mércores, 19 de abril de 2017

CARBALLIÑO 2017



O vindeiro 5 de Maio partimos rumbo a Carballiño co novo ENCONTRO MUSICAL 2017!

Recordade que o prazo para efectuar o pago da cota e entregar a documentación remata o 26 de Abril. ANIMADEVOS!

Iremos colgando info relevante, pero polo de agora insertamos o enlace de google maps para ubicarvos mellor:

UBICACION RESIDENCIA CARBALLIÑO






mércores, 8 de marzo de 2017

luns, 6 de marzo de 2017

FESTA DE ENTROIDO NA EMMM



O PASADO XOVES 2 de MARZO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE ENTROIDO NA EMMM e AQUÍ ESTÁ O GAÑADOR DO CONCURSO "SÓAME A TÚA VOZ 2017" : RUBEN SOUTO HERNANDEZ.. ! PARABENS pola TUA INTERPRETACION...!
@S OUTR@S PREMIAD@S FORON: NOA FERNANDEZ, ENMA COSTAS e NATALIA FERVENZA

ADEMAIS HOUBO KARAOKE, BAILE DISFRACES, MERENDOLA E  A ACTUACION DAS COMPARSAS FOLLAS NOVAS E ANIMODO, ÁS QUE AGRADECEMOS ENORMEMENTE QUE SE ACHEGARAN AO CENTRO PARA AMOSAR AOS MAIS CATIVOS AS ARTES DA SATIRA MOAÑESA.

MAIS FOTOS NA PESTANA "FOTOS"

mércores, 15 de febreiro de 2017


O VINDEIRO XOVES 2 de MARZO ven celebrar o entroido á Escola de Música!
Participa no concurso Karaoke, "SÓAME A TÚA VOZ", ven caracterizad@ do teu cantante favorit@ e interpreta unha das súas cancións...! Haberá premios para @s gañador@s!
 Ou simplemente ven disfrazado do que queiras, trae algo de merenda para compartir entre todos e o pasaremos moi ben!

Ás 17:30h Baile disfraces e merendola
Ás 18:30h Concurso KAroke "Sóame a túa voz"
Ás 19:30h actuarán as comparsas "Follas novas" e "Animodo"
NON FALTES...!

luns, 13 de febreiro de 2017

CONCERTO EXTRAORDINARIO X

MARTES 14 FEBREIRO ás 19:30h na Emmm " Concerto extrordinario X" .
Actúan alumn@s de 6º, 7º e 8º curso con repertorio de cámara. Selección de obras orixinais e adaptacións dende o romanticismo a finais S.XX.
Ven gozar da velada romántica á Casa da Música...!
 

venres, 3 de febreiro de 2017

AVISO URXENTE : SUSPENSION DAS CLASES.
ANTE O EMPEORAMENTO DAS CONDICIONS ATMOSFERICAS E PARA EVITAR RISCOS INNECESARIOS A CONCELLERIA DE CULTURA DECIDIU SUSPENDER TODAS AS CLASES NA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA HOXE 3 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 19:00h

luns, 23 de xaneiro de 2017

mércores, 7 de decembro de 2016


CONCERTO-FESTIVAL de NADAL da EMMM.
Actúan varias das agrupacións do Centro: CORO INFANTIL E XUVENIL; BANDA INFANTIL; BIG BAND; GRUPO DE CAMARA e BANDA XUVENIL
 
O Mércores 21 de Decembro ás 18:30h - Entrada de Balde ate completar aforo. NON FALTEDES...!


venres, 2 de decembro de 2016

CURSO "A CLASE DE MUSICA DE 0 a 6 ANOS"


OS VINDEIROS 4 e 5 de FEBREIRO de 2017 ORGANIZAMOS O CURSO " LA CLASE DE MUSICA DE 0 a 6 ANOS" impartido por Marisa Pérez Directora do Instituto IGEME de Madrid

Dirixido a profesor@s de educación infantíl, profesor@s de escolas de música e musicoterapeutas ten unha duración de 10h e tratará a musicalidade, repertorio axeitado, actividades propias da idade e fundamentos teóricos da Musica learning theory de Edwing Gordon.

MAIS INFO NA PESTANA "CURSO IGEME"

luns, 28 de novembro de 2016

AUDICIONS NADAL 16


XA ESTAN EN MARCHA AS AUDICIONS DO 1º TRIM na escola de música municipal...!
Toma nota da oferta e achégate a escoitar a est@s nov@s artistas...!
Ademais, o martes 20, os máis cativos actuarán ás 17:30 no CSC D. Castelao e o mércores 21 ás 18:30h no IES AS BARXAS pecharemos ano co gran FESTIVAL DO NADAL . NON FALTEDES!

venres, 18 de novembro de 2016



O VINDEIRO MARTES 22 DE NOVEMBRO, AS 18:30 CELEBRAMOS O DIA DE STA CECILIA CUN FESTIVAL VARIADO E ENTRETIDO, QUE INCLÚE COMO XA É UN CLASICO, O "CONCURSO DE DOCES STA CECILIA 2016"
TRAE O TEU DOCE FEITO NA CASA PREFERIDO E CONCURSA EN ALGUNHA DAS DÚAS MODALIDADES "A-galletas" OU "B-biscoitos"

ANTES VEREMOS UNHA PROXECCIÓN DE VIDEOS SIMPÁTICOS MUSICAIS E PRESENCIAREMOS O CONCERTO DE ALUMN@S

AS CLASES MODIFICANSE DO SEGUINTE XEITO:
LM2 - 17:00h-17:45H
LM3- 17:45h-18:30H
BIN - ANULADA
AS CLASES A PARTIRES DAS 18:30h - ANULADAS

NON FALTEDES...!

mércores, 26 de outubro de 2016

FESTA DO MAGOSTO 16



O VINDEIRO Xoves 10 de Novembro ven á festa do Magosto da Escola Musica Municipal Moana ....! Haberá xogos e competicións con premios, música e unha merenda con castañas asadas. Colabora e trae unhas poucas para asar na nosa fogata! A partires das 17:00h.
Ás 20h no salón de Actos da Reitoral, actuarán alumn@s da EMMM na Exposición do traballo do Historiador local Manuel Uxio Garcia "ARTE E CULTURA NAS FESTAS DE SAN MARTIÑO"

NON FALTES!

luns, 26 de setembro de 2016

OBRADOIROS MUSICAIS 16-17


XA ESTAN EN MARCHA OS OBRADOIROS MUSICAIS DA EMMM EDICIÓN 2016-17...!

ORGANIZADOS POLA ANPA DIAPASÓN OFRECEN ESTA PROPOSTA PARA COÑECER O MUNDO DA MÚSICA DE XEITO PRÁCTICO, INMEDIATO E DIVERTIDO...!  (MÁIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS")


luns, 19 de setembro de 2016



HOXE LUNS 19,  AS 19:30H REUNIÓN CONVOCADA POLA Anpa Diapason. A ANPA CONVOCA A TOD@S @S USUARI@S DO CENTRO PARA TRATAR OS TEMAS RECOLLIDOS NA CONVOCATORIA.PARA UN MELLOR FUNCIONAMENTO DO CURSO ESCOLAR, PRÉGASE MÁXIMA ASISTENCIA.

mércores, 14 de setembro de 2016

PAGO MATRICULA E COTAS TRIMESTRAIS



TAL E COMO ESTA ESTABLECIDO NO CALENDARIO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRICULA, O PRAZO PARA REALIZAR O PAGO   E PRESENTAR XUSTIFICANTE DO PAGO É DO 5 Ó 15 DE SETEMBRO.


IGUALMENTE PARA CUMPLIMENTAR O FORMULARIO PARA O PAGO DAS COTAS TRIMESTRAIS XESTIONADAS POLA ORAL O PRAZO É DO 5 Ó 15 DE SETEMBRO.


O FORMULARIO ESTÁ DISPOÑIBLE NA PESTANA "MATRICULA" . REVISADE A INFORMACIÓN NESTA NOTA: