venres, 4 de novembro de 2011

OBRADOIRO BAILE GALEGO


A asociación Meiramar-Axóuxeres, en colaboración coa Escola Municpal de Música organiza unha Aula GRATUITA de Iniciación ao Baile Tradicional Galego para aprender os pasos básicos tradicionais.

Inclúe: Información sobre actividades da Asociación MEIRAMAR-AXÓUXERES (Musica, canto e danza Tradicional, Etnografía, Actividades Culturais, Participación en Festivais Internacionais de Folclore etc…..)

Lugar: Centro SocioCultural de San Martiño

Dirixido a: Todas as idades a partires dos 5 anos

Datas: Os MARTES 15, 22 e 29 de NOV e 13 DEC

Horario: de 19h a 20h.

Cómo anotarse: na Escola de Música ou no tfn: 647548288

luns, 26 de setembro de 2011


O vindeiro mércores 28 de Setembro ás 16h ábrese o prazo para inscribirse na nova edición dos Obradoiros que a Escola organiza en colaboración coa BMP "Airiños do Morrazo"

Revisa contidos, horarios, prezos e idades na pestana superior de OBRADOIROS.

Nos poremos en marcha o 10 de Outubro!!

mércores, 21 de setembro de 2011

NOVO CURSO 2011-12

Damos a Benvida ó curso 2011-12 coas enerxías cargadas e cheos de gañas de continuar facendo música aló donde nos pareza. Recordade, para un bo funcionamento , estes aspectos que a continuación reseñamos:

1. Material necesario: Lápiz e goma / Libro de Instrumento …………………………………../ Instrumento Novo Libro de Linguaxe Musical feito pola Escola (+-4€, collelo en Kopiak) / Libro Teoría Ibañez Cursá nº ……… / Libreta d@ alumn@ (mercala en conserxería, 3€)/ carpeta de fundas de plástico (negra)/ As partituras do Banda Infantil, Xuveníl e Coro do pasado curso/

1b. Material necesario Iniciación(co nome do neno): Lápiz e goma / Carpeta de gomas/ Frauta de pico ( para Iniciación 6 e 7)

Libro: Suena Suena 3 Huidobro/Velilla - Ed. Real Musical (só Iniciación 7)


2. Consultade o taboleiro habitualmente. Existe info sobre normas, novas e eventos organizados ó longo do curso.


3. Este ano temos novas materias: Cámara (5º -8º curso) e COMBO (6º-8º curso). Animádevos! Revisade horarios e novidades sobre os obradoiros. A inscrición comeza o 28 de Setembro!

4. Efectualo ingreso da cota do 1º Trimestre. Calendario de pago: (hai unha pequena modificación nas datas)

Os que entraron en Setembro pagarán o 1º Trimestre en outro prazo

PERIODO ESCOLAR

1º TRIMESTRE

2º TRIMESTRE

3º TRIMESTRE

Prazo para pagar e entregar

o xustif:

26 de Set ó 4 de Out

9 ó 17 de Xan

9 ó 17 de Abril

venres, 29 de xullo de 2011

PRAZAS DE NOVO INGRESO para o CURSO 2011-12

O vindeiro 12 de setembro se abre o prazo para solicitar praza na Escola de Música. Será no mostrador de información do Concello a partires das 08:30h.. Máis info na pestana de "NOVO INGRESO".

PRAZAS:

16 PRAZAS DE INICIACIÓN MUSICAL (ALUMNOS DE 4 A 7 ANOS):

NADO NO ANO

Nº PRAZAS

HORARIO AULAS SEMANAIS

2007

4

Luns: 17:30-18:15h.

Venres: 18:00-18:45h

2006

5

Luns: 17:30-18:15h.

Venres: 18:00-18:45h

2005

4

Luns: 18:15-19:00h.

Xoves: 17:45-18:30h

2004

3

Martes: 18,00-19,00h.

Venres: 17:00-18:00h












10 PRAZAS DE FORMACIÓN INSTRUMENTAL:

ALUMNOS de 8 a 16 anos, NADOS entre o ano 2003 e o 1995:

INSTRUMENTO

Nº PRAZAS

Trombón

1

Trombón ou Bombardino

1

Frauta Travesa

1

Trompeta

1

Trompa

1









ALUMNOS de 17 anos en diante, NADOS no 1994 ou posteriores:

INSTRUMENTO

Nº PRAZAS

Piano

2

Frauta Travesa

1

Trompeta ou trompa

1

Tuba ou Bombardino

1

luns, 27 de xuño de 2011

FELIZ VERÁN A TODOS e TODAS...!!!!


A ESCOLA DESPIDE O CURSO 2010-11 CUNHA CHEA DE EXPERIENCIAS MUSICAIS VIVIDAS, ACTIVIDADES, CONCERTOS E ENCONTROS QUE FIXERON DESTE ANO UN DOS MÁIS COMPLETOS ARTÍSTICA E SOCIALMENTE.
E PARA NON PERDER SOLTURA CO INSTRUMENTO NOS IMOS DEIXÁNDOVOS UNHA PARTITURA DA ÚLTIMA DE LADY GAGA. (está para todos os instrumentos no apartado "CANCIÓN DO MES")

FELICES VACACIÓNS!!!

luns, 13 de xuño de 2011

FESTIVAL FIN DE CURSO



O VINDEIRO VENRES 17 ás 19:30 os alumnos e alumnas da Escola celebramos o festival de Fin de Curso, un concerto adicado exclusivamente a música latina. Disfrutaremos con cumbias, cha-cha-chás, rumbas, sambas, Mambos e demáis.
Agardámosvos alí!!

xoves, 2 de xuño de 2011

"UN MUNDO DE MUSICAS" na EMMM





HOXE recibimos unha visita moi especial, pois chegaron ata a Escola uns 450 alumnos de distintos colexios de Infantil e Primaria de Moaña. Estivemos presenciando unha viaxe musical repleta de variedade de estilos con "un mundo de músicas" de todas partes, de Exipto a New York, da India a Australia ou de Antartida a París.
Noraboa ós rapaces e ós Alumnos e profesores da Escola.!!!