A PARTIRES DO 3 de OUTUBRO
ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón" en colaboración coa Escola Municipal de Música de Moaña vos presentan os:
“Obradoiros Musicais” edición 2017-18
Esta serie de aulas e cursos comezan o 5 de Outubro, están dirixidos a nenos e maiores afeccionados e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música de xeito ameno, práctico e inmediato.
Os cursos están co-financiados polo Concello . Para apuntarse e preciso entregar a partires do 3 de OUTUBRO en horario de tarde (17:00 a 20:00h), o boletín de incripción debidamente cuberto na Escola sita en San Martiño, Moaña, sinalando o(s) curso(s) no que están interesados. Haberá prioridade para o alumnado empadroado en Moaña
MAIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS"