venres, 17 de novembro de 2017
martes, 31 de outubro de 2017
domingo, 8 de outubro de 2017
CURSO IGEME 17-18
Curso de formación certificada impartido polo Instituto IGEME NA ESCOLA MINICIPAL DE MUSICA:
"PROFESOR/a EN EDUCACION MUSICAL TEMPERÁ - XOGANDO COA MÚSICA: BEBÉS” Nenos de 0 a 3 anos
CONTIDO
Curso teórico-práctico de 56 horas de duración dirixido a todas a persoas interesadas no ensino da música na primeira infancia.
A través deste programa formativo os participantes adquirirán as ferramentas necesarias para desenvolver un programa de educación musical temperá en calquera ámbito educativo: escolas de música que queiran empezar con esta etapa, recursos de aula en infantil e gardería, musicoterapeutas ou persoas interesadas en desenvolver o seu propio programa en centros cívicos ou salas de cultura de Concellos ou privados.
INSCRICIONS E INFO CONTIDOS
https://igeme.es/curso/curso-2017-18/
644415452
915 535 502 (Natalia Fisac)
MAIS INFO NA PESTANA "CURSO IGEME" OU NO CENTRO
ANIMATE E INFORMATE!
xoves, 28 de setembro de 2017
A PARTIRES DO 3 de OUTUBRO
ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón" en colaboración coa Escola Municipal de Música de Moaña vos presentan os:
ANPA de alumnos e alumnas "Diapasón" en colaboración coa Escola Municipal de Música de Moaña vos presentan os:
“Obradoiros Musicais” edición 2017-18
Esta serie de aulas e cursos comezan o 5 de Outubro, están dirixidos a nenos e maiores afeccionados e pensados para cubrir tódalas idades e acercar ós interesados ó mundo da Música de xeito ameno, práctico e inmediato.
Os cursos están co-financiados polo Concello . Para apuntarse e preciso entregar a partires do 3 de OUTUBRO en horario de tarde (17:00 a 20:00h), o boletín de incripción debidamente cuberto na Escola sita en San Martiño, Moaña, sinalando o(s) curso(s) no que están interesados. Haberá prioridade para o alumnado empadroado en Moaña
MAIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS"
xoves, 7 de setembro de 2017
ACCESO A DESCONTOS TIPO B, C OU D
XA
ESTÁ PUBLICADA A RESOLUCIÓN SOBRE A BAREMACIÓN DO ACCESO A
DESCONTOS TIPO B, C OU D SEGUNDO A ORDENANZA REGULADORA DO PREZO DO SERVIZO. MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA"
mércores, 6 de setembro de 2017
venres, 7 de xullo de 2017
SORTEO NOVO INGRESO. RESULTADO
XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ADXUDICA AS PRAZAS DE NOVO INGRESO NA ESCOLA. SORTEO PUBLICO REALIZADO O 6/07/2017.
PODEDES CONSULTALO NA PESTANA "NOVO INGRESO 17 18"
Os/as
interesados/as que obteñen
praza son os/as que aparecen co nome completo . Os que constan como reserva pasarán a formar parte da lista de
agarda que estará vixente ate marzo do 2018. Os representantes ausentes
no sorteo manteñen o lugar adxudicado pero, por ausencia no mesmo, non
obteñen praza. No caso de dúbida poñédevos en contacto co centro.
mércores, 5 de xullo de 2017
SORTEO DAS PRAZAS 17-18
XA ESTA PUBLICADA A OFERTA DEFINITIVA DAS PRAZAS PARA NOVO INGRESO DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017/18 E AS BASES QUE REGULAN O FUNCIONAMENTO DO SORTEO DO DIA 6/07/17.
Recordamos o horario do sorteo. É necesaria presenza no momento da realización deste dun representante por alumno/a (salvo 1º grao consanguinidade)
Ás 17:00h interesados/as nados no 2014
Ás 17:30h interesados/as nados no 2013
Ás 18:00h interesados/as nados no 2012
Ás 18:30h interesados/as nados no 2011
Ás 19:00h interesados/as nados no 2010
Ás 19:30h interesados/as nados ente o 2009 e 2001
Máis info na pestana "NOVO INGRESO 17/18"
mércores, 28 de xuño de 2017
Só QUEDAN 2 DIAS PARA SOLICITAR PRAZA na Escola Musica Municipal Moana . A Inscrición pode facerse no Concello en horario de mañan!
O prazo remata o venres 30 de Xuño ás 13:00h. Podes solicitar praza
para iniciación musical (nados entre o 2014 e 2010) ou formación en
instrumento (nados no 2009 ou anteriores). Tamén tedes a opción de
conseguir praza incribíndote para materias soltas ( agrupacións diversas
como CORO, MUSICACTIVA, BANDA XUVENIL, COMBO , BIG BAND...)
Para anotarte
só tes que cubrir a instancia incorporando os teus datos. Non é
necesario que acuda o teu pai ou nai, poden ser os avós ou un amigo/a.
As prazas adxudicaranse por sorteo!
Máis infona pestana "NOVO INGRESO 17-18"
martes, 27 de xuño de 2017
PRAZO FORMALIZACION MATRICULA CURSO 17 18
XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO CURSO 17-18. PARA ALUMNOS/AS XA MATRICULADOS CON ANTERIORIDADE.
PRAZO
DO 26 Ó 30 DE XUÑO
DOCUMENTACIÓN
FORMULARIO MATRÍCULA
2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉ
SOLICITUDE DESCONTO TIPO A (de ser o caso)
MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA 17 18"
XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO SORTEO QUE ESTABLECE A ORDE PARA A ESCOLLA DO HORARIO DA CLASE DE INSTRUMENTO PREVISTO PARA O DÍA 12 DE SETEMBRO. COMPRE REVISAR A PROPOSTA DE CLASES COMPARTIDAS E O FUNCIONAMENTO DA ESCOLLA NO CENTRO.
MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA 17 18"
luns, 12 de xuño de 2017
CICLO DE AUDICIONS E FESTIVAIS
COMEZAMOS CICLO DE "AUDICIONS FIN DE CURSO"!! ESTADES TOD@S CONVIDAD@S A PRESENCIAR AS ACTUACIONS DOS ALUMN@S DE FORMACION INSTRUMENTAL E INICIACION MUSICAL. OS 183 APRENDICES PASARÁN POLO ESCENARIO PARA ACTUAR USANDO AS SÚAS HABILIDADES!!
NON FALTEDES!
mércores, 31 de maio de 2017
mércores, 24 de maio de 2017
OS VINDEIROS 6 e 7 de Xuño, a Escola Municipal de Música presenta:
"CIRCUS MÚSICUS"
Un espectáculo dirixido a nen@s de Infantil e Primaria de Moaña.
A máis divertida e extravagante montaxe musical a cargo d@s profesor@s
da Escola na que os asistentes participarán activamente!
( A asistencia será cordinada entro a Escola e os diferentes centros de ensino do municipio.)
( A asistencia será cordinada entro a Escola e os diferentes centros de ensino do municipio.)
mércores, 10 de maio de 2017
CONCERTO LETRAS GALEGAS 2017
Escoitaremos temas populares e tradicionais a cargo das dúas agrupacións e, como ven sendo habitual, tamén algunha interpretación conxunta das melodías máis coñecidas do noso contorno.
Participa do evento e colabora traendo algo para merendar todos xuntos (doce ou salgado) despois da música! As bebidas as aporta a ANPA DIAPASON da Emmm.
Nota: no caso de choiva (confirmarase neste medio 2h antes) trasladaremos o evento ao IES AS BARXAS
mércores, 19 de abril de 2017
CARBALLIÑO 2017
O vindeiro 5 de Maio partimos rumbo a Carballiño co novo ENCONTRO MUSICAL 2017!
Iremos colgando info relevante, pero polo de agora insertamos o enlace de google maps para ubicarvos mellor:
UBICACION RESIDENCIA CARBALLIÑO
Localización:
Carballino, Ourense, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












