luns, 30 de decembro de 2013
luns, 2 de decembro de 2013
FESTIVAL NADAL
O VINDEIRO 20 de DECEMBRO celebramos o FESTIVAL NADAL 2013...! será no IES AS BARXAS ás 18:30h do serán, con entrada libre.
ACTUARAN as diversas agrupacións da Escola, Coro, Banda Infantil, Banda Xuvenil e Combo con alumnos de tódalas idades, cun repertorio amplo e de variados estilos.
AUDICIONS DE ALUMNOS -1º TRIMESTRE
Xa están en marcha as audicións de alumnas e alumnos para este 1º trimestre. Se realizan na Sala de Audicións da Escola e son abertas a todo o público.
NON AS PERDAS...!
venres, 15 de novembro de 2013
CONCERTO STA CECILIA 2013
O VINDEIRO VENRES 22 de NOVEMBRO celebramos o día de Sta Cecilia na Escola. Realizarase un concerto a cargo de alumnos e profesores e aproveitaremos a ocasión para presentar, da man do seu autor, o libreto de Investigación musical
"Gaiteiros, danzantes e músicos"
que percorre as referencias históricas á participación na vida popular do Municipio dos representantes do gremio musical. M. Uxío García é coñecido en todo a Comarca como un dos Historiadores máis prolíficos e apaixoados grazas ó cal se rescatan os vestixios e anacos da historia de Moaña den de a súa orixe ate o día de hoxe.
Ademáis contaremos co :
"II Concurso de doces Sta Celcilia 2013"
no que podedes participar, Hai dúas categorías: A" Biscoitos e Pasteis" e B" Galletas" . O propio público fará de "xurado popular". Anímate!! Haberá premios!
mércores, 23 de outubro de 2013
FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA DE MUSICA...!
FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA DE MUSICA...!
non te perdas os xogos e actividades propostas para este día 12 de NOvembro, día do Magosto musical!
AS 17:30 comezan as actividades e ás 18:30 merendaremos todos xuntos... TRAEDE UNHAS POUCAS CASTAÑAS PARA ASAR...!!
Presentación dun Libro na Escola de Música
O 9 de NOVEMBRO ás 20h: ACTO de presentación dunha exposición documental e o libro "COUTO E PAZO DO ROSAL" do autor Manuel Uxío García Barreiro.
ACTUAN Jose Ignacio Chapela tenor lírico e un quinteto de metais de Alumnos da Escola Municipal de Música.
xoves, 10 de outubro de 2013
PRAZAS LIBRES EN PEQUEDANCE E HIPHOP
! AINDA QUEDAN PRAZAS en HIP HOP e PEQUEDANCE nos Obradoiros Musicais...! achégate a escola, inscríbete e aproveita esta actividade! Máis info sobre horarios e prezos no blog da escola: escolamusicamoana.blogspot.com
Sábado 19 de outubro
OBRADOIRO Aberto, pechado,
libre ou atado
ás 18:30 horas
Obradoiro arredor da improvisación musical. Da man dos compoñentes do
proxecto The Delightful
Companion, daremos os nosos primeiros pasospara entrarmos no apaixonante mundo
da improvisación.
Inscrición:
- Actividade para todos
os públicos e nenos maiores de 8 anos.Para persoas
con e sen coñecementos de música.
- Recoméndase que os participantes leven un instrumento musical,incluída a
voz ou o propio corpo ou todo tipo de artefactos sonoros(reclamo, asubío,
carraca, botella para soprar, etc...)
CONCERTO The Delightful Companion
ás 20:00 horas
Javier María López Rodríguez: frauta, frauta contralto en sol
Vadim Yukhnevich: acordeón
Pablo Pérez: contrabaixo
Entrada libre. Capacidade máxima: 50 persoas
mércores, 18 de setembro de 2013
SORTEO PRAZAS DE NOVO INGRESO. RESULTADO
XA SE COÑECE O RESULTADO DO SORTEO EFECTUADO O MERCORES 18 ÁS 20h das PRAZAS DE NOVO INGRESO NA ESCOLA DE MÚSICA.
MÁIS INFO NA PESTANA SUPERIOR DE "NOVO INGRESO"
martes, 10 de setembro de 2013
COMEZA O CURSO 2013 14...!!!
Benvidos ao novo curso 2013 14...! o vindeiro Luns 16 comezamos un ano máis as aulas de música co propósito de adquirir novas habilidades e facer novos amigos...! Sorte e animo!
PD: Recordade vir a escoller horario da clase individual o Xoves 12 a partires das 17:00h
CANTO XOGO o Venres 13 na praza de Abastos
O servizo de Normalización Linguística e o propio Concello organizan un ciclo de actuacións dirixidas aos máis cativos nas que poderán participar activamente cos músicos, no que é unha experiencia especial e pouco común.
Achégate á praza de Abastos o Venres 13 ás 18:00 ao primeiro destes concertos. O pasarás en grande...!
luns, 2 de setembro de 2013
ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA
CONTINUA ABERTO ate o 13 de SETEMBRO O PRAZO para solicitar praza na escola de música.
O procedemento para anotarse está exposto na pestana superior de "Novo Ingreso"
As prazas ofertadas quedan como segue:
11 PRAZAS DE INICIACIÓN
MUSICAL (ALUMNOS DE 4 A
7 ANOS nados entre o 2009 e o 2006):
CADRO
DE IDADES, PRAZAS E HORARIO DA CLASE
NADO NO ANO
|
Nº PRAZAS
|
HORARIO AULA SEMANAL
|
2009
|
4
|
Luns e Xoves:17:30-18:15h. (45min x2/sem)
|
2008
|
3
|
Luns e Xoves:17:30-18:15h. (45min x2/sem)
|
2007
|
3
|
Luns e Xoves:18:15-19:00h. (45min x2/sem)
|
2006
|
1
|
Martes: 18:00-18:45h
Venres: 17:15-18:00h. (45min x2/semana)
|
1 PRAZA EN FORMACIÓN INSTRUMENTAL NA ESPECIALIDADE DE
FRAUTA TRAVESA (NADOS no ano 2005 a 1997) segundo os horarios a seguinte
distribución :
NADO NO
ANO
|
Nº
PRAZAS
|
HORARIO
AULA SEMANAL
|
|
INDIVIDUAL
|
LING
MUSICAL
|
||
2005 a
1997
|
1
|
Pendente
ocos libres
|
Martes 17:00-18:00
|
mércores, 12 de xuño de 2013
CONCERTOS FIN DE CURSO
![]() |
Cartel do Festival 21 de XUÑO |
CICLO DE CONCERTOS DE FIN DE CURSO:
A Escola de Música presenta un total de 12 eventos nos que os alumnos lucirán parte do repertorio
aprendido estos últimos meses de actividade.
Destacar o mércores 12, concerto de fin de grado do alumnado que remata a
formación, o Venres 14, co festival de Iniciación Musical, no D.Castelao, o
Festival dos Obradoiros Musicais da Escola de Música o xoves 20 e o Festival
fin de Curso “día Internacional de Música” o 21 de Xuño en San Martiño.
MÉRCORES 5 –20:30h- Escola Música- Recital Alumnos
Coco
LUNS 10 - 20:00h – Escola
Música- Audición Saxofón
MARTES 11 -17:00h – Escola Música- Audición Trombón e
Bombardino
MÉRCORES 12-20:30h –Escola Música- Recital alumnos fin
de Grado
XOVES 13 -17:30h – Escola
Música- Audición Frauta
20:00h –Escola Música- Audición
Clarinete
VENRES 14 -18:30h – Aud D Castelao- Festival
Iniciación
LUNS 17 -20:00h – Escola
Música- Recital Alumnos Adultos
MARTES 18 -20:00h – Escola Música- Audición Trompeta
e Trompa
MÉRCORES 19-17:00h – Escola Música- Audición Piano
XOVES 20 -19:00h – Aud D
Castelao FESTIVAL OBRADOIROS 2013.
Parte das aulas da oferta educativa en formato obradoiros musicais que este
ano organiza a ANPA DA ESCOLA sairán a escenario para demostrar o aprendido
durante o curso. Serán os alumnos de Batería,
Guitarra e Grupo POP os encargados de poñerlle o peche a todo un ano prácticas,
ensaios e clases.
O VENRES 21 -18:00h – En San
Martiño celébrase o FESTIVAL
“DIA INTERNACIONAL DA MÚSICA”
No que ofreceremos 4 horas de música en directo en varios
escenarios, revalorizando a parroquia máis antiga de Moaña e aproveitando os
espazos exteriores da zona.
Acutarán a Banda
infantil, A banda Xuveníl, os coros da Escola, Os alumnos e alumnas de Hip Hop
e Pequedance, os Grupos POP e o COMBO da Escola
No Adro vello de
San Martiño, no Patio da Reitoral, sede da escola de Música e na propia sala de
audicións da Escola
martes, 28 de maio de 2013
RECITAL ALUMNOS DE COCO
Os alumnos e alumnas que se presentan á proba de Acceso ó Conservatorio interpretarán en público as obras do Concurso nun recital o vindeiro 5 de Xuño.
Será ás 20:30 na sala de Audicións da Escola.
Animádevos e vinde escoitalos...!
martes, 7 de maio de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
O vindeiro Xoves 16 de Maio a Escola de Musica Tradicional e a Escola de Música organizamos o Concerto adicado ás Letras Galegas. Será un concerto homenaxe a roberto Vidal Bolaño, figura destacada este ano no eido das artes da lingua.
As 19:00h teremos música e a continuación uns pinchos organizados polos pais das dúas escolas para gozar dun serán á sombra da carballeira da Reitoral de San Martiño.
luns, 22 de abril de 2013
CONCERTO PARA NENOS E NENAS " A CAIXA DE MUSICA"
O VINDEIRO XOVES 25 E VENRES 26 de Abril a Escola de Música fará un concerto para nenos e nenas dos coles de Infantil e Primaria de Moaña.
Serán un total de 1050 rapaces os que asistirán ás 7 sesións organizadas nas que presenciarán unha montaxe peculiar con sorpresas musicais escondidas nunhas caixas: as "CAIXAS DE MUSICA" ...!!
A EMMM conquista LUGO
A PASADA FINDE do 13 e 14 de Abril os alumnos da Escola de Música visitaron Lugo para conquistalo como en épocas anteriores fixeron os diferentes poboadores.
Pero desta vez non usamos armas de batalla se non que utilizamos outro tipo de armas: o noso encanto e a nosa música! Ahí vai un adianto dos momentos vividos, poremos máis fotos en breve...
venres, 15 de marzo de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)