsas do Entroido de Moaña e haberá agasallos para os participantes!

Poden traer cadansúa merenda que, por protocolo, non compartiremos.

NOTA: Necesario o uso da máscara de protección. No caso de choiva o evento trasladarase ao interior da Escola. Cancelarase a participación das comparsas e os acompañantes e público xeral non poderán asistir. As clases anúlanse para ese día. O Luns 28, Martes 1 e Mércores 2 son días non lectivos.


martes, 30 de novembro de 2021

 

 


O  VINDEIRO 15 DE DECEMBRO A ESCOLA CELEBRA O SEU FESTIVAL DE NADAL!!!

SERÁ NO PAVILLÓN DE REIBÓN E PARTICIPARÁN TODAS AS AGRUPACIÓNS CUN REPERTORIO MOI ANIMADO E UNHAS GAÑAS TREMENDAS DE ACTUAR ANTE O PÚBLICO POR FIN DESPOIS DE TODO ESTE TEMPO DE ESPERA...! 

AGRUPACIÓNS PARTICIPANTES:

BANDA INFANTIL 2

BANDA INFANTIL 3

BANDA XUVENIL 4

BANDA XUVENIL5

BANDA XUVENIL 6

BIG BAND

COMBO

CORO DA EMM 


MÁIS INFO SOBRE O EVENTO:

USO DA MÁSCARA DE PROTECCIÓN OBRIGATORIO

O aforo está limitado a 2 persoas por alumno ou alumna. No caso de atoparse con problemas para xestionar o grupo familiar, por favor consultade co Centro

As e os interesados non convivintes poden solicitar un asento enviado un correo á dirección escolammm@hotmail.com

 As medidas organizativas e de prevención adoptaranse segundo as estipulacións da ORDE do 7 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifican a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría
segura da Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

No seu punto 3.21. que regula o aforo na "Celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros
locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas." 

En concreto, o párrafo 2. "As actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, e en establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas con público sentado poderán desenvolverse sen superar o noventa por cento da capacidade permitida." [...] En todo caso, deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións de acordo co establecido no punto 1.3. 

SOBRE Distancia de seguridade interpersoal. "Na organización das distintas actividades deberán adoptarse as medidas necesarias para
garantir a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros, establecida pola Lei 2/2021, do 29 demarzo, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte ácrise sanitaria ocasionada pola COVID-19, entre grupos de persoas non conviventes. Cando, polas condicións de desenvolvemento da actividade e capacidade máxima autorizadasen cada caso de acordo coas medidas de prevención previstas neste anexo, non sexa posible manter a dita distancia de seguridade, non se permitirá o consumo de
alimentos e bebidas, deberá usarse máscara en todo momento, garantir unha adecuadaventilación e o cumprimento das medidas de prevención e hixiene aplicables, de acordo co establecido neste anexo, sen prexuízo de que se deba procurar manter a máxima separación posible entre os diferentes grupos de persoas non conviventes, así como o debido control para evitar as aglomeracións."

O uso de máscara será obrigatorio nos termos previstos no número 1.4.

xoves, 18 de novembro de 2021


 

AUDICIÓNS DO NADAL 2021 EN MARCHA...!!! 
 
O LUNS 13 DE DECEMBRO COMEZAMOS COA PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓNS DO ALUMNADO DA Escola Musica Municipal Moana.
 
É, DENDE LOGO, UN EVENTO MOI AGARDADO. DESPOIS DE LONGO TEMPO SEN PODER OFRECELO NA SALA DE AUDICIÓNS DA CASA DA MÚSICA, SEDE DA ESCOLA, ESTE DECEMBRO REANUDAREMOS POR FIN, CON TODAS AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN APLICABLES POSTAS EN MARCHA, OS CONCERTOS DE ALUMNADO QUE TANTO NUTREN A NOSA ACTIVIDADE.
 
A ENTRADA SERÁ CON AFORO LIMITADO PREVIA SOLICITUDE AO TITOR/A. SE QUEREDES ASISTIR E NON FORMADES PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO (nos sodes familiares directos do alumnado) SIMPLEMENTE ESCRIBIDE A: escolammm@hotmail.com
 
NON VOLAS PERDADES!!!

 

xoves, 23 de setembro de 2021

PRAZAS DISPOÑIBLES

 

Este curso temos na Escola novas prazas para comezar a aprender música tocando a TROMPA, a TROMPETA ou o TROMBÓN! Hai dispoñibles unha praza de cada especialidade e son para nenas e nenos nados entre o 2013 e 2006 ambos inclusive!

Solicítaa no Rexistro xeral do Concello en horario de mañan cubrindo a instancia que vos facilitarán no mostrador de Información, ou por medio da sede electrónica como instancia xeral. A adxudicación da praza será por orde (día e hora) de recepción da instancia.

A formación comezaría xa en Outubro e constaría dunha clase co instrumento de 20 min con horario pendente de confirmar, unha clase de Linguaxe Musical de 60 min os Luns ás 18h e unha clase de Música Activa de 60 min os Luns ás 19h.

Podedes botar un vistazo aos instrumentos nestes enlaces  para coñecelos algo mellor:

 

TROMPETA

https://www.youtube.com/watch?v=9vwB9S-4h0g

https://www.youtube.com/watch?v=qk1TUqjKtP4

https://www.youtube.com/watch?v=C5YERDfrRjo

TROMPA

https://www.youtube.com/watch?v=PrFFOuorXEE

https://www.youtube.com/watch?v=iQ74Ko0LZ8c

https://www.youtube.com/watch?v=_MkMdlfl8Hg

TROMBON

https://www.youtube.com/watch?v=yRxla4s_uus

https://www.youtube.com/watch?v=LG_YYN2m-2U

https://www.youtube.com/watch?v=tk9XNkHJvxg

 

Animádevos e enganchádevos ao mundo da música!