O VINDEIRO 20 de FEBREIRO ás 19:30h celebramos o "Concerto Extraordinario IX". Unha plataforma de expresión artística para todo aquel e aquela con inquedanzas expresivas e interpretativas que queira subirse ao escenario e desenvolvelas para os semellantes.
Toca un instrumento, toca un instrumento con un amig@, toca o teu segundo instrumento, canta unha canción, recita un poema, interpreta un fragmento dunha peli cun amig@, conta un conto, conta un chiste... etc...etc... etc... etc...
Anótate na escola para participar, tal vez sexa a oportunidade que estabas esperando, tal vez haxa un promotor artístico agardando a ofrecerte un contrato discográfico... multimillonario...