luns, 22 de xuño de 2015
SORTEO ELECCION DO HORARIO de INSTRUMENTO
XA está colgado no Blog o resultado do Sorteo que establece a orde de Elección de Horario da Clase de Instrumento prevista para o 15 de Setembro a partires das 17h.
Nos casos de clase colectiva irase informando puntualmente a primeira semana de Setembro.
Consultade o resultado e as bases incluidas neste na pestana "MATRICULA".
xoves, 11 de xuño de 2015
SOLICITUDES de PRAZA de NOVO INGRESO
Está aberto ate o 30 de Xuño O PRAZO para SOLICITAR UNHA PRAZA NA ESCOLA .
Os interesados deben achegarse ao Concello de 8:30h a 13:30h para cubrir e presentar a instancia. MAIS INFO NA PESTANA superior "NOVO INGRESO 15-16"
luns, 8 de xuño de 2015
mércores, 3 de xuño de 2015
mércores, 27 de maio de 2015
venres, 22 de maio de 2015
CONCERTOS DIDACTICOS 2015
A Escola Municipal de Música presenta:
"A Cebra Camila" . Un conto musicalizado e adaptado aos escolares de Educación Infantil e Primaria.
O 3 e 4 de Xuño, máis de 1000 escolares do Municipio pasarán polo Auditorio do Centro Sociocultural Daniel Castelao para asistir a unha das 7 sesións que os profesores do Centro ofrecerán desta montaxe.
Poderán ademais participar activamente do conto tentando recoñecer aos protagonistas segundo o seu
son.
Un concerto didáctico que, como todos os anos, o Centro ofrece aos nenos e nenas para brindarlle a oportunidade de escoitar en directo os instrumentos que nel se imparten e no que atoparán unha morea de estímulos para a súa curiosidade musical.
mércores, 13 de maio de 2015
CONCERTO DIA DAS LETRAS GALEGAS
O 15 de Maio ás 19:00h na Carballeira
da Reitoral celebraremos o:
“Festival das
Letras Galegas 2015”.
Adicado ao Historiador e escritor Pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde, actuarán a Banda Xuvenil e a Banda de Gaitas
da Escola de Música Tradicional .
Ó rematar
merendaremos todos xuntos podedes colaborar traendo
algún aperitivo salgado ou doce.
andar da praza de abastos.
As clases anularanse ese día a partires
das 18h. (Os Obradoiros de guitarra, pequedance,
hiphop e dzamx mantéñense)
luns, 20 de abril de 2015
XORNADAS DE CONVIVENCIA MUSICAL
ALBERGUE DE GANDARÍO
O VINDEIRO VENRES 24 @S ALUMN@S DE BANDA INFANTIL, BANDA XUVENIL, COMBOS E O CORO, XUNTO COS PROFESORES DA ESCOLA IMONOS A GANDARÍO PARA GOZAR DUNHA CONCENTRACIÓN MUSICAL POR TODO O ALTO. ACTIVIDADES, ENSAIOS, CONCURSOS, VISITA A CIDADE DE A CORUÑA E MOITAS MÁIS COUSAS....!
O DOMINGO 26 ÁS 17:00H OFRECEREMOS UN CONCERTO NAS PROPIAS INSTALACIÓNS PARA TODO AQUEL QUE QUEIRA ACHEGARSE A ESCOITAR O RESULTADO DO TRABALLO DA FIN DE SEMANA.
ÁNIMO CHIC@S... XA QUEDA MENOS...!
venres, 27 de marzo de 2015
venres, 6 de marzo de 2015
FESTIVAL BENEFICO DA EMMM - 2015
FESTIVAL BENEFICO DA EMMM 2015
a favor de
"Moaña Solidaria - Cáritas do Carmen"
O VINDEIRO XOVES 19 de MARZO ás 19:00h no IES As Barxas a Escola Municipal de Música celebra o seu 2º CONCERTO BENÉFICO, esta vez a favor de Cáritas do Carmen de Moaña
Actuarán o Coro da EMMM, a Banda Infantil e a Banda Xuveníl, tres das principais agrupacións do Centro, compostas por nen@s e moz@s de 8 a 16 anos.
O importe da entrada será 1 Kg de alimento non perecedero como: leite, arroz, legumes, pasta, aceite, azucre, conservas, etc...
Achégate ao evento e colabora coa causa...!
AUDICIONS DE MARZO
XA ESTÁN EN MARCHA AS AUDICIÓNS DO 2º TRIMESTRE da EMMM
@s Alumn@s da Escola protagonizan coas súas interpretacións as 2 semanas de eventos que pechan este trimestre.
Destacan o FESTIVAL DE INICIACION o Martes 24 e o CONCERTO BENEFICO o Xoves 19
martes, 24 de febreiro de 2015
FESTA DE ENTROIDO
Divertida tarde de entroido na EMMM, na que destacaron as actuacións dos 3 COMBOS da Escola e a Comparsa "ANIMODO" de Domaio
luns, 26 de xaneiro de 2015
CONCERTO DE PERCUSION
Noelia Leite e Adrián Alonso traen á Escola o seu repertorio máis vibrante aos seus instrumentos de percusión.
NON O PERDADES...!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












