A CASA DA MÚSICA de Moaña está a piques de ser inaugurada.
O vindeiro martes día 9 de Novembro, coincidindo co inicio das festas de San Martiño as portas da nova sede da Escola Municipal de Música abrirán para todos os que se queiran achegar a presenciar o acto e, como non, a visitar as instalacións tal e como van ser utilizadas polo centro docente.
No evento, que se celebrará ás 19:00h, contarase coa presenza do Alcalde D. X.Manuel Millán e dunha representación da Corporación municipal ademais de agrupacións musicais tanto da Escola coma algunha invitada.
A estrea da nova sede virá a se-la consecución dunha das necesidades máis reclamadas nos últimos anos, que aportará un indubidable peso institucional ao centro e que servirá de lugar de esparcimento a esta arte que con tan bo afán desenvolven tanto alumnos coma profesores e impulsará á escola a ser un centro de referencia de ensino musical non regrado na comarca, de xeito que se vexa abastecida polos anos necesarios e de cara a un futuro no que o aclamado Auditorio Municipal sirva de sede definitiva.