Mª XESÚS GUTIÉRREZ: Profesora de Frauta, Iniciación Musical, Linguaxe Musical Coro e Historia práctica. Directora do Centro
Título universitario de mestra na especialidade de Educación Musical. Título profesional de música na especialidade de frauta travesa. Grado elemental na especialidade de Piano. Cursos de tódolos niveis da Pedagoxía Musical de Jos Wuytack. Diversos cursos de dirección coral, canto e técnica vocal, organizados por Camerata ad libitum. Componente de diversas agrupacións como Banda de Música Airiños do Morrazo, da orquestra de frautas do CMUS Santiago, do Coro Universitario de Santiago de Compostela ou do Coro Camerata ad libitum. É directora do Coro Glissando, dende a súa fundación no ano 2014.
Título Superior de Trompeta polo CMUS Superior Vigo. Recibe formación en diversos cursos sobre
pedagoxía e interpretación da trompeta e da trompa cos profesores, Benjamín
Moreno, José Ortí Soriano, Ole Edward Antonsen ou Alessio Allegrini entre
outros. No campo da educación musical fórmase con Arlette Biguet, Wolfgang
Hartmann, Emilio Molina ou Daug Goodking entre outros. Como director da
agrupacións recibe formación de Jan Cober, James Ross ou Enrique García Asensio
e no eido da música moderna e improvisada fórmase da man de Abe Rábade, Paco
Charlin, Jesús Santandreu, Walter Smith III, Ambrose Akinmushire, Chris Case e
outros. Foi Compoñente do Quinteto de Metais Faíscas, de diversas Bandas de
música ou do grupo TenJazzMen. Foi profesor de Trompeta e Banda na Esmu Vigo
dende 1997 a 2013.
LINO BARCIA: Profesor de Saxofón e Clarinete, Linguaxe Musical, Musicactiva e Combo
Título profesional de Saxofon polo CMUS Morrazo.
Realiza cursos de perfeccionamento do Saxofón con Juan Folgar, Jean
Pennings, Julio Alvarez., e de clarinete con Walter Boeykens, Yehuda Gilad,
Pascual Martinez, David Pérez.
MARÍA GRAÑA: Profesora de Piano, Linguaxe Musical, Iniciación Musical, Big Band e Arranxos.
Titulo Superior de Piano na cátedra de
Eduardo Ponce (CSM Salamanca). Máster de Musicoterapia (Instituto Música Arte y
Proceso, Vitoria-Gasteiz).Cursos de pedagoxía e interpretación pianística con
Josep Mª Colom, Nina Svetlanova, Wolfang Rübsam, Almudena Cano, Heidi Sophia
Hase entre outros. Estudos de interpretación teatral (Actua Teatro, Salamanca;
Teatro Arte Livre, Vigo). Certificación en formación do Instituto Gordon en
Música para Bebés 0-3.
SALVADOR MEIRA CORRALES: profesor de Trombón, Tuba, Bombardino, Banda Infantil e Combo.
Título profesional de Trombón polo Conservatorio Profesional Manuel Quiroga de Pontevedra.
Inicia os seus estudios na Escola de Música Municipal
de Moaña co mestre Alberto Currás Piñeiro. Máis tarde con Antonio Fraguas e Luis
Juncal. Realiza numerosos cursos de perfeccionamento: Fernando Froján, R.
Douglas Wright, Weston Sprott, Aníbal Sousa, Daniel Portas…
No ámbito da dirección de banda, orquestra e coro,
recibe clases dos Mestres Javier Viceiro e Graciela Rodríguez; así como clases
de dirección de banda baixo a dirección dos Mestres: Jose Rafael
Pascual-Villaplana, Franco Cesarini, Enrique García Asensio e Alfredo Sánchez.
Membro da banda Airiños do Morrazo dende 1997, onde
exerceu a labor de subdirector dende o 2006 ata o 2009, e sendo director
titular dende outubro do 2009 ata febreiro de 2016. É membro fundador do
Quinteto de metáis Galician Brass Quorum, do grupo de metáis Airiños Brass e da
Orquestra de Jazz do Morrazo. Director da formación Airiños Big Band dende o 2008
ata o 2015.
Ningún comentario:
Publicar un comentario