xoves, 28 de maio de 2020

MATRICULA CURSO 2020-21

Recordamos que o prazo para a formalización da matrícula para o vindeiro curso será do 8 ó 19 de Xuño e poderase facer vía email ou presencialmente na Escola (concertando cita previa no 986310558 de 10h a 14h). A escola está aberta para información e para recoller os formularios si o preferides en lugar de imprimilos.


Informamos, por si vos é de interese, de que o prazo para solicitar praza de Novo Ingreso o prazo será do 1 ó 26 de Xuño e as opcións serán presencialmente no mostrador de Información do Concello con cita previa ( tfn 986310100) ou vía telemática dende a páxina do Concello.

TEDES TODA A INFO NECESARIA e DOCUMENTOS NA PESTANA : "MATRICULA 20 21"


Comentarvos, dado que a previsión é que non se reinicien as clases ate Setembro, que a Avaliación final non recollerá o rendemento en sentido negativo deste terceiro trimestre e as probas de acceso de nivel (alumnado de LM5 e Instrumento 6) non terán lugar. En consonancia co decreto do Ministerio, ningún alumno ou alumna terá que repetir curso, si ben recomendaremos nalgúns casos a participación nas clases de reforzo ao alumnado que consideramos o precisa. Os boletíns de cualificación entregaranse vía email.
Comentarvos tamén que estamos a organizar as Audicións de fin de Curso, a celebrar do 8 ao 19 de Xuño, nas que participará todo o alumnado en vídeo chamada, con acceso  en aberto previa solicitude. Publicaremos o programa e daremos instrucións precisas sobre o funcionamento na vindeira semana. 

O inicio do  curso que ven está previsto para o 14 de Setembro. Queremos anticiparvos que na Escola adoptaranse todas as medidas decretadas polo Ministerio e/ou Consellería de Sanidade en canto á hixiene e prevención de riscos e, en todo caso, enfocamos dende xa unha serie de cambios organizativos para mentres perdure a situación extraordinaria. Así, todas as aulas grupais impartiranse na sala ( 78m2), utilizando vías de entrada e saída diferentes. As clases de iniciación musical veranse reducidas a unha única sesión semanal e os grupos grandes desdobraranse si así o establece o órgano competente. As clases colectivas de instrumento suspenderanse temporalmente e só se impartirán aulas individuais. Todo coa finalidade de respectar a distancia de seguridade e evitar aglomeracións, co  principio fundamental de coidar ás persoas.

luns, 16 de marzo de 2020



PLAN MUSICA NA CASA -  ACTIVIDADES TELEMÁTICAS PARA O ALUMNADO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA
A situación derivada do estado de alarma co peche dos centros de ensino motiva que a Escola Municipal de Música de Moaña propoña un plan de seguimento telemático da evolución musical de todo o alumnado. Coa finalidade de manter activa a súa formación nestes días de illamento, farémosvos unha serie de propostas, en todo caso non avaliables, que pretenden na medida do posible continuar coa normalidade mantendo viva a música na casa.

Descargade aqui a nota íntegra e o anexo cos emails de contacto:



 

xoves, 12 de marzo de 2020




En virtude do comunicado do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que avanzou o día 12 de Marzo na rolda de prensa do Consello, póñense en marcha novas actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do coronavirus, seguindo os consellos dos expertos na materia.

Deste xeito, no eido educativo, anunciou a suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada.

Neste senso, o Concello, facendo eco da recomendación ordeou o peche do centro dende a tarde de hoxe, polo que a Escola Municipal de Música de Moaña PERMANECERÁ PECHADA ATA NOVO AVISO.

Para calquera aclaración, por favor, contactade no tfn 986310558 ou no correo electrónico do centro escolammm@hotmail.com




CANCELADOS OS EVENTOS DA Escola Musica Municipal Moana ate novo aviso!

O Concello de Moaña decidiu onte Mércores 11 anular,como medida preventiva, os eventos e actos en espazos pechados nos que non se garanta unha separación mínima dun metro entre persoas.
Unha vez remitan as incidencias nos contaxios reorganizaranse para ofrecelos de novo!
Desculpade as molestias.

martes, 3 de marzo de 2020



O vindeiro Mércores 18 de Marzo, ás 18:30h no IES as Barxas, celebramos o Festival Benéfico da Escola de Música Municipal, en pro das persoas con recursos máis limitados de Moaña. Coa finalidade de recadar alimentos non perecedoiros e bens de consumo domésticoe superar os 425Kg recadados o pasado ano!

  É a séptima edición deste evento que cada inicio da primavera pretende acadar o maior número de kilos de alimento que, una vez rematado, xestionará por esta vez a organización Cáritas de San Martiño para facelo chegar ás persoas que habitualmente necesitan deste servizo altruista supervisado polos servizos sociais do Concello.

O prezo da Entrada é, cando menos, 1 Kg de comida non perecedoira, como conservas, leite, arroz, pasta, azucre, aceite, legumes, galletas ou similar ou tamén produtos de hixiene e limpeza do fogar para todo aquel que asista, independentemente da idade. 

A actividade ten como finalidade:
• Achegar por parte do Centro o grao de area no apartado de colaboración social.
• Fomentar no alumnado o hábito de cooperación e solidariedade
• Traballar co alumnado a capacidade loxística e organizativa na xestión de recursos deste tipo.


Actuarán a BANDA INFANTIL, OS COMBOS DA ESCOLA, A BANDA XUVENIL E A BIGBAND que teñen preparado un repertorio variado de temas tradicionais, populares, Bandas sonoras e pezas máis modernas para animar ao público presente e convidan a todas e todos a colaborar con esta causa, achegando a colaboura mesmo si non poden quedar ao evento.
NON FALTEDES!! e si non podedes asistir COLABORADE IGUALMENTE ENTREGANDO NO CENTRO OS DIAS PREVIOS OU NO MESMO DÍA DENDE AS 16:30h no IES AS BARXAS a vosa ACHEGA...!!! MOITAS GRAZAS!!






martes, 11 de febreiro de 2020


Agardámosvos a tod@s!! O vindeiro Xoves 27 de Febreiro a partires das 18h no CSC D. Castelao celebraremos a Festa do Entroido 2020 da Escola Municipal de Música!!!

Faremos baile discoteca, merendola e actuación das catro comparsas da escola e as dúas covidadas!

xoves, 23 de xaneiro de 2020


Os vindeiros 12 e 13 de Marzo, os alumnos e alumnas de infantil e primaria dos centros de Moaña presenciarán no CSC Daniel Castelao, un conto musicado e interpretado pola Escola de Música chamado "Wangari e as árbores da paz". Nel coñecerán a historia de esta muller africana, loitadora incansable na defensa das mulleres e o medio ambiente,
baseado no libro de Jeanette Winter, ed. Ekaré.  

martes, 3 de decembro de 2019

O VINDEIRO XOVES 5 ás 18:00h no Concello de Moaña, o alumnado da Escola Musica Municipal Moana participa cun Concerto no " Día do aceso das Luces do Nadal 2019" !!!
Participan nenos e nenas dende 6 anos, memobros e membras dos diferentes COROS da escola e de varias agrupacións instrumentais.

NON VOLO PERDADES!!!

martes, 29 de outubro de 2019


O VINDEIRO XOVES 21 DE NOVEMBRO a partires das 18:30h A Escola celebra este sinalado día con unha tarde gastronómica e musical!!

Contaremos con:

PROXECCION DE VIDEOS MUSICAIS CURIOSOS
CONCERTO A CARGO DO ALUMNADO
VIII CONCURSO DE DOCES E SALGADOS


ANIMÁMOSVOS ENCARECIDAMENTE A PARTICIPAR NO CONCURSO COMO UNHA MOTIVACIÓN EXTRA PARA FACER ALGO EN FAMILIA NESA SEMANA!! (AINDA QUE TAMÉN PODEREDES ASISTIR SIMPLEMENTE A ESCOITAR MÚSICA E DEGUSTAR E VALORAR AS CREACIÓNS CULINARIAS)

PODEREDES CONCURSAR NAS DÚAS CATEGORÍAS PERO UNICAMENTE CON UNHA CREACIÓN EN CADA UNHA DELAS.

O PRODUCTO TERÁ QUE TER UN FORMATO CÓMODO PARA COLLER COA MAN, COMO GALLETA, BISCOITO, PASTA DE TÉ OU NOS SALGADOS, MONTADITOS, CANAPÉS, TARTALETAS, VASIÑOS ETC… E DEBERÁN INCLUIR O SOPORTE PARA POUSAR DIRECTAMENTE NA MESA (PRATO, BANDEXA…)

HABERÁ DISPOSTO UN LUGAR PARA DEPOSITALOS Á CHEGADA, INDICANDO O CREADOR/A E O NOME DO PRODUCTO.
A DEGUSTACIÓN SERÁ AS 19:30h E A ENTREGA DE PREMIOS SOBRE AS 20h, PARA A CAL É IMPORTANTE AGARDEDES.

ADEMÁIS DISO, RECORDADE...!VIDEOS DIVERTIDOS E MÚSICA EN DIRECTO A CARGO DO ALUMNADO! NON FALTEDES!!

NOTA: AS CLASES SUSPENDERANSE A PARTIRES DAS 18:30h


luns, 30 de setembro de 2019



INSCRICIÓN A PARTIRES DO 1 de OUTUBRO ás 16h

ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón"  en colaboración coa  Escola Municipal de Música de Moaña  vos presentan  os:



“Obradoiros Musicais” edición 2019 -20


Esta serie de aulas e cursos comezan o Venres 4 de Outubro, están dirixidos  a nenos e maiores afeccionados  e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música  de xeito ameno, práctico e inmediato.

*Máis info na pestana "OBRADOIROS"

martes, 10 de setembro de 2019

Benvid@s ao curso 19-20! 

Recordade: mañan elección do horario da clase de instrumento!! 


Consultade os horarios das quendas  na pestana " MATRICULA 19-20"

mércores, 3 de xullo de 2019


QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES para aprender a tocar a trompa e o bombardino !!

A TROMPA É ESTA: https://www.youtube.com/watch?v=_HNZ7JlM76I

O BOMBARDINO É ESTE: https://www.youtube.com/watch?v=QUj6YKXT90Q


Para máis info: tfn 986310558 (mañáns) escolammm@hotmail.com

Ademáis de intrumento practicarías a Linguaxe Musical e participarías en agrupacións como Musicactiva ou Banda de Música
Non perdas a oportunidade de entrar na EmmM...!