O pasado mércores 13 de xoves 14 de Marzo, a Escola Municipal de Música de Moaña ofreceu aos escolares
das
escolas públicas de Moaña un concerto infantil. Máis de mil escolares
dos 10 centros de Ensino público, incluída a Galiña azul, asistiron ás
sesións que o profesorado
da Escola preparou este curso. Os nenos, de 2 a 10 anos ian chegando e
agardando na porta a que os compañeiros da sesión anterior saíran e
deixaran espazo libre. Dentro, gran variedade de instrumentos e unha
proxección visual agardaban con entusiasmo.
A
proposta deste ano: "PACO O CAMALEÓN" partiu da idea de explorar algúns
dos diferentes estilos musicais que se poden escoitar por todo o mundo.
O conto, con guión orixinal de María González, comeza así:
"Paco
Camaleón naceu en Madagascar. Pertencía a unha familia de camaleóns
africanos emigrantes, que cruzaron o océano hai millóns de anos subidos
en polas de baobabs.
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
O
animaliño protagonista, sin saber como nin por qué, acaba no Zoo do
Bronx e decide, farto da monotonía, escapar coa axuda da súa amiga
xirafa rapeira. Unha vez fóra,
alí en Nova Iork, descubre o Rap e dando renda a súa creatividade proba
a mesturar a súa melodía identificativa, unha versión creada para a
ocasión do tema principal do 2º movem. da 94º Sinfonía de F. J. Haydn,
con este estilo rueiro. O resultado é sorprendente...
rap e música clásica!
Logo
desto visitará New Orleans... onde soará "Blue Monk" de Thelonius Monk
e, como non, unha nova mestura da súa melodía co jazz ó estilo
máis auténtico de Marching Brass Band. Visitará Viena, onde escoitará
unha versión da "Sinfonía dos xoguetes " de W.A. Mozart, é decir música
do Clasicismo. En Xamaica escoitará un reggae: " No woman, no cry" de
Bob Marley. En China unha "marcha popular",
en Kenia unha danza tradicional chamada "Miwoe Nenyo", en Berlín
unha "melodía tecno" de Gigi D´Agostino e en Londres o máis famoso dos
temas Rock : "We will rock you " de Queen
En
todos os lugares e cancións haberá, grazas á imaxinativa de Paco unha
nova versión da súa melodía de Haydn mesturada co estilo local....
Haydn en versión reggae, versión oriental, versión música disco,
versión rock e... xa no final da historia, como non podía ser menos e
aconsellado polo raposo londinense, Paco viaxa finalmente a Galicia onde
soará a "Muiñeira do molete" e onde se sentirá "como
en casa" e...quen sabe, onde quizais quede para sempre.
En
total 35 minutos repletos de música, 30 cancións incluindo todas as
veces que esa melodía que identificaba a Paco se entoaba cada vez que
coñecía a un novo animal e que os e as asistentes, o público infantil ó
que ía dirixida, coreaba con emoción, pois xa a sabían por traballala
previamente no seu colexio.
O
material, foi deseñado e enviado a todos os centros para que cada
profesor e profesora dedicase un tempo a escoitala e practicala cos seus
alumnos, pos así vivirían a experiencia de asistir a un concerto de
maneira máis interactiva. Na proposta deste ano, os profesores da escola
optaron por unha melodía clásica para dala a coñecer entre o público
máis novo e, especialmente, para demostrar que
a música , en certo modo non ten idade, é atemporal. A creatividade dun
compositor tan xenial como Haydn é compatible coa música tradicional
africana ou co estilo dun DJ do S.XXI
Esta
idea ven ademáis a demostrar que a linguaxe musical non ten límites: é
universal. Existe dende as orixes da humanidade e evoluciona co
paso do tempo de diferentes xeitos, pero que, ao contrario da linguaxe
falada, son todos comprensibles e compatibles.
Demostra
tamén que as posibilidades creativas desta son infinitas. Os nenos
sinten isto como algo natural, non forzado e poden adquirir dunha
maneira intuitiva todos os beneficios que a práctica musical lles
aporta, por exemplo cantando dende as butacas cos músicos do escenario.
Coa historia do noso amigo Paco son conscientes en maior ou menor grao
de que en cada un de nós está a capacidade para
crear.
Pero
a mensaxe vai máis alá. Esta historia nos fala de diversas culturas en
lugares moi afastados entre sí, das capacidades que cada cultura
ten para desenvolverse ao longo do tempo. A través da música, Paco
Camaleón nos ensina a respectalas e , por tanto, a respectar a
identidade allea, algo que hoxe máis que nunca debe formar parte dos
fundamentos da educación.
O equipo de profesores da Emmm.