luns, 23 de xaneiro de 2017

mércores, 7 de decembro de 2016


CONCERTO-FESTIVAL de NADAL da EMMM.
Actúan varias das agrupacións do Centro: CORO INFANTIL E XUVENIL; BANDA INFANTIL; BIG BAND; GRUPO DE CAMARA e BANDA XUVENIL
 
O Mércores 21 de Decembro ás 18:30h - Entrada de Balde ate completar aforo. NON FALTEDES...!


venres, 2 de decembro de 2016

CURSO "A CLASE DE MUSICA DE 0 a 6 ANOS"


OS VINDEIROS 4 e 5 de FEBREIRO de 2017 ORGANIZAMOS O CURSO " LA CLASE DE MUSICA DE 0 a 6 ANOS" impartido por Marisa Pérez Directora do Instituto IGEME de Madrid

Dirixido a profesor@s de educación infantíl, profesor@s de escolas de música e musicoterapeutas ten unha duración de 10h e tratará a musicalidade, repertorio axeitado, actividades propias da idade e fundamentos teóricos da Musica learning theory de Edwing Gordon.

MAIS INFO NA PESTANA "CURSO IGEME"

luns, 28 de novembro de 2016

AUDICIONS NADAL 16


XA ESTAN EN MARCHA AS AUDICIONS DO 1º TRIM na escola de música municipal...!
Toma nota da oferta e achégate a escoitar a est@s nov@s artistas...!
Ademais, o martes 20, os máis cativos actuarán ás 17:30 no CSC D. Castelao e o mércores 21 ás 18:30h no IES AS BARXAS pecharemos ano co gran FESTIVAL DO NADAL . NON FALTEDES!

venres, 18 de novembro de 2016



O VINDEIRO MARTES 22 DE NOVEMBRO, AS 18:30 CELEBRAMOS O DIA DE STA CECILIA CUN FESTIVAL VARIADO E ENTRETIDO, QUE INCLÚE COMO XA É UN CLASICO, O "CONCURSO DE DOCES STA CECILIA 2016"
TRAE O TEU DOCE FEITO NA CASA PREFERIDO E CONCURSA EN ALGUNHA DAS DÚAS MODALIDADES "A-galletas" OU "B-biscoitos"

ANTES VEREMOS UNHA PROXECCIÓN DE VIDEOS SIMPÁTICOS MUSICAIS E PRESENCIAREMOS O CONCERTO DE ALUMN@S

AS CLASES MODIFICANSE DO SEGUINTE XEITO:
LM2 - 17:00h-17:45H
LM3- 17:45h-18:30H
BIN - ANULADA
AS CLASES A PARTIRES DAS 18:30h - ANULADAS

NON FALTEDES...!

mércores, 26 de outubro de 2016

FESTA DO MAGOSTO 16



O VINDEIRO Xoves 10 de Novembro ven á festa do Magosto da Escola Musica Municipal Moana ....! Haberá xogos e competicións con premios, música e unha merenda con castañas asadas. Colabora e trae unhas poucas para asar na nosa fogata! A partires das 17:00h.
Ás 20h no salón de Actos da Reitoral, actuarán alumn@s da EMMM na Exposición do traballo do Historiador local Manuel Uxio Garcia "ARTE E CULTURA NAS FESTAS DE SAN MARTIÑO"

NON FALTES!

luns, 26 de setembro de 2016

OBRADOIROS MUSICAIS 16-17


XA ESTAN EN MARCHA OS OBRADOIROS MUSICAIS DA EMMM EDICIÓN 2016-17...!

ORGANIZADOS POLA ANPA DIAPASÓN OFRECEN ESTA PROPOSTA PARA COÑECER O MUNDO DA MÚSICA DE XEITO PRÁCTICO, INMEDIATO E DIVERTIDO...!  (MÁIS INFO NA PESTANA "OBRADOIROS")


luns, 19 de setembro de 2016



HOXE LUNS 19,  AS 19:30H REUNIÓN CONVOCADA POLA Anpa Diapason. A ANPA CONVOCA A TOD@S @S USUARI@S DO CENTRO PARA TRATAR OS TEMAS RECOLLIDOS NA CONVOCATORIA.PARA UN MELLOR FUNCIONAMENTO DO CURSO ESCOLAR, PRÉGASE MÁXIMA ASISTENCIA.

mércores, 14 de setembro de 2016

PAGO MATRICULA E COTAS TRIMESTRAIS



TAL E COMO ESTA ESTABLECIDO NO CALENDARIO PARA A FORMALIZACIÓN DA MATRICULA, O PRAZO PARA REALIZAR O PAGO   E PRESENTAR XUSTIFICANTE DO PAGO É DO 5 Ó 15 DE SETEMBRO.


IGUALMENTE PARA CUMPLIMENTAR O FORMULARIO PARA O PAGO DAS COTAS TRIMESTRAIS XESTIONADAS POLA ORAL O PRAZO É DO 5 Ó 15 DE SETEMBRO.


O FORMULARIO ESTÁ DISPOÑIBLE NA PESTANA "MATRICULA" . REVISADE A INFORMACIÓN NESTA NOTA:

martes, 13 de setembro de 2016

luns, 5 de setembro de 2016

XA ESTÁ PUBLICADO O RESULTADO DO BAREMO DAS SOLICITUDES DE DESCONTO POR  INGRESOS FAMILIARES. ( DESCONTO TIPO B, C OU D DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO) 
A IDENTIFICACIÓN DO USUARIO/A É SEGUNDO  UN CÓDIGO ANÓNIMO QUE FOI SUMINISTRADO NA PRE-MATRÍCULA. MÁIS INFO NA PESTANA "MATRÍCULA 16 17"

sábado, 9 de xullo de 2016

RESULTADO SORTEO DAS PRAZAS DE NOVO INGRESO


XA está publicado o resultado do sorteo efectuado o día 08/07/16 que adxudica as prazas ofertadas para novo acceso á Escola Municipal de Música.

Visitade a pestana "NOVO INGRESO 16-17"

xoves, 7 de xullo de 2016

PRAZAS DE NOVO ACCESO

XA ESTAN PUBLICADAS AS PRAZAS DE NOVO INGRESO NA ESCOLA DE MÚSICA:

SON UN TOTAL DE 16 PRAZAS PARA INICIACIÓN MUSICAL DE 3 A 7 ANOS, 7 PRAZAS PARA FORMACIÓN INSTRUMENTAL E 14 PRAZAS PARA FORMACIÓN EN MATERIAS SOLTAS (AGRUPACIÓNS)

O SORTEO REALIZARASE O VENRES 8 A PARTIRES DAS 18H CO SEGUINTE HORARIO:


18:00h   NADOS NO 2013 E 2012
18:30H NADOS NO 2011
19:00h  NADOS NO 2010 E 2009
19:30h  NADOS ENTRE O 2008 E O 2000


PARA OS SOLICITANTES DAS MATERIAS SOLTAS NON SERÁ NECESARIO REALIZAR SORTEO PERO SÍ CONFIRMAR POR ESCRITO A ACEPTACIÓN DA PRAZA NO PRAZO DE 2 DÍAS A PARTIRES DO SORTEO.

MÁIS INFO NA PESTANA NOVO INGRESO 16-17

luns, 27 de xuño de 2016

SOLICITUDE PRAZA NOVO ACCESO


ULTIMOS DIAS PARA ANOTARSE NO CONCELLO...!

Está aberto ate o 30 de Xuño o prazo para que todos os interesados en acceder ao Centro por primeira vez soliciten praza . O lugar é no Concello en horario de mañán, indicando o tipo de formación á que desexan optar.
Os nados entre o 2013 e 2009 poderán cursar Iniciación Musical
Os nados entre o 2008 e o 2000 poderán cursar Formación Instrumental coa formación complementaria incluida
Os nados entre o 2008 e o 2000 poden solicitar tamén formación en agrupacións, algunhas das cales exisen experiencia demostrable de 3 anos.
Para o alumnado adulto este curso só se abrirán prazas nesta última modalidade, sempre para solicitantes con experiencia de 3 anos
Unha vez recollidas as solicitudes efectuarase un sorteo público e de obrigada presenza para o solicitante o día 8 de Xullo a partires das 18:00h
Pódese consultar a info na propia Escola, no Concello ou na pestana Novo Ingreso deste blog.

xoves, 16 de xuño de 2016

FESTIVAL OBRADOIROS ANPA-ESCOLA

FESTIVAL OBRADOIROS MUSICAIS 2016.

O VINDEIRO MERCORES 22 ás 18:00h actuarán @s alumn@s de GUITARRA e BATERIA dos obradoiros organizados pola Anpa Diapason en colaboración coa Escola Musica Municipal Moana

E ás 19:30h o farán @s alumn@s de GRUPOP dos Obradoiros e os 4 COMBOS da EMMM

NON FALTEDES...!