sábado, 25 de setembro de 2010

OBRADOIROS MUSICAIS. Edición 2010-11



Xa está aberto o prazo de inscripción aos Obradoiros musicais que a Escola ofrece en colaboración coa Banda de Música "Airiños do Morrazo". Este ano contamos con aulas de HIP HOP, SOLFEXO ACTIVO para ADULTOS, OBOE, GRUPOS POP, MUSICA E CONTOS, BATERIA, e MUSICA PARA BEBÉS. O prazo para inscribirse remata o día 8 de Outubro
Tedes máis info na pestana superior.

AINDA QUEDAN PRAZAS PARA NENOS/AS DO 2003

Aínda quedan prazas de novo ingreso para entrar na Escola para nenos e nenas nados no 2003, que formarían parte do grupo de 7 anos de Iniciación Musical. O horario desta aula é os martes de 18:00 a 19:00h e os venres de 17:30 a 18:30h. Para solicitar praza os interesados deberán acudir ó Concello co DNI ou Libro de familia do neno/a máximo o día 30 de Setembro. Os nenos e nenas de 6, 5 e 4 anos poden solicitar entrar na lista de espera para cubrir baixas ou matrículas non efectuadas.

SOLICITUDE DE PRAZA PARA INSTRUMENTO

Tamén permanece aberto o prazo para solicitar praza de formación instrumental disponible para os nados no 2002 e anteriores, incluso adultos. Igualmente pasarían a entrar na lista de espera para cubrir baixas ou matrículas non efectuadas.

Os instrumentos posibles son:
FRAUTA - CLARINETE - SAXOFÓN - TROMPETA - TROMPA - TROMBÓN - BOMBARDINO - TUBA - PIANO.

Para máis Info, no Concello, mostrador de Información ou na Escola (Colexio Reibón) en horario de tardes.

luns, 12 de xullo de 2010

CANCIONS DO MUNDIAL DE FUTBOL

NORABOA Á SELECCION DE FUTBOL!!!!!
Eiquí tes algunha das cancións que acompañaron ó mundial para tocar co teu instrumento donde che apeteza. Pincha na imaxe pequena e farase meirande. As inferiores son un pouco máis agudas, pensadas para saxos ou frautas. A PRACTICAR!!!

sábado, 10 de xullo de 2010

CONCERTO BANDA XUVENIL DA ESCOLA


O pasado Sábado 26 de Xuño, coincidindo coa Feria de mostras "Alternalia 2010" a Banda Xuveníl da Escola protagonizou un concerto no que interpretou o repertorio traballado durante o curso na Escola.

Foi unha hora de música variada que abarcou estilos diferentes coma o pop, versións de temas clásicos, pasodobles ou melodías tradicionais.

Este Concerto supuxo un verdadeiro reto ó ser a primeira vez que a formación afrontaba un repertorio tan extenso, sobre todo tendo en conta as idades dos compoñentes, que van dos 11 as 16 anos.

FESTIVAL " TU SI QUE TRIUNFAS"


O pasado 18 de Xuño a Escola Municipal de Música celebrou o concerto fin de curso 2009-10 cunha especial gala de música moderna con nome "Tú si que triunfas" que fixo as veces de imitación de algún dos programas televisivos como “Operación triunfo” ou “Tu si que vales”, espazos dos que se extrae o simpático nome.

Pero ademáis esta gala viu ser a culminación dun interesado e completo esforzo que os alumnos e alumnas desenvolveron ó longo do último trimestre para a súa preparación.


Así, na Gala actuou todo o elenco de idades, dende os pequenos de 4 anos aos alumnos que rematan a súa formación. Os primeiros adicáronnos unha coreografía sobre o tema de actualidade “Tenía tanto que darte” de Nena Daconte e os últimos unha versión preparada por eles de “Tengo el Corazón contento” de Marisol.


Con estas participacións tivemos a oportunidade de escoitar temas míticos do Pop e do Rock dos últimos 50 anos coma “Don´t Worry be happy” de Booby Mcferryn, “Me colé en una fiesta” de Mecano, “Mamma mía” de ABBA, “Bailando” de Alaska ou “Viva la Vida” de Coldplay.


Con este concerto, a Escola completa un intenso ciclo de actuacións e celebracións que este curso incluiu ate 6 Festivais de Música, 24 concertos e audicións de alumnos, 8 sesións didácticas para máis de 1200 rapaces e un Intercambio Musical entre Escolas.

E é que o plantexamento educativo do proxecto da Escola considera como fundamental na formación dos músicos que sexan dende o inicio protagonistas dos concertos e actividades e que se formen a carón do público, non só nas aulas.

Con iso, a Escola é cada día máis recoñecida e demandada, feito que se corrobora cada Setembro, que é o mes que teñen os interesados para presentar solicitudes para o ingreso na súa disciplina .

luns, 10 de maio de 2010

INTERCAMBIO CON RIBADUMIA

Un gran éxito o Intercambio entre as escolas de música de Ribadumia e Moaña. Non só polo resultado musical, que foi moi bo, senón pola afluencia da público que se achegou ás instalacións do colexio para o concerto.

Noraboa aos rapaces e rapazas, aos profes e a Anpa que un ano máis estivo arrimando con ahínco o hombro.

Para ver a noticia publicada no faro sobre o encontro pincha no enlace:

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/05/09/banda-dia/437036.html

luns, 3 de maio de 2010

CONCERTO ALUMNOS DE COCO


Os Alumnos de COCO (Curso de Orientación ao Conservatorio)protagonizarán un concerto de cámara no que interpretarán as obras que levan á proba de acceso en Xuño.
Será o martes 11 de MAio ás 20:00h na aula de piano da Escola.
Este é o repertorio:

Ana Gil - Clarinete

”Koncert nº 3” Carl Stamitz

“Adagio” Josef Baerman

“Fantasistykke” Carl Nielsen

Óscar Rodríguez - Trompeta

“Rondino” Alan Street

“Sonata” F. Veracini

“Conversation for cornet” Clare Grundman

Paula Miguélez - Frauta

”Sonata Eb” G. F. Haendel

“La caja de cristal” Jaques Ibert “Siciliana” Gabriel Fauré

Damián Riobó - Trombón

”Aria Sib” J.S. Bach

“Tuba Tunes” Ronald Hanmer

“Egoistical Elephant” Doug Hartzel


INTERCAMBIO PROGRAMA DO CONCERTO

O vindeiro sábado 8 de maio celebramos o concerto do Intercambio coa Escola de Ribadumia as 19:00h na nosa Escola (CEIP Reibón). O programa de concerto é o que segue:


GRUPO VENTO METAL MOAÑA

Aria Papageno Mozart

We will rock you Queen


GRUPO VENTO MADEIRA MOAÑA

Eye of the tiger Survivor

Son do Morrazo M. Carballo


GRUPOS RIBADUMIA e MOAÑA

Bailinho Trad. Portugal

BANDA XUVENIL MOAÑA

West Side Story L. Berstein

Best of Beatles Beatles

BANDA INFANTIL RIBADUMIA

Alejandro Magno M. Mateu

Variazione in blue J. de Haan

GRANDE BANDA RIBADUMIA- MOAÑA

Dakota J. De Haan

Viva la Vida Coldplay

Na rúa do porto Trad. Galega

martes, 27 de abril de 2010

INTERCAMBIO ESCOLAS DE MÚSICA




O 8 de MAio recibimos á Escola de Música de Ribadumia para celebrar a segunda xornada de Intercambio musical 2010.

Estarán con nós dende as 10 da mañá preparando pezas para o Concerto da tarde. Ademáis faremos outras moitas actividades de ocio, comeremos xuntos na alameda e se nos peta botaremos unha pachanga ao futbol.

O concerto , ás 19:00h está aberto a todo o público que queira escoitar cómo soan 3 bandas xuntas: A Banda Infantil de Moaña, A Banda Infantíl de Ribadumia e a Banda Xuveníl de Moaña.

Proximamente introduciremos o programa de pezas que se van tocar.

luns, 15 de marzo de 2010

AUDICIONS DE MARZO 2010 NA ESCOLA

Luns 22 - CLARINETE - 19:30h

Martes 23 - TROMBÓN / TUBA - 17:30h


Martes 23 - TROMPETA / TROMPA - 18:00h


Martes 23 - PIANO - 19:00h

Mércores 24 - CINE MUDO MUSICAL—19:30h

Xoves 25 - SAXOFÓN - 17:30h

Xoves 25 - FRAUTA - 19:30h

Venres 26 - POP-ROCK SESSION- 17:30h