martes, 20 de decembro de 2022

xoves, 1 de decembro de 2022

mércores, 16 de novembro de 2022

martes, 8 de novembro de 2022


 

CONCERTO SANTA CECILIA 2022

ESTIMADOS/AS USUARIOS/AS:

ESTE ANO RECUPERAMOS UN DOS EVENTOS MÁIS SABOROSOS DO CURSO. O VINDEIRO MARTES 22 DE NOVEMBRO ÁS 19h CELEBRAMOS O DÍA DE STA CECILIA, PATROA TRADICIONAL DOS MÚSICOS E MÚSICAS, CUN CONCERTIÑO A CARGO DO ALUMNADO. TODO AQUEL OU AQUELA QUE QUEIRA PARTICIPAR VOLUNTARIAMENTE PODERÁ ANOTARSE FALANDO CO SEU PROFESOR OU PROFESORA.

 



CONCURSO DE DOCES E SALGADOS

NESE ACTO CELEBRAREMOS TAMÉN O “VIII CONCURSO DE DOCES E SALGADOS” PARA O CAL VOS ANIMAMOS A PARTICIPAR. HABERÁ PREMIOS PARA AS 3 MELLORES CREACIÓNS DE CADA CATEGORÍA!!

PODEDES CONCURSAR NAS DÚAS CATEGORÍAS PERO UNICAMENTE CON UNHA CREACIÓN POR CADA UNHA DELAS. O PRODUCTO TERÁ QUE TER UN FORMATO CÓMODO PARA COLLER COA MAN, COMO GALLETA, BISCOITO, PASTA DE TÉ OU, NOS SALGADOS, MONTADITOS, CANAPÉS, TARTALETAS, VASIÑOS ETC… E DEBERÁN INCLUIR O SOPORTE PARA POUSAR DIRECTAMENTE NA MESA (PRATO, BANDEXA…) HABERÁ DISPOSTO UN LUGAR PARA DEPOSITALOS Á CHEGADA, INDICANDO A CREADORA OU CREADOR E O NOME DO PRODUCTO.


 A DEGUSTACIÓN SERÁ AS 19:30h E A ENTREGA DE PREMIOS SOBRE AS 20h, PARA A CAL É IMPORTANTE AGARDEDES. ADEMÁIS DISO, TEREMOS VIDEOS MUSICAIS DIVERTIDOS… NON FALTEDES!!

 



CAMBIOS NAS CLASES

PARA A POSTA EN MARCHA DO EVENTO AS CLASES ANULARANSE A PARTIRES DAS 19h.


A CLASE DE LINGUAXE MUSICAL 3 FARASE EN CONXUNTO CON LINGUAXE MUSICAL 2 ÁS 17h E A DE BANDA INFANTIL MANTERASE NO SEU HORARIO.


xoves, 3 de novembro de 2022

sábado, 17 de setembro de 2022

mércores, 14 de setembro de 2022


 COMEZAMOS O CURSO 2022-23 !!

AGARDÁMOSVOS CON MOITA ENERXÍA E ILUSIÓN. E PARA MOSTRA, UN BOTÓN!

ANOTÁDEVOS NOS "GRUPETES" PARA TOCAR MÁIS E MELLOR...!

luns, 4 de xullo de 2022

  

 


 

AINDA QUEDAN PRAZAS na Escola Musica Municipal Moana...!
Para nenas e nenos nados entre o 2014 e 2006 quedan prazas de Trombón e Bombardino.
Para persoas nadas entre no 2005 ou anos anteriores quedan prazas de Trombón, Bombardino, trompeta e Frauta

Podes solicitar unha praza cubrindo unha instancia xeral no Concello indicando a túa data de nacemento (do/a alumno/a)
Para máis info contacta co centro: tfn 986310558 ou escolammm@hotmail.com

De seguido compartimos algúns vídeos de exemplo dos instrumentos vacantes:

BOMBARDINO:
https://www.youtube.com/watch?v=rs5alyuQYLQ

TROMBÓN:
https://www.youtube.com/watch?v=XFB544wWZbk

TROMPETA:
https://www.youtube.com/watch?v=9vwB9S-4h0g

FRAUTA:
https://www.youtube.com/watch?v=is68rlOzEio

Non perdades a oportunidade!!

xoves, 30 de xuño de 2022

INFORMAMOS DO HORARIO DE VERAN de atención ao usuario e usuaria:

 Do 1 ó 15 de Xullo de 10h a14h

Do 1 ó 16 de Setembro de 10h a 14h (excepto día 14 de 16h a 20h)




martes, 14 de xuño de 2022


 


O VINDEIRO MARTES 21 DE XUÑO,  NO DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA, A ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE MOAÑA CELEBRA O FESTIVAL FIN DE CURSO 2021-22!!! 

PARTICIPARÁN TÓDALAS AGRUPACIÓNS DO CENTRO NUN EVENTO QUE REÚNE AOS NOVOS E NOVAS TALENTOS DA MÚSICA DO NOSO POBO PARA OFRECERNOS UN REPERTORIO DIVERSO E MOI ENTRETIDO, RESUMO DO TRABALLO DO ÚLTIMO TRIMESTRE.

O EVENTO CELEBRARASE NA CARBALLEIRA DA REITORAL DE SAN MARTIÑO, A PARTIRES DAS 19h E A ENTRADA É LIBRE. NO CASO DE CHOIVA TRASLADARASE AO IES AS BARXAS, CON AFORO LIMITADO.

AGARDÁMOSVOS A TODAS E TODOS!!!

xoves, 9 de xuño de 2022

TEMOS O PRACER DE PRESENTARVOS O PROGRAMA DE AUDICIÓNS PARA ESTE 3º TRIMESTRE DO CURSO 21-22.

 CELEBRARANSE NA SALA DE AUDICIÓNS DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA E PARTICIPARÁ O ALUMNADO DE TÓDALAS ESPECIALIDADES E NIVELES. ENTRADA DE BALDE ATE COMPLETAR AFORO.

NON FALTEDES!!

 

xoves, 19 de maio de 2022

 

 

 

A Escola Musica Municipal Moana ofrecerá os vindeiros 1 e 2 de Xuño ao alumnado das EI e dos CEIP do Municipio un conto musicado con temática moi monstruosa....!!

Serán varias sesións no DSC D. Castelao as que se celebren para acoller ao máximo alumnado e así retomar estas propostas de música en vivo dirixidas a escolares.

 
O conto está baseado na publicación en galego de BAÍA EDICIONS da creación de Enrich Lluch. A intención da proposta, ademais de entreter, é desdramatizar, con gran sentido do humor e fantasía, o papel que tradicionalmente exerceron estes seres terroríficos entre as nenas e os nenos

ASI QUE... RAPAZADA... nuns días vémonos no D. Castelao!!!

 

xoves, 24 de marzo de 2022

 

 

 ESTIMADOS/AS USUARIOS E USUARIAS:


 A plataforma "Coros por la paz" esta promovendo unha xuntanza para o vindeiro Domingo 27 de Marzo ás 12h coa finalidade de mostrar a repulsa pola guerra de Ucrania .

 A iniciativa consiste en cantar o Canon "Dona nobis pacem" nas prazas dos concellos e cidades de Europa ás 12h (hora peninsular).

A Escola Municipal de Música xunto co Concello está a organizar a xuntanza a celebrar diante do Concello de Moaña con tódolos coros do pobo e toda a xente que queira participar da iniciativa e coñeza a melodía.


O alumnado da escola de segundo a sexto e o alumnado de Coro xa están a practicar a canción. As demáis persoas que queiran participar estan convidados a vir mañan xoves 24 á clase de coro de 16h a 17h ou de 18h a 19h.

 O DIA DO ACTO:

O Domingo 27 as e os participantes deberán estar ás 11:30h na praza do Concello.

O alumnado co suadoiro lila da Escola.
Os demáis participantes con parte superior amarela (ou lila)

Traede carteis coa vosa demanda para parar esta guerra! Propoñemos incluso que esté escrita en inglés ou Ucraniano

Compartimos enlace da peza "DONA NOBIS PACEM" para que poidades practicala antes do evento:

 https://youtu.be/9fhJ6XrZ4jg

Enlace á noticia no Faro de Vigo:
 
Un canto a la paz desde Moaña - Faro de Vigo

 

Grazas pola vosa colaboración.
Agardamos vos  animedes a participar!




 

 

martes, 15 de marzo de 2022

 


A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA, EN COLABORACIÓN CON CÁRITAS SAN MARTIÑO TEN O PRACER DE PRESENTAR O

"FESTIVAL BENÉFICO 22" 

En pro das persoas de recursos máis limitados do Municipio, recadaremos alimentos non perecedoiros e consumibles de fogar. Así, o evento terá o prezo de cando menos un Kg destes produtos. Aceite, leite, legumes, arroz, conservas ou produtos de hixiene...son todos ben recibidos. Incluso as e os músicos   participantes achegarán, xunto coa súas interpretacións, as súas “entradas” en forma de alimento.

Celebrarase no Pavillón de Reibón o Mércores 30 de Marzo ás 19h, con aforo dirixido á familiares do alumnado do centro. Parte deste aforo estará dispoñible tamén para as demáis persoas que queiran asistir, que poderán solicitar entrada enviando un correo a escolammm@hotmail.com

No caso de non poder asisitir pero querer colaborar coa iniciativa propoñemos entregar a vosa achega á recollida de alimentos na porta do pavillón de 18h a 19h ou tamén na Escola de Música en horario de tarde os dous días previos ao Festival

ASISTIDE...! COLABORADE...!

 


xoves, 10 de marzo de 2022

 


XA ESTÁN AQUÍ AS AUDICIÓNS DO 2º TRIMESTRE...!!! 
 
O LUNS 21 DE MARZO COMEZAMOS COA PROGRAMACIÓN DE AUDICIÓNS DO ALUMNADO DA Escola Musica Municipal Moana.
 
DESPOIS DUN FIN DE TRIMESTRE CON TANTAS LIMITACIÓNS REANUDAREMOS POR FIN, CON TODAS AS MEDIDAS DE PREVENCIÓN APLICABLES POSTAS EN MARCHA, OS CONCERTOS DE ALUMNADO QUE TANTO NUTREN A NOSA ACTIVIDADE.
 
A ENTRADA SERÁ CON AFORO LIMITADO PREVIA SOLICITUDE AO TITOR/A. SE QUEREDES ASISTIR E NON FORMADES PARTE DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO (nos sodes familiares directos do alumnado) SIMPLEMENTE ESCRIBIDE A: escolammm@hotmail.com
 
NON VOLAS PERDADES!!!



xoves, 3 de marzo de 2022


Hoxe Festa do Entroido 22 na Escola!
 

Finalmente e por mor da climatoloxía, celebrarémolo co alumnado participante no interior do centro a partires das 17h e no patio exterior ás 18:30h coas comparsas. As nais, pais e público xeral non poderán quedar á primeira parte. Poderedes deixar aos participantes connosco e convocámosvos a todas e todos pois a partires das 18:30h para cando actúen as comparsas.
 

A merenda deberá ser individual. Recordamos que as clases de hoxe quedarán anuladas. 

xoves, 24 de febreiro de 2022


 

O vindeiro Xoves 3 de Marzo queremos celebrar como se merece o “Entroido 22” na Escola de Música. A partires das 17h na Carballeira da Reitoral…!

Participará parte do alumnado do centro con actuacións variadas e ataviad@s co disfrace máis axeitado ao tema que interpreten.

Para amenizar o evento soará música moderna e marchosa..! Ademáis participarán varias comparsas do Entroido de Moaña e haberá agasallos para os participantes!

Poden traer cadansúa merenda que, por protocolo, non compartiremos.

NOTA: Necesario o uso da máscara de protección. No caso de choiva o evento trasladarase ao interior da Escola. Cancelarase a participación das comparsas e os acompañantes e público xeral non poderán asistir. As clases anúlanse para ese día. O Luns 28, Martes 1 e Mércores 2 son días non lectivos.