mércores, 30 de novembro de 2011
mércores, 23 de novembro de 2011
AUDICIONS DE NADAL
Estamos preto do final de trimestre e "toca" tocar nas habituais clásicas audicións de nadal.
temos programación para 10 días de eventos ós que agardamos asistades para acompañarnos.
O mércores 21 faremos remate de ano co FESTIVAL DE NADAL no Auditorio D. Castelao.
Preme no carteliño para que se amplíe e poder ver horarios!
martes, 15 de novembro de 2011
CONCERTO SANTA CECILIA 2011
Será unha sesión Musical con café e tés, como vimos facendo dende hai uns anos para darlle un toque especial a esta celebración tan sinalada e importante para nós.
Vos agardamos a todos e todas!
venres, 4 de novembro de 2011
ÉRASE UN MAGOSTO NA ESCOLA
Despois farase ás 20:00h a presentación da exposición da Reitoral relacionada coa parroquia que estará aberta ó público durante as festas. Nela actuarán en directo alumnos da escola.
OBRADOIRO BAILE GALEGO
A asociación Meiramar-Axóuxeres, en colaboración coa Escola Municpal de Música organiza unha Aula GRATUITA de Iniciación ao Baile Tradicional Galego para aprender os pasos básicos tradicionais.
Inclúe: Información sobre actividades da Asociación MEIRAMAR-AXÓUXERES (Musica, canto e danza Tradicional, Etnografía, Actividades Culturais, Participación en Festivais Internacionais de Folclore etc…..)
Lugar: Centro SocioCultural de San Martiño
Dirixido a: Todas as idades a partires dos 5 anos
Datas: Os MARTES 15, 22 e 29 de NOV e 13 DEC
Horario: de 19h a 20h.
Cómo anotarse: na Escola de Música ou no tfn: 647548288
luns, 26 de setembro de 2011
mércores, 21 de setembro de 2011
NOVO CURSO 2011-12
1. Material necesario: Lápiz e goma / Libro de Instrumento …………………………………../ Instrumento Novo Libro de Linguaxe Musical feito pola Escola (+-4€, collelo en Kopiak) / Libro Teoría Ibañez Cursá nº ……… / Libreta d@ alumn@ (mercala en conserxería, 3€)/ carpeta de fundas de plástico (negra)/ As partituras do Banda Infantil, Xuveníl e Coro do pasado curso/
1b. Material necesario Iniciación(co nome do neno): Lápiz e goma / Carpeta de gomas/ Frauta de pico ( para Iniciación 6 e 7)
Libro: Suena Suena 3 Huidobro/Velilla - Ed. Real Musical (só Iniciación 7)
2. Consultade o taboleiro habitualmente. Existe info sobre normas, novas e eventos organizados ó longo do curso.
3. Este ano temos novas materias: Cámara (5º -8º curso) e COMBO (6º-8º curso). Animádevos! Revisade horarios e novidades sobre os obradoiros. A inscrición comeza o 28 de Setembro!
4. Efectualo ingreso da cota do 1º Trimestre. Calendario de pago: (hai unha pequena modificación nas datas)
Os que entraron en Setembro pagarán o 1º Trimestre en outro prazo
PERIODO ESCOLAR | 1º TRIMESTRE | 2º TRIMESTRE | 3º TRIMESTRE |
Prazo para pagar e entregar o xustif: | 26 de Set ó 4 de Out | 9 ó 17 de Xan | 9 ó 17 de Abril |
venres, 29 de xullo de 2011
PRAZAS DE NOVO INGRESO para o CURSO 2011-12
PRAZAS:
16 PRAZAS DE INICIACIÓN MUSICAL (ALUMNOS DE 4 A 7 ANOS):
NADO NO ANO | Nº PRAZAS | HORARIO AULAS SEMANAIS |
2007 | 4 | Luns: 17:30-18:15h. Venres: 18:00-18:45h |
2006 | 5 | Luns: 17:30-18:15h. Venres: 18:00-18:45h |
2005 | 4 | Luns: 18:15-19:00h. Xoves: 17:45-18:30h |
2004 | 3 | Martes: 18,00-19,00h. Venres: 17:00-18:00h |
10 PRAZAS DE FORMACIÓN INSTRUMENTAL:
ALUMNOS de 8 a 16 anos, NADOS entre o ano 2003 e o 1995:
INSTRUMENTO | Nº PRAZAS |
Trombón | 1 |
Trombón ou Bombardino | 1 |
Frauta Travesa | 1 |
Trompeta | 1 |
Trompa | 1 |
ALUMNOS de 17 anos en diante, NADOS no 1994 ou posteriores:
INSTRUMENTO | Nº PRAZAS |
Piano | 2 |
Frauta Travesa | 1 |
Trompeta ou trompa | 1 |
Tuba ou Bombardino | 1 |