XA ESTÁ EFECTUADA A PUBLICACIÓN DAS PRAZAS OFERTADAS PARA NOVOS INGRESOS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA para o Curso 2019-20 e AS BASES PARA O PROCEDEMENTO DO SEU SORTEO
Máis info na pestana "NOVO INGRESO 19-20"
martes, 25 de xuño de 2019
martes, 18 de xuño de 2019
luns, 17 de xuño de 2019
FESTIVAL FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MOAÑA. "XX ANIVERSARIO - VINTE ANOS AO RITMO DA MÚSICA"
PROPOSTA CULTURAL MOI DIVERSA COA PARTICIPACIÓN DAS DIFERENTES AGRUPACIÓNS DO CENTRO:
MUSICACTIVA
BANDA INFANTIL
BANDA XUVENIL
CORO
COMBO
BIGBAND
ACTUACIÓN DOS GRUPOS DE PEQUEDANCE, HIPHOP E DANCEMX DOS OBRADOIROS ORGANIZADOS POLA ANPA "DIAPASÓN"
E, COMO NON, CONTAREMOS TAMÉN COA PARTICIPACIÓN DE EX-ALUMNOS DA ESCOLA QUE NOS OFRECERÁN ALGÚN TEMA E SE INCORPORARÁN ÁS AGRUPACIÓNS ACTUAIS CONFORMANDO UNHA GRAN BANDA DE MÚSICA.
HABERÁ TAMÉN UNHA PEQUENA PROXECCIÓN CONMEMORATIVA DOS VINTE ANOS DESTA ETAPA DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL E POREMOS Á VENDA OS CD´s DO ALUMNADO ASÍ COMO REPARTIREMOS GRATUITAMENTE A REVISTA DA ESCOLA
GRAN MARATÓN MUSICAL PARA POÑER O PECHE A ESTE ANO TAN ESPECIAL!!
NON VOLO PERDADES!!
martes, 11 de xuño de 2019
O
VINDEIRO VENRES 14 de XUÑO, ás 18:30h no D. Castelao de Quintela,
Moaña, FESTIVAL FIN DE CURSO DOS NENOS E NENAS DE INICIACION MUSICAL DA Escola Musica Municipal Moana...!
PARTICIPARÁN OS e AS ALUMNOS/AS de 3 a 7 anos das aulas de Iniciación e os e as alumnos/as de 3 a 5 anos de Musicaventuras dos Obradoiros Musicais da ANPA Diapasón, que escenificarán un conto musicado preparado para a ocasión!!
ATENCIÓN PORQUE É SORPRESA!! non volo perdades!!
PARTICIPARÁN OS e AS ALUMNOS/AS de 3 a 7 anos das aulas de Iniciación e os e as alumnos/as de 3 a 5 anos de Musicaventuras dos Obradoiros Musicais da ANPA Diapasón, que escenificarán un conto musicado preparado para a ocasión!!
ATENCIÓN PORQUE É SORPRESA!! non volo perdades!!
PROGRAMA DE AUDICIÓNS FIN DE CURSO 2018-19
A partires do Martes 11 de Xuño poderemos escoitar ao alumnado da Escola Municipal de Música nos seus diferentes recitais, cun repertorio moi variado e preparado con moita ilusión para o disfrute! :
MARTES 11 PIANO peques ás 20:00h
Mércores 12 Alumnos/as 8º ás 20:00h
VENRES 14 SAXOFÓN ás 17:00
LUNS 17 TROMBON, BOMBARDINO e TUBA pequenos ás 17:00
LUNS 17 CLARINETE ás 20:00
MARTES 18 PIANO maiores ás 17:00
MARTES 18 Adultos/as ás 20:00
Mércores 19 TROMBON, BOMBARDINO e TUBA maiores ás 17:00
Xoves 20 FRAUTA ás 17:00
Xoves 20 Trompa/Trompeta ás 20:00
LUNS 17 TROMBON, BOMBARDINO e TUBA pequenos ás 17:00
LUNS 17 CLARINETE ás 20:00
MARTES 18 PIANO maiores ás 17:00
MARTES 18 Adultos/as ás 20:00
Mércores 19 TROMBON, BOMBARDINO e TUBA maiores ás 17:00
Xoves 20 FRAUTA ás 17:00
Xoves 20 Trompa/Trompeta ás 20:00
xoves, 30 de maio de 2019
venres, 15 de marzo de 2019
"PACO CAMALEÓN"
"PACO CAMALEÓN" CONTO MUSICADO PARA ESCOLARES
Grazas
ás sementes de baobab que a súa amiga xirafa lle regalou no zoo, Paco
pode viaxar, como por arte de maxia, a diversos lugares do mundo nos que
atoparase con outros
animais e outras músicas, cadansúa máis particular e propia do lugar.
Así, visitará Cuba, onde soará na rúa o "Oye como va" de Carlos Santana e
coñecerá a un papagaio moi faladeiro. Despois da conversa, Paco
animarase a crear unha nova mestura do seu tema
propio co estilo do lugar. Imaxinade a Sinfonía 94 de Haydn con base de
son cubano...
O pasado mércores 13 de xoves 14 de Marzo, a Escola Municipal de Música de Moaña ofreceu aos escolares
das
escolas públicas de Moaña un concerto infantil. Máis de mil escolares
dos 10 centros de Ensino público, incluída a Galiña azul, asistiron ás
sesións que o profesorado
da Escola preparou este curso. Os nenos, de 2 a 10 anos ian chegando e
agardando na porta a que os compañeiros da sesión anterior saíran e
deixaran espazo libre. Dentro, gran variedade de instrumentos e unha
proxección visual agardaban con entusiasmo.
A
proposta deste ano: "PACO O CAMALEÓN" partiu da idea de explorar algúns
dos diferentes estilos musicais que se poden escoitar por todo o mundo.
O conto, con guión orixinal de María González, comeza así:
"Paco
Camaleón naceu en Madagascar. Pertencía a unha familia de camaleóns
africanos emigrantes, que cruzaron o océano hai millóns de anos subidos
en polas de baobabs.
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
Coma a maioría dos camaleóns Paco tiña unha grande cualidade: a paciencia. E outra menos común: inventar cancións."
O
animaliño protagonista, sin saber como nin por qué, acaba no Zoo do
Bronx e decide, farto da monotonía, escapar coa axuda da súa amiga
xirafa rapeira. Unha vez fóra,
alí en Nova Iork, descubre o Rap e dando renda a súa creatividade proba
a mesturar a súa melodía identificativa, unha versión creada para a
ocasión do tema principal do 2º movem. da 94º Sinfonía de F. J. Haydn,
con este estilo rueiro. O resultado é sorprendente...
rap e música clásica!
Logo
desto visitará New Orleans... onde soará "Blue Monk" de Thelonius Monk
e, como non, unha nova mestura da súa melodía co jazz ó estilo
máis auténtico de Marching Brass Band. Visitará Viena, onde escoitará
unha versión da "Sinfonía dos xoguetes " de W.A. Mozart, é decir música
do Clasicismo. En Xamaica escoitará un reggae: " No woman, no cry" de
Bob Marley. En China unha "marcha popular",
en Kenia unha danza tradicional chamada "Miwoe Nenyo", en Berlín
unha "melodía tecno" de Gigi D´Agostino e en Londres o máis famoso dos
temas Rock : "We will rock you " de Queen
En
todos os lugares e cancións haberá, grazas á imaxinativa de Paco unha
nova versión da súa melodía de Haydn mesturada co estilo local....
Haydn en versión reggae, versión oriental, versión música disco,
versión rock e... xa no final da historia, como non podía ser menos e
aconsellado polo raposo londinense, Paco viaxa finalmente a Galicia onde
soará a "Muiñeira do molete" e onde se sentirá "como
en casa" e...quen sabe, onde quizais quede para sempre.
En
total 35 minutos repletos de música, 30 cancións incluindo todas as
veces que esa melodía que identificaba a Paco se entoaba cada vez que
coñecía a un novo animal e que os e as asistentes, o público infantil ó
que ía dirixida, coreaba con emoción, pois xa a sabían por traballala
previamente no seu colexio.
O
material, foi deseñado e enviado a todos os centros para que cada
profesor e profesora dedicase un tempo a escoitala e practicala cos seus
alumnos, pos así vivirían a experiencia de asistir a un concerto de
maneira máis interactiva. Na proposta deste ano, os profesores da escola
optaron por unha melodía clásica para dala a coñecer entre o público
máis novo e, especialmente, para demostrar que
a música , en certo modo non ten idade, é atemporal. A creatividade dun
compositor tan xenial como Haydn é compatible coa música tradicional
africana ou co estilo dun DJ do S.XXI
Esta
idea ven ademáis a demostrar que a linguaxe musical non ten límites: é
universal. Existe dende as orixes da humanidade e evoluciona co
paso do tempo de diferentes xeitos, pero que, ao contrario da linguaxe
falada, son todos comprensibles e compatibles.
Demostra
tamén que as posibilidades creativas desta son infinitas. Os nenos
sinten isto como algo natural, non forzado e poden adquirir dunha
maneira intuitiva todos os beneficios que a práctica musical lles
aporta, por exemplo cantando dende as butacas cos músicos do escenario.
Coa historia do noso amigo Paco son conscientes en maior ou menor grao
de que en cada un de nós está a capacidade para
crear.
Pero
a mensaxe vai máis alá. Esta historia nos fala de diversas culturas en
lugares moi afastados entre sí, das capacidades que cada cultura
ten para desenvolverse ao longo do tempo. A través da música, Paco
Camaleón nos ensina a respectalas e , por tanto, a respectar a
identidade allea, algo que hoxe máis que nunca debe formar parte dos
fundamentos da educación.
O equipo de profesores da Emmm.
xoves, 7 de febreiro de 2019
O VINDEIRO 7 DE MARZO A PARTIRES DAS 17:30h CELEBRAMOS A FESTA DO ENTROIDO NA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL...!!!
ÁS 17:30h FAREMOS UN BAILE DE DISFRACES E UN CONCURSO KARAOKE PARA O CAL DEBEREDES ANOTARVOS CON ANTELACIÓN, INDICANDO O ENLACE DO VÍDEO (KARAOKE) QUE IDES USAR PARA CANTAR. PODEDES PARTICIPAR INDIVIDUALMENTE OU EN PARELLA OU GRUPO. HABERÁ PREMIOS PARA OS FINALISTAS...!!
LOGO, AS 19:00h E ANTES DA ACTUACIÓN DAS COMPARSAS, ENTREGA DE PREMIOS E TAMÉN MERENDAREMOS XUNTOS CO QUE APORTEDES PARA COMPARTIR. ANIMÁDEVOS E COCIÑADE ALGÚN APERITIVO TÍPICO DAS FESTAS!!
A COMO REMATE, UN ANO MÁIS CONTAREMOS COA ACTUACIÓN DE DÚAS GRANDES COMPARSAS DO PANORAMA DA SÁTIRA MOAÑESA COMO SON "FOLLAS NOVAS" E "ANIMODO"
NON FALTEDES!!! ÍMOLO PASAR MOI BEN!!
mércores, 12 de decembro de 2018
luns, 3 de decembro de 2018
AUDICIÓNS de ALUMNOS E ALUMNAS DO CENTRO EN MARCHA! NON FALTEDES!
OS MÚSICOS SEN O PÚBLICO É O MESMO QUE O PUBLICO SEN OS MÚSICOS!!
COMEZAREMOS CO ALUMNADO DE FRAUTA o LUNS 17 as 20h na SALA DE AUDICIONS DA ESCOLA. O MARTES 18 ás 17h teremos @s SAXOFÓNS e ás 20h @s TROMBÓNS, BOMBARDINOS e TUBA
XA o MÉRCORES 19 actuarán @s PIANISTAS ás 17h e o XOVES 20 teremos un homenaxe a QUEEN "QUEEN TRIBUTE" a cargo dos alumn@s de TROMPA E TROMPETA as 17h e o alumnado de CLARINETE ás 20h
ESE MESMO DÍA ás 17:30h no CSC. D. CASTELAO sairán a escena os e as peques de INICIACIÓN MUSICAL
E O VENRES 21 PECHAREMOS A SEMANA DE EVENTOS CO GRAN "FESTIVAL DE NADAL 2018" ás 18:00h NO IES AS BARXAS de MOAÑA.
OS MÚSICOS SEN O PÚBLICO É O MESMO QUE O PUBLICO SEN OS MÚSICOS!!
martes, 13 de novembro de 2018
O VINDEIRO MÉRCORES 21 DE NOVEMBRO CELEBRAREMOS O CONCERTO STA. CECILIA 2018 . SERÁ A PARTIRES DAS 18:30h NA Escola Musica Municipal Moana, CON PROXECCIÓN DE VIDEOS MUSICAIS CURIOSOS, CONCERTO A CARGO DE ALUMNOS/AS DO CENTRO E O XA RECOÑECIDO CONCURSO DE DOCES.
ESTE ANO PARA AMPLIAR O GUSTO APARECE A CATEGORÍA "SALGADOS". PREPARA
OS TEUS CANAPÉS, PINCHITOS E VIANDAS VARIAS PARA CONCURSAR E OPTAR A UN
DOS PREMIOS. O TEU TALENTO CULINARIO ESTÁ CHAMADO A TRIUNFAR!! NON VOLO
PERDADES...!
martes, 25 de setembro de 2018
OS OBRADOIROS
2018-19 XA ESTAN EN MARCHA!!
ÁBRESE O PRAZO A PARTIRES DO MARTES 25 DE SETEMBRO ÁS 17H NA ESCOLA
MUNICIPAL DE MÚSICA PARA TODOS AQUELES E AQUELAS QUE SE ANOTAN POR
PRIMEIRA VEZ OU NON RESERVARON A PRAZA
DESPOIS DE CURSAR NO 17-18.
PARA TODAS AS IDADES, DE 0
A 99 ANOS. BATERIA, GUITARRA, MUSICA BEBÉS, BAILE HIPHOP, PEQUEDANCE E
DANCEMIX, MÚSICAVENTURAS E MUSICOTERAPIA.
INFÓRMATE SOBRE AS PRAZAS
AÍNDA DISPOÑIBLES!
MOITAS GRAZAS Á ANPA "DIAPASÓN" DENDE O CENTRO POLO TITÁNICO E
DESINTERESADO ESFORZO VERTIDO NA ORGANIZACION DESTA PROPOSTA EDUCATIVA.
UN HURRA POR ELES E ELAS!
MAIS INFO na pestana "OBRADOIROS"
venres, 7 de setembro de 2018
martes, 10 de xullo de 2018
PRAZAS NOVO INGRESO
XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DEFINITIVO DO SORTEO EFECTUADO O 5 DE XULLO E QUE ADXUDICA AS PRAZAS DE NOVO ACCESO Á ESCOLA.
CONSULTADE NA PESTANA:
"NOVO INGRESO 18 19"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








