venres, 25 de maio de 2012
CONCERTO ALUMNOS DE COCO
xoves, 24 de maio de 2012
SOLICITUDE PRAZA NA ESCOLA. CURSO 2012-13
XA está aberto o prazo para solicitar praza na Escola. Dende o 14 de Maio ó 14 de Setembro poderanse achegar á Escola (17:30-20:00h) ou ó Concello (08:30-13:30h) para presentar a instancia. Unha vez rematado o prazo efectuarase un sorteo público o 19 de Setembro ás 20h na Escola para adxudicar as prazas.
Os horarios do vindeiro curso saberanse a finais de Xuño e as prazas dispoñibles finais a principios de Setembro.
Os nenos/as nados no 2008, 2007, 2006 e 2005 deberán poñer a Data de Nacemento ó cubrir a instancia.
Os nenos/as e adultos/as nados no 2004 ou anteriores deberán poñer a Data de Nacemento e facer constar ate 4 instrumentos para optar no sorteo entre os que se imparten na escola: Frauta Travesa, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba ou Piano.
luns, 7 de maio de 2012
CONCERTO DE PRIMAVERA
II ENCONTRO DE COROS
SOACHE ESTA HISTORIA...?
A Escola Municipal de Música vai ofrecer aos nenos e nenas do Municipio un Concerto Didáctico preparado especialmente para eles. Este ano o conto vai sobre a historia da Humanidade a través de 8 recreacións de momentos importantes do devir do home. Asistirán uns 1200 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos 10 Centros educativos do Concello no que coñecerán un pouco máis sobre os instrumentos que se imparten na escola e, sobre todo, os poderán ver en acción moi de cerca.
Serán o 24 e 25 de Maio nun total de 7 sesións en horario escolar.
venres, 13 de abril de 2012
Taller Danza Mix para Adultos

Taller Danza Mix para Adultos
Se nunca te animaches este é o momento, Libera o movemento!
CONTIDOS:
* Comezaremos as nosas clases cun quecemento e posta en marcha do noso corpo, con moito movemento.
* Realizaremos coreografías cheas de estilo e moito ritmo.
* E nunca nos esqueceremos de relaxarnos e estirar, con exercicios cos que, sesión tras sesión, sentirémonos aínda máis revitalizados e tonificados!!.
HORARIO: Sábados de 11:00 a 12:00
DURACIÓN: 10 sesións- do 21 Abril ó 23 de Xuño
PREZO : 50€

mércores, 15 de febreiro de 2012
AI! SI EU CHE PEGO!
mércores, 23 de novembro de 2011
AUDICIONS DE NADAL

Estamos preto do final de trimestre e "toca" tocar nas habituais clásicas audicións de nadal.
temos programación para 10 días de eventos ós que agardamos asistades para acompañarnos.
O mércores 21 faremos remate de ano co FESTIVAL DE NADAL no Auditorio D. Castelao.
Preme no carteliño para que se amplíe e poder ver horarios!
martes, 15 de novembro de 2011
CONCERTO SANTA CECILIA 2011
O VINDEIRO MARTES 22 de Novembro ás 20:00h celebraremos na Escola o Concerto Especial de Santa Cecilia, patrona dos Músicos.Será unha sesión Musical con café e tés, como vimos facendo dende hai uns anos para darlle un toque especial a esta celebración tan sinalada e importante para nós.
Vos agardamos a todos e todas!
venres, 4 de novembro de 2011
ÉRASE UN MAGOSTO NA ESCOLA
O vindeiro Xoves, véspera de San Martiño, celebraremos o noso primeiro magosto na escola con castañas quentiñas, xogos e competicións, música e diversión. Achégate ate ás 17:30h e goza connosco neste día especial no entorno natural da Escola. Non te olvides de traer un puñado de castañas!!Despois farase ás 20:00h a presentación da exposición da Reitoral relacionada coa parroquia que estará aberta ó público durante as festas. Nela actuarán en directo alumnos da escola.
OBRADOIRO BAILE GALEGO
A asociación Meiramar-Axóuxeres, en colaboración coa Escola Municpal de Música organiza unha Aula GRATUITA de Iniciación ao Baile Tradicional Galego para aprender os pasos básicos tradicionais.
Inclúe: Información sobre actividades da Asociación MEIRAMAR-AXÓUXERES (Musica, canto e danza Tradicional, Etnografía, Actividades Culturais, Participación en Festivais Internacionais de Folclore etc…..)
Lugar: Centro SocioCultural de San Martiño
Dirixido a: Todas as idades a partires dos 5 anos
Datas: Os MARTES 15, 22 e 29 de NOV e 13 DEC
Horario: de 19h a 20h.
Cómo anotarse: na Escola de Música ou no tfn: 647548288
luns, 26 de setembro de 2011
mércores, 21 de setembro de 2011
NOVO CURSO 2011-12
1. Material necesario: Lápiz e goma / Libro de Instrumento …………………………………../ Instrumento Novo Libro de Linguaxe Musical feito pola Escola (+-4€, collelo en Kopiak) / Libro Teoría Ibañez Cursá nº ……… / Libreta d@ alumn@ (mercala en conserxería, 3€)/ carpeta de fundas de plástico (negra)/ As partituras do Banda Infantil, Xuveníl e Coro do pasado curso/
1b. Material necesario Iniciación(co nome do neno): Lápiz e goma / Carpeta de gomas/ Frauta de pico ( para Iniciación 6 e 7)
Libro: Suena Suena 3 Huidobro/Velilla - Ed. Real Musical (só Iniciación 7)
2. Consultade o taboleiro habitualmente. Existe info sobre normas, novas e eventos organizados ó longo do curso.
3. Este ano temos novas materias: Cámara (5º -8º curso) e COMBO (6º-8º curso). Animádevos! Revisade horarios e novidades sobre os obradoiros. A inscrición comeza o 28 de Setembro!
4. Efectualo ingreso da cota do 1º Trimestre. Calendario de pago: (hai unha pequena modificación nas datas)
Os que entraron en Setembro pagarán o 1º Trimestre en outro prazo
| PERIODO ESCOLAR | 1º TRIMESTRE | 2º TRIMESTRE | 3º TRIMESTRE |
| Prazo para pagar e entregar o xustif: | 26 de Set ó 4 de Out | 9 ó 17 de Xan | 9 ó 17 de Abril |






