mércores, 15 de xuño de 2016

FESTIVAL DIA INTERNACIONAL DA MUSICA






A Escola Musica Municipal Moana convídate ao FESTIVAL de FIN DE CURSO, DIA INTERNACIONAL DA MUSICA. @s Alumn@s das diferentes agrupacións actuarán no PALCO DA MUSICA de MOAÑA  dende as 18:30 con 3 h de música e cun repertorio moi animado. BANDA INFANTIL, BANDA XUVENIL, COMBOS e O CORO. Ademáis actuarán os grupos de Baile HIPHOP, PEQUEDANCE e DANCEMIX dos OBRADOIROS MUSICAIS xestionados pola Anpa Diapason

E ao remate, sobre as 21h faremos un flashmob co tema "Sky full of stars" de Coldplay. Será xusto despois da actuación do COMBO + CORO , no espazo aberto diante do palco da música da alameda, en Moaña

ANIMATE E PARTICIPA...! NON HAI LIMITE DE IDADE...!
PODES PREPARAR O BAILE COS TUTORIAIS feitos por Diana Fernandez de RITMO CB e que estan colgados no blog da escola e en youtube ( son 6 videos: PARTE 1 con explicación, PARTE 1 con musica e a PARTE 2 e 3 igual):
https://youtu.be/L6cvqhCIg20
https://www.youtube.com/watch?v=HoS4bNveAko
https://youtu.be/UspgRIGRXQQ
https://youtu.be/-ftAlDTsuo4
https://youtu.be/QhZB91yr7g8
https://youtu.be/B5CzPoBZxVA






luns, 6 de xuño de 2016

MATRICULA curso 2016-17

XA ESTÁN DISPOÑIBLES NA RECEPCIÓN DA ESCOLA OS PAPEIS PARA FORMALIZAR A RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DO CENTRO.


O PRAZO PARA RECOLLELA É DO 6 AO 17 DE XUÑO

O PRAZO PARA ENTREGAR E FACER A PRE-MATRÍCULA DO 27 AO 30 DE XUÑO

NA PESTANA "MATRICULA 16-17"  ESTÁ TODA A INFO

AUDICIONS 3º TRIM


xoves, 2 de xuño de 2016

No bico un cantar - Cangas 3 XUÑO



@S NEN@S da EMMM  participan na convivencia do Venres 3 NO BICO UN CANTAR. Actuarán xunto con 500 nen@s de outros centros ás 17:30h no adro da Igrexa de Santiago de Cangas.
VIDE ESCOITALOS E VELOS...!

xoves, 26 de maio de 2016



A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA PRESENTA:
   
"AS FABAS MÁXICAS" 

                                                                           UN CONTO MUSICAL para nen@s de 3 a 7 anos dos EEI e CEIP de MOAÑA ...! Será o 1 e 2 de Xuño en asistencia organizada pola Escola Musica Municipal Moana cos centros de ensino.

xoves, 19 de maio de 2016

REUNION INFORMATIVA


IMPORTANTE: Cambio da convocatoria para a reunión prevista sobre a modificación da Ordenanza de prezos da Emmm.

NOVA CONVOCATORIA: 

Sábado 21 de Maio ás 12:00h na Escola Musica Municipal Moana. Prégase máxima asistencia. Difundide a publicación por favor. Moitas grazas.

LETRAS GALEGAS 2016. FOTOS








luns, 9 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016


O VINDEIRO MERCORES 18 de MAio ás 19:30h CONCERTO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2016           NA CARBALLEIRA DA REITORAL DE SAN MARTIÑO.
 
ACTÚAN A BANDA XUVENIL DA EMMM E A BANDA DE GAITAS "GAITEIROS DE MOAÑA" DA ESCOLA DA MÚSICA TRADICIONAL

ADEMÁIS ESTÁ PREVISTA A PRESENTACIÓN, POR PARTE DA A.C. NÓS DO CADERNO E DO AUDIOVISUAL "MANUEL MARÍA"

AS NAIS E OS PAIS DAS DÚAS ESCOLAS MUNICIPAIS, COA COLABORACIÓN DA CONCELLARÍA DE CULTURA E A ANPA DIAPASÓN ORGANIZAN UNS APERITIVOS DESPOIS DO CONCERTO.

AGARDÁMOSVOS A TOD@S...!

luns, 25 de abril de 2016


HIPHoP 1 e HIPHoP 2 dos "Obradoiros Musicais da Escola Municipal de Música" estarán no "VigoPorté2016".
SORTE e MOITA ENERXIA...!

luns, 18 de abril de 2016








GRANDES MOMENTOS ENTRE OS MUSICOS DA EMMM... A " Convivencia Musical Tui 16" da Escola Musica Municipal Moana chegou ó seu fin ... Fin de semana divertida, intensa e produtiva, con moitas emocións, novas amizades e moitas cousas aprendidas. Grazas às nais e pais pola confianza. VIVA A NOSA XUVENTUDE....!

Visitade a pestana FOTOS e botade un ollo ;)


venres, 15 de abril de 2016

CONCENTRACION MUSICAL TUI 16



ESTA FIDE NOS VAMOS A TUI DE CONCENTRACION MUSICAL...!

ENSAIOS, XOGOS, ACTIVIDADES, VISITA TURISTICA, CONVIVENCIA e MOITA DIVERSION...!

E O DOMINGO ÁS 17:30h  CONCERTO CLAUSURA PARA TOD@S AQUELES/AS QUE QUEIRADES ACHEGARVOS A ESCOITAR O RESULTADO DO TRABALLO

LUGAR: Albergue Maristas Tui (Camño Leirós, 29)

NON FALTEDES...!




martes, 29 de marzo de 2016

mércores, 16 de marzo de 2016

FESTIVAL INICIACION e MUSICAVENTURAS


 
 
 
 
 
 
 
 
 
¡ ... MAÑAN XOVES 17 no DANIEL CASTELAO...!

ás 17:00h MUSICAVENTURAS
ás 18:30h INICIACION MUSICAL

FESTIVAIS DOS MAIS CATIVOS DA Escola Musica Municipal Moana... !

En total serán 6 grupos de pequenos talentos que sacarán ao escenario as súas habilidades, parte innatas, parte adquiridas para facer o deleite dos presentes, sexan familiares ou non.

TOTALMENTE RECOMENDABLE...!

Entrada de balde ate completar aforo.

luns, 7 de marzo de 2016



A Escola Municipal de Música, ten o pracer de convidarte ao "Concerto benéfico 2016" a favor da "Asociación Cáritas Sta. Baia de Meira".
Será o Venres 11 ás 19h no IES AS BARXAS.
ACTUAN:
CORO DA EMMM
BANDA INFANTIL
BANDA XUVENIL
O prezo da entrada é de 1KG de alimento non perecedoiro.
Achégate e colabora...!