mércores, 9 de maio de 2018


CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018

Na Carballeira da Reitoral de San Martiño, Mércores 16 Maio ás 19:30h!!
Concerto- Romeiría a cargo da Banda de Gaitas "Gaiteiros de Moaña" da Escola Municipal da Música Tradicional e da Banda Xuvenil da Escola Musica Municipal Moana en homenaxe a María Victoria Moreno Márquez, escritora, poetisa e profesora conmemorada este ano ao contorno desta data.

Ao remate merenda -pinchos organizados polas nais e pais das dúas escolas.!!

Non FALTEDES!!

(No caso de choiva trasladarase ao IES AS BARXAS)


"PLIS PLAS" FESTIVAL



 Non o perdades! 100% recomendable...!

xoves, 3 de maio de 2018

PAGO 3º TRIM 2017-18

ABERTO PRAZO PARA O PAGO DO 3º TRIMESTRE DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA: 
DO 4 DE MAIO Ó 4 DE XULLO.  
OS USUARIOS QUE NON TEÑAN DOMICILIADO O PAGO DEBERÁN TER CONTA DE EFECTUAR O INGRESO.        
A NON RECEPCIÓN DA NOTIFICACIÓN NON EXONERA DA OBRIGA DE PAGO. 

MÁIS INFO  NA NOTA DA IMAXE:




luns, 30 de abril de 2018

INOLVIDABLE....!!!
RECORDAREMOS ESTE ENCONTRO EN CARBALLIÑO 18 COMO UN DOS MÁIS EMOTIVOS E FRUTÍFEROS DE TODOS...! GRANDES CANTIDADES DE SENTIDO E SENSIBILIDADE, COMO DECÍA A PELI, E MOITA, MOITÍSIMA MUSICALIDADE...! 
O CONCERTO FINAL DESEÑADO EN TORNO Á PELICULA "COCO" FOI A MOSTRA DESTE DERROCHE DE TALENTO E ESFORZO POR PARTE DE TOD@S, QUE A MOITOS PUXO A PEL DE GALIÑA ...

MOITAS GRAZAS A TODOS OS ASISTENTES POR ACHEGARSE ATE CARBALLIÑO A ESCOITARNOS. GRAZAS A ANPA DIAPASON DE NAIS E PAIS E ALUMN@S DA ESCOLA POLO APOIO E COLABORACION.
PARABÉNS AOS PROFES DAS DÚAS ESCOLAS, MONDARIZ E MOAÑA POLO TRABALLO REALIZADO E...
NORABOA AOS MÚSICOS E MÚSICAS POLO RESULTADO CONSEGUIDO...!

INOLVIDABLE...!!!!









xoves, 26 de abril de 2018

ENCONTRO CARBALLIÑO 2018


O vindeiro 27 de Abril partimos rumbo a Carballiño co novo ENCONTRO MUSICAL 2018!



Este ano compartiremos a vivencia cos alumnos/as da Escola Municipal de Música de Mondariz cos que faremos moitas actividades musicais e non musicais ... e de seguro faremos moitos amig@s!

Recordamos que as clases, excepto obradoiros musicais, suspéndense para ese día.

Incluimos este enlace de google maps para ubicarvos mellor:


mércores, 31 de xaneiro de 2018

FESTA DO ENTROIDO 2018

 
 
FESTA DO ENTROIDO 2018…!

O XOVES 15 de Febreiro celebramos o Entroido súper divertido! Ven disfrazado do que queiras ou mellor aínda, anímate a participar no 2º concurso Karaoke “ Sóame a túa voz 2018” caracterizad@ do teu/túa cantante favorit@ ! Haberá premios para todos os participantes...!

O prazo para a notarse remata o 6 de Febreiro!

Ah! E trae algo para picar e organizaremos unha merenda colectiva!
 
17:00h Festa de disfraces con actividade e Karaoke “Sóame a túa voz”
18:30h Merendola 
19:00h Actuación das Comparsas “Follas Novas” e “Animodo”

NON FALTES!

martes, 19 de decembro de 2017

FESTIVAL MUSICAL DO NADAL




FESTIVAL MUSICAL DO NADAL NA ESCOLA..! XOVES 21 ÁS 18:30h NO IES AS BARXAS.!
Actúan a BANDA INFANTIL, GRUPO DE CÁMARA, PEQUES DE INICIACION 6 e 7, CORO, MUSICACTIVA e BANDA XUVENIL, con un repertorio moi variado e entretido...!

NON FALTEDES!

AUDICIONS NADAL


venres, 17 de novembro de 2017

martes, 31 de outubro de 2017

domingo, 8 de outubro de 2017

CURSO IGEME 17-18


Curso de formación certificada impartido polo  Instituto IGEME NA ESCOLA MINICIPAL DE MUSICA:
"PROFESOR/a EN EDUCACION MUSICAL TEMPERÁ - XOGANDO COA MÚSICA: BEBÉS” Nenos de 0 a 3 anos

 CONTIDO

 Curso teórico-práctico de 56 horas de duración dirixido a todas a persoas interesadas no ensino da música na primeira infancia.

A través deste programa formativo os participantes adquirirán as ferramentas necesarias para desenvolver un programa de educación musical temperá en calquera ámbito educativo: escolas de música que queiran empezar con esta etapa, recursos de aula en infantil e gardería, musicoterapeutas ou persoas interesadas en desenvolver o seu propio programa en centros cívicos ou salas de cultura de Concellos ou privados.


INSCRICIONS E INFO CONTIDOS

https://igeme.es/curso/curso-2017-18/

644415452
915 535 502 (Natalia Fisac)


MAIS INFO NA PESTANA "CURSO IGEME" OU NO CENTRO

ANIMATE E INFORMATE! 

xoves, 28 de setembro de 2017


A PARTIRES DO 3 de OUTUBRO

ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón"  en colaboración coa  Escola Municipal de Música de Moaña vos presentan  os:



“Obradoiros Musicais” edición 2017-18


Esta serie de aulas e cursos comezan o 5 de Outubro, están dirixidos  a nenos e maiores afeccionados  e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música  de xeito ameno, práctico e inmediato.

Os cursos están  co-financiados polo Concello . Para apuntarse  e preciso entregar a partires do 3 de OUTUBRO en horario de tarde (17:00 a 20:00h)o boletín de incripción debidamente cuberto na Escola  sita en San Martiño,  Moaña, sinalando o(s) curso(s) no que están interesados. Haberá prioridade para o alumnado empadroado en Moaña

MAIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS"

xoves, 7 de setembro de 2017

ACCESO A DESCONTOS TIPO B, C OU D


XA ESTÁ PUBLICADA A  RESOLUCIÓN SOBRE A BAREMACIÓN DO ACCESO A DESCONTOS TIPO B, C OU D SEGUNDO A ORDENANZA      REGULADORA DO PREZO DO SERVIZO.   MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA"