luns, 17 de febreiro de 2014




O VINDEIRO 6 de MARZO a Escola celebra o seu Festival de Entroido 2014.

Ás 17:30 comezaremos coa proxección da peli "MADAGASCAR 3- de marcha por Europa" con palomitas incluidas.

As 19:00 Festa-baile e concurso de disfraces relacionados coa peli. Podes vir de animal, de personaxe do circo ou de algo relacionado con lugares europeos(Montecarlo, os Alpes, Roma e Londres)

As 19:30 rematamos coa actuación das comparsas ANIMODO e FOCHE A BODEJA que nos farán algunhas das cancións máis marchosas do Entroido de Moaña

Traede algún doce típico das festas de Entroido como Filloas ou orellas e merendaremos xuntos escoitando as comparsas ...!



venres, 17 de xaneiro de 2014

CONCERTO EXTRAORDINARIO IX






O VINDEIRO 20 de FEBREIRO ás 19:30h celebramos                o "Concerto Extraordinario IX". Unha plataforma de expresión artística para todo aquel e aquela con inquedanzas expresivas e interpretativas que queira subirse ao escenario e desenvolvelas para os semellantes. 

Toca un instrumento, toca un instrumento con un amig@, toca o teu segundo instrumento, canta unha canción, recita un poema, interpreta un fragmento dunha peli cun amig@, conta un conto, conta un chiste... etc...etc...   etc...     etc...

Anótate na escola para participar, tal vez sexa a oportunidade que estabas esperando, tal vez haxa un promotor artístico agardando a ofrecerte un contrato discográfico...  multimillonario...

xoves, 9 de xaneiro de 2014

PAGO DA COTA DO 2º TRIMESTRE



XA está aberto o prazo para efectuar o pago da Cota do 2º TRIMESTRE.

Do 8 ao 21 de Xaneiro no Concello ou no BBVA.

Máis info na pestana: "MATRICULA"

luns, 2 de decembro de 2013

FESTIVAL NADAL



O VINDEIRO 20 de DECEMBRO celebramos o FESTIVAL NADAL 2013...!  será no IES AS BARXAS ás 18:30h do serán, con entrada libre.
ACTUARAN as diversas agrupacións da Escola, Coro, Banda Infantil, Banda Xuvenil e Combo con alumnos de tódalas idades, cun repertorio amplo e de variados estilos. 

AUDICIONS DE ALUMNOS -1º TRIMESTRE



Xa están en marcha as audicións de alumnas e alumnos para este 1º trimestre. Se realizan na Sala de Audicións da Escola e son abertas a todo o público.

NON AS PERDAS...!

venres, 15 de novembro de 2013

CONCERTO STA CECILIA 2013


O VINDEIRO VENRES 22 de NOVEMBRO celebramos o día de Sta Cecilia na Escola. Realizarase un concerto a cargo de alumnos e profesores e aproveitaremos a ocasión para presentar, da man do seu autor, o libreto de Investigación musical 
                          "Gaiteiros, danzantes e músicos"

que percorre as referencias históricas á participación na vida popular do Municipio dos representantes do gremio musical. M. Uxío García é coñecido en todo a Comarca como un dos Historiadores máis prolíficos e apaixoados grazas ó cal se rescatan os vestixios e anacos da historia de Moaña den de a súa orixe ate o día de hoxe.

Ademáis contaremos co :

             
                "II Concurso de doces Sta Celcilia 2013"

 no que podedes participar, Hai dúas categorías:                       A" Biscoitos e Pasteis" e  B" Galletas" . O propio público fará de "xurado popular". Anímate!! Haberá premios!

mércores, 23 de outubro de 2013

FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA DE MUSICA...!



FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA DE MUSICA...!

non te perdas os xogos e actividades propostas para este día 12 de NOvembro, día do Magosto musical!

AS 17:30 comezan as actividades e ás 18:30 merendaremos todos xuntos... TRAEDE UNHAS POUCAS CASTAÑAS PARA ASAR...!!

Presentación dun Libro na Escola de Música



O 9 de NOVEMBRO ás 20h: ACTO de presentación dunha exposición documental e o libro "COUTO E PAZO DO ROSAL" do autor Manuel Uxío García Barreiro.

ACTUAN Jose Ignacio Chapela tenor lírico e un quinteto de metais de Alumnos da Escola Municipal de Música.

xoves, 10 de outubro de 2013

PRAZAS LIBRES EN PEQUEDANCE E HIPHOP


! AINDA QUEDAN PRAZAS en HIP HOP e PEQUEDANCE nos Obradoiros Musicais...! achégate a escola, inscríbete e aproveita esta actividade! Máis info sobre horarios e prezos no blog da escola: escolamusicamoana.blogspot.com


Sábado 19 de outubro
OBRADOIRO Aberto, pechado, libre ou atado
ás 18:30 horas
Obradoiro arredor da improvisación musical. Da man dos compoñentes do proxecto The Delightful Companion, daremos os nosos primeiros pasospara entrarmos no apaixonante mundo da improvisación.
Inscrición:
- Do 5 ao 16 de outubro en actividades@espazossonoros.org
- Actividade para todos os públicos e nenos maiores de 8 anos.Para persoas con e sen coñecementos de música.
- Recoméndase que os participantes leven un instrumento musical,incluída a voz ou o propio corpo ou todo tipo de artefactos sonoros(reclamo, asubío, carraca, botella para soprar, etc...)
CONCERTO The Delightful Companion
ás 20:00 horas
Javier María López Rodríguez: frauta, frauta contralto en sol
Vadim Yukhnevich: acordeón
Pablo Pérez: contrabaixo

Entrada libre. Capacidade máxima: 50 persoas

xoves, 26 de setembro de 2013


XA ESTÁN EN MARCHA OS OBRADOIROS MUSICAIS 2013-14...!
(máis info na pestana superior)

mércores, 18 de setembro de 2013

SORTEO PRAZAS DE NOVO INGRESO. RESULTADO



XA SE COÑECE O RESULTADO DO SORTEO EFECTUADO O MERCORES 18 ÁS 20h das PRAZAS DE NOVO INGRESO NA ESCOLA DE MÚSICA.

MÁIS INFO NA PESTANA SUPERIOR DE "NOVO INGRESO"

martes, 10 de setembro de 2013

COMEZA O CURSO 2013 14...!!!



Benvidos ao novo curso 2013 14...!  o vindeiro Luns 16 comezamos un ano máis as aulas de música  co propósito de adquirir novas habilidades e facer novos amigos...! Sorte e animo!

PD: Recordade vir a escoller horario da clase individual o Xoves 12 a partires das 17:00h






CANTO XOGO o Venres 13 na praza de Abastos



O servizo de Normalización Linguística e o propio Concello organizan un ciclo de actuacións dirixidas aos máis cativos nas que poderán participar activamente cos músicos, no que é unha experiencia especial e pouco común.

Achégate á praza de Abastos o Venres 13 ás 18:00 ao primeiro destes concertos. O pasarás en grande...!