xoves, 22 de abril de 2021

 RECORDAMOS OS VINDEIROS DÍAS NON LECTVOS ESTABLECIDOS NO CALENDARIO ESCOLAR QUE COINCIDEN COS ADOPTADOS POLOS CENTROS DE ENSINO DO MUNICIPIO

30 ABRIL

17 MAIO


 * INFO DISPOÑIBLE NA PESTANA "CALENDARIO ESCOLAR"

venres, 26 de febreiro de 2021

 






AUDICIÓNS DO 2º TRIMESTRE EN MARCHA...!

Non perdades a oportunidade de presenciar música "in streaming"...!

O Alumnado da
Escola Musica Municipal Moana
ofrecerá repertorio variado para dar peche a este 2º trimestre do curso 20-21.

Solicita o teu código en escolammm@hotmail.com para acceder ás audicións, indicando nome completo e a audición á que queres asistir.

NON VOLAS PERDADES!!!



INSTRUCCIONS:



mércores, 3 de febreiro de 2021

 



Este ano non nos esquecemos de dedicarlle atención a unha das festas máis celebradas na Escola! Participa para darlle visibilidade ao entroido moañés tocando unha peza musical disfrazad@ do que máis che guste... e si a peza e o atuendo van do mesmo ...mellor que mellor!!


Grávate en vídeo e envíao ao whatsapp da Escola (677497788)

Prazo para enviar os vídeos ampliado ate o xoves 11 de Febreiro!


Nota* os vídeos serán publicados no facebook do Centro o 18 de Febreiro

mércores, 27 de xaneiro de 2021

SUSPENSION CLASES PRESENCIAIS ate o 17 FEBREIRO

SUSPENSION CLASES PRESENCIAIS ate o 17 FEBREIRO


Queridas familias:

Agardamos que vos atopedes tod@s ben de saúde...!


Ante a alta incidencia de contaxios en Galicia, a Consellería de Sanidade da Xunta pubilcou onte Martes a “ORDE do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.”

Estas medidas, tal e como recolle o seu anexo no punto 4.2 afectan a Escolas de Música e implican a suspensión da actividade lectiva presencial. A Orde recolle un período de aplicación dende o Mércores 27 de Xaneiro ate o Mércores 17 de Febreiro. Recolle tamén que “as medidas poderán ser modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.”


Polo tanto, en virtude desta Orde, a Escola pasará durante o perído que a Consellería indique, a funcionar de xeito telemático impartindo as clases ONLINE.


FUNCIONAMENTO:

Como sabedes, a aula virtual da Escola enviou automáticamente en Decembro de 2020 un email á vosa dirección de correo para activar a conta e persoalizar a contrasinal. Si aínda non a activástedes seguindo as instruccións dese email, por favor facédeo en canto poidades para confirmar que funciona correctamente. Si non recibístedes este email de activación, por favor contactade co centro avisando no whatsapp (677 49 77 88) ou email. Para entrar na aula virtual, tedes unha pestana de acceso no blog da escola: www.escolamusicamoana.blogspot.com/

O groso da formación seguirá sendo a clase de instrumento. Esta impartirase por video chamada utilizando principalmente a plataforma Google Meet, a mesma que para as audicións Online. Cada alumno/a terá a disposición un código, facilitado polo/a titor/a (vía email ou tfn) que poderá usar nas súas clases.

As clases manterán o mesmo horario que si fosen presenciais. No caso de non poder respectar ese horario, por favor contactade co centro. As de Historia e Arranxos inpartiranse tamén por videochamada.

Recomendamos que na medida do posible deleguedes o uso da Aula virtual e o email nos alumnos e alumnas. Teredes no blog da escola, no apartado “MEDIDAS COVID” instruccións detalladas para a conexión por videochamada e uso da Aula Virtual.


ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE:

Comentarvos tamén que mantemos as actividades programadas para este segundo trimestre:

Enviar videos temáticos para o entroido (gravarse disfrazados tocando unha canción, a ser posible relacionada co disfraz) Data límite 5 de Febreiro. Video montaxes da peza das agrupacións (enviar a interpretación gravada por vídeo) Data límite 1 de Marzo, Audicións Online para a 3ª semana de Marzo.   
AQUI o texto en jpg.: 

 

mércores, 23 de decembro de 2020


 VOLTAMOS o VENRES 8 de XANEIRO...!!    (ou o 11 se así o determina a Xunta)

xoves, 26 de novembro de 2020

xoves, 15 de outubro de 2020

xoves, 24 de setembro de 2020

 


ESTIMAD@S USUARI@S:

Agardamos esteades todas e todos ben. Queremos informarvos de que o protocolo xa está aprobado e está exposto na pestana "MEDIDAS COVID" e a actividade do Centro poderá, con certas modificacións relacionadas coa seguridade, finalmente retomarse!

As cuestións máis relevantes deste protocolo céntranse na idea de reducir ó máximo o risco de transmisión do virus entre a poboación escolar de diferentes centros de ensino que se mesturarían na escola, polo que as clases grupais excepto Historia e Arranxos suspéndense e non se iniciarán ate que as autoridades sanitarias notifiquen que os niveis de transmisión do virus están estabilizados.


O día de escolla de horarios no que ides recibir a chamada do profesor/a para marcar a clase de instrumento vai ser:
CHAMADAS O LUNS 28 Setembro: PIANO, TROMPETA E TROMPA
CHAMADAS O Martes 29 Setembro: CLARINETE, SAXOFÓN, FRAUTA, TROMBÓN, BOMBARDINO
TEDES A ORDE DE ESCOLLA QUE ESTABLECEU O SORTEO na pestana "MATRICULA 20 21"

Por favor, leede integramente o Comunicado que vos achegamos en imaxe así como o tríptico resumo do Protocolo Covid-19 da Escola que está tamén na pestana "MEDIDAS COVID"

!!RECORDADE QUE AS CLASES COMEZARÁN O LUNS 5 DE OUTUBRO!!

Desculpade todos os inconvintes. Agardamos veros a tod@s pronto!!

O Equipo directivo.



venres, 4 de setembro de 2020

 XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ESTABLECE A ORDE DE 

QUENDAS PARA A ELECCION DO HORARIO DA CLASE 

INDIVIDUAL CURSO 2020-21. Toda a info na pestana "MATRICULA 20 21" 


 

xoves, 2 de xullo de 2020

XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO EFECTUADO o 1 de Xullo do 2020 QUE ADXUDICA AS PRAZAS DE NOVO INGRESO para o CURSO 2020-21 e a CONVOCATORIA PARA A FORMALIZACION DA MATRICULA DO ALUMNADO QUE OBTÉN PRAZA. 

Máis info na pestana " NOVO INGRESO 20-21"

martes, 30 de xuño de 2020

XA ESTÁ PUBLICADO o RESULTADO da BAREMACION das solicitudes de desconto nas cotas da Escola Municipal de Música para o curso 2020-21. Podedes consultalas na pestana "MATRICULA 20 21"

domingo, 21 de xuño de 2020




21 DE XUÑO DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA

Cada solsticio de verán, o 21 de xuño, a Unión Europea celebra unha xornada destinada a promover o intercambio cultural entre os pobos, o transvasamento musical duns territorios a outros. É o Día Mundial da Música.

A Escola de Música quere aproveitar esta data, adoptada como "Día Internacional da Música", para reproducir ese intercambio cultural e presentarvos unha serie de 4 vídeos protagonizados polos alumnos e alumnas nos que se foron pasando o sinxelo "RETO DA MÚSICA VIAXEIRA" que consiste en que cada un deles toca un fragmento musical que lle atrae e reta a un compañeiro a facer o mesmo.

Levar a música polos fogares durante o confinamento. Tratar de darlle normalidade a esta situación tan extraordinaria que os nosos e nosas peques afrontaron con tanta enteireza. Na que arrimaron o seu hombreiro, transmitiron a súa vitalidade, o seu amor e a súa inocencia. Ate o punto de ser os que puxeron sentido onde xa non o había. Para todos eles vai dedicada esta serie de vídeos. Para eles o noso maior recoñecemento, o noso aplauso e o noso sincero agradecemento por todo o esforzo realizado.

UNHA FORTE APERTA PARA TOD@S.
FELIZ FIN DE CURSO.
FELIZ VERÁN!!



 Enlace vídeo Frautistas:

Enlace Videos Trompistas e Trompetistas:

Enlace Videos Pianistas:


Enlace Videos Clarinetistas e Saxofonistas:

mércores, 3 de xuño de 2020


AS AUDICIONS DE FIN DE CURSO XA ESTÁN EN MARCHA!!
  SERÁN AS PRIMEIRAS ACTUACIONS ONLINE DA HISTORIA DA ESCOLA.

SOLICITA O TEU CÓDIGO en escolammm@hotmail.com PARA ACCEDER E ESCOITAR Ó ALUMNADO DO CENTRO. 

AFORO LIMITADO. As Audicións de Iniciación Musical serán exclusivas para familiares.

A continuación un resumo do funcionamento:



XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR UNHA PRAZA NA ESCOLA DE MUSICA! 

Do 1 ó 26 de Xuño recolleranse no Concello de 09:00h a 13:00h de Luns a Venres (solicitando cita previa) as solicitudes de praza para cursar estudos musicais.

Toda a info na pestana " NOVO INGRESO 20-21"